WordPress.com



PARQUE NATURAL SERRA DO XUR?S.Situado no suroeste da provincia de Ourense, fronteira con Portugal (parque Nacional portugués da Peneda-Gerês). Nos Concellos de Entrimo, Lobios e Muí?os. O LIC (Lugar de interese comunitario) esténdese ademais polos municipios de Padrenda, Quintela de Leirado, Verea, Bande, Calvos de Randín y Lobeira. 43815742950Conta cunha superficie de 29.762 ha, (LIC: 34.248,13 ha). Accédese desde Ourense, dirección Celanova e Portugal pola OU-540; desde Xinzo pola estrada comarcal OU-301 ata Bande.2343151318895Declárase parque natural polo Decreto 29/1993 do 11 de febreiro; e obedece á necesidade de protexer a importante riqueza natural, orográfica, paisaxística, etnográfica e arqueolóxica desta zona, pero tamén á utilización adecuada dos recursos dispo?ibles para a súa boa xestión e aproveitamento, entre outros aspectos, desde o punto de vista turístico.No parque Natural, os cumios máis elevados son Nevosa, Pico de Fontefría con 1559m de altura, e contrastan coa chaira do val con 260m de altitude sobre o nivel do mar. Todo iso conleva grandes pendentes nas monta?as, ademais de importantes regatos de auga cos seus fervenzas. Destacar o río Limia, escavado na fractura da serra de Sta Eufemia e a Serra do Quinxo. Toda a zona está dominada polos cursos fluviais. Unha chea de afluentes acompa?a ó Limia, que acolle dous grandes encoros: das Conchas e o de Lindoso (con presa no territorio portugués e auga no galego). Outros ríos que regan estas terras son Salas e río Caldo. Non son os ríos senón os montes os que, conforme nos imos acercando, acoutan o horizonte co seu perfil de serra. Son inconfundibles cos seus característicos picoutos coma castelos. 358140156845Antes de entrar no Parque, a principal vía de acceso pola estrada OU-540 ofrece ós visitantes importantes paradas para co?ecer o patrimonio histórico da zona. Aquis Querquennis é o xacemento romano formado por un campamento e una mansio viaria situada na veira do encoro das Conchas, no Concello de Bande. Nas proximidades sitúase o moderno centro de Interpretación “Aquae Querquennae” – Vía Nova. Tamén nesta altura destaca a igrexa prerrománica de San Comba de Bande, cunha nave e pinturas murais de obrigada visita. Xa no parque, hai rotas en automóbil que enlazan miradoiros naturais e paraxes significativos; unha rota ecuestre e moitas posibilidades de senderismo por cada unha das serras que forman á raia. Algunhas de trazado moi esixente. Lobios no marxe esquerdo, e Entrimo no dereito, son capitais do parque. Na vila está o Balneario de Lobios, con augas termais do río Caldo. Na mesma localidade, encóntranse os restos romanos visitables de la “Mansio Aquis Originis”. O traxecto pola rúa que continúa desde Lobios ata o paso fronteirizo de Portela do Home, permite observar desde a distancia a cascada A Fecha, a máis alta de Galicia en épocas de choiva, e tamén co?ecer, o conxunto de numerosos miliarios da calzada romana.Desde a Terrachá, capital municipal de Entrimo, que conta cunha interesante igrexa de fachada barroca, parten os desvíos cara serra de Queguas e O Quinxo. Como o que conduce a Olelas, un dos mellores sitios para ver a Vaca Cachena, a raza bovina autóctona, de pequeno tama?o e largos cornos, adaptada á dureza da serra e que nos últimos anos, está saíndo do perigo de extinción. 7239053340Un dos grandes atractivos deste parque é a súa paisaxe, característica das serras do Noroeste da Península Ibérica, que conxuga unhas serras agrestes con outras suaves, nas que a pedra granítica destaca pola súa grandeza. Esta contrastada e variada configuración paisaxística constitúe unha beleza singular e outórgalle a este parque unha calificación ecolóxica excepcional, sendo a forma paisaxística máis característica a formada polos “bolos” graníticos, sedimentos de orixe glaciar, as chamadas “pedras caballeras”.A auga é outro dos elementos físicos que ten unha presenza importante e destaca neste parque. Os regatos orixinados pola forza das augas da choiva discorren polas gretas das serras formando saltos de auga que ofrecen unha visión espectacular para os ollos dos visitantes. Tamén se manifesta doutro xeito máis tranquilo, como nos encoros de Salas ou Lindoso, creados con anterioridade á declaración deste espazo natural protexido. Sen esquecerse das augas minero-medicinais que fan posible o