Nome………………………………………………………………………………



Nome………………………………………………………………………………..

1. Define sistema operativo e indica tres funcións básicas ou servicios que pode ofrecer un sistema operativo explicando en que consiste cada unha

2. Indica unha forma de acceder ao administrador de tarefas de Windows. Coa información que aparece na figura, relativa ao administrador de tarefas, ¿a que conclusións poderías chegar en canto ao número de procesos en execución?. Xustifica a resposta. Indica dúas causas de mal funcionamento polo que o uso de CPU pase de ser normal a ser elevado

3. Un PC no que se instalaron distintas utilidades deixa de funcionar correctamente e o sistema vólvese inestable, indica o que farías e como farías para resolver por ti mesmo este problema

4. Indica para que se usa cada un dos seguintes comandos: cmd, cls, dir, tree, exit, cd, md, del, rd , copy, rename

5. Observa esta imaxe (é o que se obtén despois de teclear o comando tree), que afirmacións son correctas e cales non xustificando as respostas: a) nadal, malware, nadal2 e secreto son nomes de arquivos que están no directorio post b) só nadal2 é un arquivo, c) nadal2 é un directorio que esta dentro do directorio malware e malware á súa vez está dentro do directorio post

[pic]

6. Tendo en conta a extensión dos arquivos dos seguintes arquivos di cales serían imaxes e cales serían programas executables linux.exe.jpg, linux.jpg.exe, proba.cmd.gif, proba.gif.cmd. O sistema operativo Windows permite ocultar as extensións dos arquivos, normalmente por defecto os nomes dos arquivos aparecen sen a extensión ¿Que procedemento segues para poder ver as extensións?

7. Concepto de rede. Diferencia entre redes LAN e WAN.

8. Unha empresa quere montar 10 ordenadores en rede e ademais esa rede ten saída a Internet, indica que dispositivos necesita para montar a rede, fai un debuxo da rede. Utilizaría direccións IP públicas ou privadas, que clase de direccións IP utilizaría (A, B ou C) e cal sería a máscara de sub rede

9. Desconfiamos de que no noso ordenador haxa programas espía servidores que están mandando información a un ordenador remoto das nosas contrasinais, ademais nosoutros accedemos á banca electrónica e desconfiamos de que nos rouben os datos bancarios ¿Que comandos utilizarías para ver as conexións que ten abertas o ordenador? A) ipconfig /all, b)ping, c)netstat –a. Xustifica a resposta. Concepto de porto

10. Diferencias entre o protocolo TCP e o protocolo IP. Escribe en un folio todo o que saibas sobre INTERNET

................
................

In order to avoid copyright disputes, this page is only a partial summary.

Google Online Preview   Download