N4



N4.DESENVOLVEMENTO DA COMUNICACIÓN

N4.I1.A LINGUAXE VERBAL.

N4.I1.Ie2.: A FALA (parte II)

Esta programación é a segunda parte da que xa vistes da fala, polo tanto os primeiros puntos: Descrición, Obxectivos, Xustificación, Contidos, Recursos son comúns ás dúas e non os vamos a repetir.

5. SITUACIÓN CENTRAL DE APRENDIZAXE:

Para seguir reflexionando sobre o tema da fala propoñemos este cadro para tomar consideración do que se debe facer e do que non:

|Debemos facer |Non debemos facer |

|·Falar cos nenos/as con claridade segundo o nivel de entendemento|·Falarlles cunha linguaxe infantil. |

|de cada un. |·Abusar dos diminutivos. |

|·Reforzar o aprendido. |·Utilizar as súas incorreccións para falar con eles. |

|·Responder a as súas preguntas dun xeito sinxelo. |·Corrixilos co “así non se di” |

|·Saber escoitar. |·Utilizar excesivamente as frases imperativas. |

|·Comunicarlles cariño e afecto con palabras e accións. |·Abusar da palabra non. |

|·Admitir cando nos equivocamos. | |

|·Ofrecerlle mensaxes: creo e confío en ti, sei que podes, | |

|escóitote, é importante para min. | |

|·Incluír ós nenos/as nas conversas familiares apropiadas. | |

|·Compartir cos fillos/as o que sabemos e cremos. | |

|·Animalos a que se expresen. | |

|·Repetir ben a palabra que diga mal, con naturalidade. | |

6. RECANTO DO CONTO:

Conto:

”O coelliño branco”:

Facendo fincapé na importancia do silencio para unha boa escoita e dos sons que despois repetiran mamás ou papás e nenos.

Para o desenvolvemento de:

Atención, linguaxe, memoria, vocabulario, expresión, ..

OBRADOIROS:

• Exercicios de imitación de animais (coello, boi, formiga, galo, cabra,...). O neno/a imitará sons e ruídos que os adultos lle suxiren. A imitación non ten que ser perfecta, só aproximarse ó que nós pronunciamos.

Para o desenvolvemento de:

Discriminación de sons, descubrir novos sons, aprender a escoitar, a memoria,...

• Nesta actividade presentaremos ó neno/a un globo desinchado e irémolo inchando pedíndolle ó neno/a que nos axude. Vamos inchando a diferentes ritmos, primeiro lentamente, despois con sopridos fortes... cando teñamos varios globos inchados, explicámoslle que cando sone o chifre (ou calquera son que se nos ocorra) teremos que tocar os globos coa parte do corpo que nós digamos (cabeza, man, pe,...) Ó final da actividade podemos estoupar algúns globos (grandes e pequenos) e pedirlle que imite o son da explosión.

• Facer burbullas en cuncos. Nun cunco de plástico botamos un pouco de auga e xabón e collemos palliñas. Comezaremos soprando moi suave para facer poucas burbullas e despois sopraremos forte para que o xabón suba moito. Para saber se o neno/a ten adquirido o control do sopro suave e forte.

PARA OS MAIORES:

SESIÓN 1: “CONTO DE TINO”

Contamos o conto de “Tino”. “Érase unha noite moi silenciosa (facer o son do silencio ssssssss). De súpeto, óese Rin Rin, Qué será? (Resposta libre do neno/a). Tino espértase, polas súas orellas oe a voz do papá (Voz grave):

-¡Tino, levántate que temos que ir ó colexio!- Tino abre os ollos, e ó ve-la luz do sol deslúmbrase, preme os ollos e ábreos ata que se acostuma (xesto). Comeza a estirarse (coller aire polo nariz e soltalo pola boca facendo aaaaaa). Vístese e aséase rapidamente para ir come-lo almorzo. Tino toca a cunca e di ¡uf, uf que queima!, Qué podería facer Tino para non queimarse? (inducir ó sopro). Ó saír da casa había unha caixa, mirou e dixo: ¡Oooo! (ollos de asombro) Qué veu Tino dentro da caixa? (resposta do neno/a). Era un fermoso gatiño branco que alguén deixara abandonado. Meaba moito porque tiña fame. Como meaba?. Tino puxo un pouco de leite nun prato e o gatiño rapidamente púxose a beber (xesto de beber dun gato). Ó saír do colexio Tino buscou ó seu gatiño, non o encontraba e púxose triste (xesto). De súpeto óese, miau, miau... era o gatiño que subira a unha árbore e tiña medo de baixar. Tino tívolle que axudar, estirando moito o pescozo para velo. Chamou á súa mamá para que o axudara e cando baixou o gato abrazáronse e foron durmir. (Conto extraído de “Prevención das dislalias”. Ed. Marfil).

SESIÓN 2: “CONTO O CAMELO FAVORITO”.