desenvolvemento do termalismo, destacando Lobios.FLORA E FAUNA DO XUR?SExiste unha gran variedade ecolóxica; a comarca da Baixa Limia sitúase nunha zona de transición entre dúas grandes rexións florais europeas: Eurosiberiana (Provincia Atlántica) e Mediterránea (Provincia Carpetano-leonesa). Debido a este feito, a vexetación que atopamos alterna bosques de árbores caducifolias, característicos de condicións climáticas húmidas, e de folla perenne; pero tamén están a sobreira ou o albedro, máis adaptados á falta de auga durante determinados períodos do ano. Tamén son característicos os contrastes altitudinais que oscilan entre as cotas próximas ós 260m e as superiores a 1500m, polo que hai matices diferentes entre a vexetación.Polas serras de Santa Eufemia esténdense poboación de reboleiras ou cerqui?os, acompa?ados nas zonas máis altas de pi?eiro silvestre o teixo. Nos cumios da serra, predomina a vexetación de monte baixo e só illadamente atopamos reboleiras, acivros e cancereixos.O bosque das zonas baixas do val do Limia, está formado principalmente por poboación de carballos, casti?eiros, sobreira e o pi?eiro común, aínda que tampouco faltan: o loureiro, érbedo e o sangui?o. A traveso dos cen ríos e regatos que percorren as serras cara a fondal do val do Limia, atopamos como bosque de ribeira, os bidueiros, freixos, amieiros, chopos, abeleiras e varias especies de salgueiros. As matogueiras están constituídas principalmente por toxos e uceiras (toxo, carqueixa, xaras e diferentes especies de uceiras). No val do Riocaldo incorpórase a esta matogueira a “genista” de óptimo mediterranio occidental.Os chans de menor desenrolo, están ocupados por pasteiros de especies anuais que florecen na primavera e morren entrado o verán. Algunhas especies de tomi?o rastreiro, e frecuentemente, acompá?ao unha especie endémica (sedum pruinatum) que apenas amplía a súa áreas de distribución fora das áreas protexidas do parque.Polo que a fauna se refire, hai que dicir que os contrastes paisaxísticos do parque, coa súa diversidade orográfica e variada vexetación, permitiron a aclimatación e forneceron refuxio para a variada fauna. Pero a acción devastadora do home, provocou a extinción de especies como o oso ou a cabra do Xurés. A súa reintroducción é un dos principais puntos de actuación da Administración galega.En fauna de vertebrados, o Concello de Lobios presenta unha mestura de especies tipicamente Eurosiberianas con outras de influencia mediterránea. A fauna de anfibios e réptiles, destaca pola presenza de Salamandra rabilonga, e outras de distribución limitada ás comarcas meridionais de Galicia como é o caso da víbora foci?enta.Con relación ás aves, nas zonas máis mediterráneas e onde predomina o mato, podemos atopar especies como a papuxa cabecinegra e a papuxa carrasqueira. Nas zona máis rocosas encóntranse especies de distribución restrinxida dentro do parque natural, como o merlo rubio, e merlo azul. ?s beiras do río e do encoro son propicios para aves asociadas a medios acuáticos como o merlo rieiro e a lavandeira real. Nos bosque atópase unha ornitofauna común, na que destacamos ó cardeal común.Próximo a serra de Santa Eufemia, pódese divisar a presencia do aguia real, especie emblemática do parque natural. Outras falconiformes de observación habitual nas ladeiras, son a aguia cobreira, o azor e o gabián.Entre os mamíferos merece mención especial, a cabra montesa reintroducida no serra do Gerês/Xurés e que constitúe un valioso elemento faunístico do Parque Natural.A modo de resumo, entre os mamíferos destacan: o lobo, a xineta, gardu?a, raposo, corzo, xabaril,…Aves: mi?ato negro, moucho real, moucho das orellas, falcón, aguia real,.. Réptiles: cóbrega bastarda e de escaleira. Nas zonas húmidas que rodean a serra, atopamos cego?as e garzas; nos ríos: lontras e nos encoros: varias especies de anátidos e piscícolas como troita, cacho, boga, barbo ou carpa.Entre os animais domésticos da comarca poden sinalarse dúas razas de vacas autóctonas: “a barrosa” en Portugal e “a cachena” típica de Olelas (Entrimo), aínda que ámbalas duas están en perigo de extinción, a cachena, conta cun plan de fomento de razas autóctonas da Consellería de Agricultura, da Xunta de Galicia.HISTORIAA Comarca da Baixa Limia, é unha zona de importantes e valiosos vestixios do pasado. O patrimonio arqueolóxico, etnográfico e histórico remóntase ó Paleolítico, con indicios dun primeiro poboamento humano de cazadores e recolectores nas terrazas da veiga de Lobeira e Riocaldo.Segundo contan os estudos, a primeira ocupación tivo lugar a partires da metade do IV a.c., cando se asentaron pastores e agricultores nesta zona e deixaron numerosos monumentos megalíticos, entre o 3500 e 2000 a.c, como antas, arcas, mámoas, dolmens, panteóns funerarios,… distribuídos no Val do Salas, Serra do Leboreiro, Serra das Motas, Serra de Queguás, Pisco, Monte das Motas, Galez,… Tamén atopáronse manifestacións dos primeiros pobos metalúrxicos do cobre (calcolítico).Os xacementos da cultura castrexa son os de máis sona. Os castros, poboados construídos en lugares con defensas naturais, como outeiros elevados, rodeados de meandros, son a principal mostra desta cultura. Sirvan de exemplo os de Taboadela en Barxés (Muí?os), Outeiro da cela en Mugueimes (Muí?os), castelo en Galéz (Entrimo), ou o xacemento do Monte dos castelos.152401576705Cos romanos, esta comarca cobra un interese especial, é zona de paso das catro vías que cruzan esta comunidade e que unían as antigas capitais de Braga e Astorga, utilizando o paso de Portela do Home. Aínda persisten restos arqueolóxicos de Aquis Querquenis en Bande, Ba?os de Riocaldo en Lobios, a mansió viaria dos Ba?os de Riocaldo ou Aquis Originis en Lobios ou os miliarios de Lobios, que servían para marcar as distancias ou render culto ás autoridades. Outras mostras do pasado son a Igrexa visigótica de Santa Comba en Bande, do S. VII; restos de castelos feudais da Vila en Lobios, Monte dos Castelos en Entrimo,…Tamén en arquitectura relixiosa: igrexa de Santa María a Real en Entrimo, Santuario dos Milagres en Muí?os, igrexa de San Mamede en Grou (Lobios), igrexa de San Miguel en Fondevila, Lobios, igrexa de San Salvador en Prado de Limia (Muí?os), xunto con capelas e ermidas, formando un conxunto cultural moi importante.Por último, salientar as obras civís como a ponte do Casal, ponte de Pacín, ponte de Covas, ponte vella de Porto Pequeno, todas en Entrimo, ou as pontes de Ganceiros de Carballedo de Torno en Muí?os, outorgándolle a esta comarca un especial valor.RUTASO parque natural ofrécenos unha gran variedade de alternativas para gozar do ocio e do contacto coa natureza. As rutas para percorrer a pé polo Parque Natural, divídense en dous grupos en función da súa localización dentro deste espazo protexido:Rutas de acceso libre: aquelas que o visitante pode realizar libremente, pola vías e cami?os existentes. (Rotas do 1 ó 12).Rutas de acceso restrinxido: atravesan zonas de gran valor ecolóxico do parque, onde o acceso está controlado co propósito de coordinar os programas de conservación da biodiversidade deste espazo protexido e o turismo ambiental. Para a realización destas rotas, completas ou parte delas, é necesario obter autorización previa da Consellería de Medio Ambiente, solicitándoa na sede do parque natural en Lobios, ou no tlf.: 988 448 048. (Rotas 13 e 14).Ruta do río Vilameá: 1600 m e uns 45 mn; dificultade baixa-media e interese botánico, etnográfico e paisaxístico. -146685158115Discorre polas dúas marxes do río Vilameá, pertencente á conca hidrográfica do río Limia. No transcurso do percorrido, pódense contemplar doce muí?os distribuídos así: cinco ó longo da marxe esquerda e os outros sete, na marxe dereita, todos restaurados polo parque (hai dous con tellado de pedra, outro de madeira con palla de centeo, e o resto de madeira e tella). A metade da ruta hai un cami?o que conduce a unha albariza (antigos colmeares rodeados por un muro de pedra que os defendía dos posibles ataques das alima?as) e aquí este percorrido tórnase en dificultade media-alta uns 450m.Ruta da Ermida do Xurés: 6 km e dificultade media, interese paisaxístico, etnográfico e histórico. Discorre por Vilameá, Ermida da Nosa Se?ora do Xurés, Vilameá.Iníciase na vila de Vilameá a 400 m de altitude, que deberemos atravesar polas súas estreitas rúas ata a cima do pobo, onde atopase unha fonte. Preto dela hai unha pista que débese tomar e discorre entre o río Vilameá e a Ermida do Xurés. Durante este ascenso, pódese contemplar a fermosura do val que recolle as augas da serra que desde antano foron aproveitadas polos muí?os do percorrido da ruta do río vilameá. 