Inventamos un conto que sería algo así:

Un día, estaban os Reis Magos, preparando ós seus camelos para cargar tódolos xoguetes que pediran os nenos/as, os Reis estaban moi ledos (bennnnnn, bennnnn) pero decatáronse que o camelo do Rei Baltasar esta moi triste (cara triste) e preguntáronlle:

-Qué che pasa?

-E que estou moi canso (sacamos a lingua) porque son moi velliño e xa non teño forzas.

-Oooo!-dixeron os Reis- Canto o sentimos camelo e acercáronse a aloumiñalo e a darlle moitos biquiños pequeniños (xesto do bico) e Baltasar deulle un bico moi grande (xesticular) porque queríao moito (xesto do abrazo).

-Pois teremos que buscar a outro camelo, dixo Melchor.

Saíron buscar outro camelo, pero na estrada ía moito vento (sopramos), así que cando levaban un pouquiño andando refuxiáronse nunha coviña pequena. Alí oíron uns ruídos estraños (onomatopeias).

De súpeto, saíu un camelo moi fermoso.

Os tres Reis pensaron o mesmo. ¡Xa temos substituto! E alegráronse moito moito (sorrí).

SESIÓN 3

Esta sesión vai sobre a respiración e o sopro. A actividade titúlase “VAMOS FACER MAXIA”.

Decoraremos unha caixa de cartón con motivos máxicos, que será onde gardaremos os diferentes materiais que vamos a utilizar. Tamén vamos a argallar unha variña máxica para toca-la caixa cada vez que queiramos que apareza un obxecto novo.

As actividades serán estas:

- Cunha pipa de madeira sopraremos a unha bola de cortiza, esta erguerase máis ou menos dependendo da intensidade do sopro. Colocaremos unha palliña no orificio da pipa do neno/a e soprará con diferentes intensidades.

- Colleremos un bote de “Pringels” xa que cando falamos a través del, a nosa voz transformase. Pasarémolo bote para experimentar o cambio de voz. Tamén sopraremos no seu interior e seguidamente introduciremos o brazo, deste xeito o neno/a será consciente do calor que queda no bote e polo tanto da constancia do sopro.

- Cortamos pedaciños de algodón e sopraremos cara eles, primeiro sen utilizar ningún utensilio e despois farémolo soprando a través dunha palliña. Dirixiremos o algodón a un punto determinado.

- Para traballar a expiración nasal, vamos a utilizar un CD que colocaremos debaixo do noso nariz. Amosarémoslle ó neno/a como se mancha o CD ó saír o aire polo nariz e el/ela irá probando.

SESIÓN 4

Nesta sesión propoñemos diversas actividades para xogar co sopro:

- Colleremos unha caña e faremos cóxegas mutuamente.

- Circuíto. Podemos simular con plastilina unha estrada con atrancos. Colocaremos unha bola de cortiza ó inicio do recorrido e o neno/a deberá guiar a boliña para que siga o camiño sen saírse.

- Facer pompas de xabón, dirixíndoas cara algún lugar en concreto, como por exemplo, cara unha canastra ou portería.

SESIÓN 5

Para esta derradeira sesión propoñemos realizar diferentes recunchos:

- Recuncho das caras:

Colocaremos un gran espello onde o neno/a poida mirar a cara que pon. Podemos realizar caras de maneira espontánea e que o neno/a as repita ou podemos utilizar o “Xogo das caras”, imitando o neno/a as distintas caras que vamos mostrando coas tarxetas. O neno/a tamén poderá propoñer unha cara para que a imiten os adultos.

- Recuncho da respiración:

Deitados boca arriba no chan, colocaremos sobre a súa barriga un saquiño e realizaremos respiracións nas que o saquiño suba e baixe.

De pé ou sentados, o neno/a porán baixo o nariz un espello, no que realizará a expiración nasal, quedando manchado o espello e sendo conscientes da saída do aire polo nariz.

- Recuncho das descricións:

O neno/a colocarase fronte unha lámina sobre a que terán que ir dando información, describindo o que ven . Podemos sacar máis información facéndolles preguntas sobre a lámina.

MANUALIDADES:

- Facer oviños de papel de cores e pegalos na cesta, tamén podemos facer recortes de cor verde (simulando coles –relación co conto-) e pegalas na cesta.

ANEXO I

- Podemos pegar no coello algodón (que lles axuda a desenrolar o sentido do tacto) e pintar os ovos con cores vistosas.

ANEXO II

[pic]- Facer unha careta de coello e interpretar o conto do “Coelliño branco” para fomentar a capacidade de representación. ANEXO III

7. CANTIGAS:

Repaso das que temos aprendidas

Canción infantil:

“Coelliño branco”:

DOCUMENTACIÓN DE APOIO ÁS FAMILIAS:

“Habla con el niño: Diez consejos imprescindibles”

ANEXO I

[pic]

ANEXO II

ANEXO III

[pic]

................
................

In order to avoid copyright disputes, this page is only a partial summary.

Google Online Preview   Download

To fulfill the demand for quickly locating and searching documents.

It is intelligent file search solution for home and business.

Literature Lottery

Related searches