2463165290830Despois duns 3 km, chégase a unha alvariza e tómase unha desviación á dereita que nos leva a Ermida da Nosa Se?ora do Xurés adicada a Virxe e feita fai unos 600 anos (celébrase romaría popular o 15 de agosto e o 8 de setembro). Aquí hai unha impresionante vista da serra de Sta Eufemia e o val do río Caldo. Saíndo da ermida nos separan uns dous km de Vilameá ata onde chegamos utilizando o antigo cami?o polo que transcorría a subida dos pasos relixiosos o día da Romaría. Este cami?o unía os calvarios. Desde o último dos calvarios e pasados 600m chégase a Vilameá, fin da ruta.Ruta da Corga da Fecha: 3 km e dificultade alta, 3 horas e comeza en Lobios ata cabani?a do curro. Interese paisaxístico, xeolóxico e arqueolóxico. Comeza a ruta na Vila Termal de Lobios, continuando por un cami?o que nos leva o antigo trazado da vía romana. A uns 100m do principio do sendeiro, deixamos á dereita as ruínas do “Aquis Originis”. Continúase polo val do río Caldo, ata cruzar a corga da Fecha e a uns 50m sae un sendeiro a esquerda, onde se inicia o ascenso da Corga da Fecha, que nos leva ata unhas pozas cristalinas onde comeza unha dificultosa subida que bordea toda a Corga. Aquí pódese contemplar espectaculares fervenzas e unha bonita vista do val de Portela do Home e da Serra de Santa Eufemia. O final do ascenso conectamos con outra das rutas do parque natural, co?ecida como Cabani?a do Curro, tendo a posibilidade de visitar a cabani?a tamén chamada Chivana, ou volver polo mesmo cami?o. Outra das posibilidades é iniciar a ruta na Ponte Nova onde encontrámonos cunha acumulación de miliarios da época romana e ca restauración da vía XVIII que unía Braga e Astorga, desde a cal pódese acceder ó sendeiro indicado que nos acerca ás pozas.Ruta da Mina das Sombras: 9 km e dificultade alta.; iníciase en Vilameá e acaba na mina das sombras. Interese paisaxístico, etnográfico e xeolóxico. Vilameá-albariza-mina das sombras. Parte do percorrido pode facerse en bici. Non é aconsellable en días calorosos e moi soleados xa que, non hai sombra na maior parte do percorrido.4777740266700Tamén iníciase en Vilameá e coincide nesta primeira parte do seu percorrido polas rúas da vila e no ascenso pola pista forestal na que poderemos contemplar a fermosura do val do río Vilameá e os muí?os. Despois duns 3 km chégase a unha alvariza e tras visitala, a ruta continúa cun pequeno descenso duns 300m ata a Ponte de Porta Paredes, onde cruzamos o río para continuar pola marxe dereita, comezando a ascensión polo antigo cami?o dos traballadores da mina das Sombras. A vexetación que se observa é monte baixo ademais de vexetación de ribeira asociada o leito do río. No ascenso pódense contemplar os impo?entes farallóns rochosos característicos desta serra como o de Baltar e O Fitoiro con altitudes de 1100 e 1170m, respectivamente.As sombras adquiriron unha gran fama debido ás minas de Wolframio que se explotaron na segunda Guerra Mundial. Outros minerais que se poden atopar son: a molibdenita de gran brillo metálico e o berilio de cor vermello azulado, sen esquecer a explotación do ouro que fixeron os romanos nestas serras. A volta pódese facer polo mesmo cami?o ou ó chegar a albariza, voltar polo trazado da ruta da Ermida do Xurés.Ruta da Cabani?a do Curro: 11.2 km e dificultade media. 4 horas e media e comeza na estrada de Lobios-Portela de Home, no km 14.600m. Interese paisaxístico, xeolóxico e etnográfico. Recomendada para cicloturismo.Discorre por zona de monta?a, percorrendo as zonas setentrionais da Serra dio Xurés e sen atravesar ninguén núcleo de poboación. ? un percorrido eminentemente paisaxístico. Iníciase a 700m de altitude e vai discorrendo deica o punto máis alto, a 940 m.No transcurso pódense contemplar farallóns na serra, nos que se suceden continuas formacións rochosas graníticas coas formas naturais máis variadas. Na vexetación domina o monte baixo, ocasionalmente grupos arbóreos e le?osos de acivro, carballos e érbedos sobre todo preto dos regatos. Cando a pendente comeza a suavizarse (a uns dous km) nas cabani?as, nunha curva moi pechada, sae unha pista a esquerda pola que nos podemos desviar ata chegar a unha chivana circular de pedra, con teito en falsa bóveda tapizado de céspede chamada “Chivana das cabani?as”. Percorridos 5 km do inicio, tómase un cami?o á esquerda da pista central e empézase a descender entre pi?eiros, ata o leito da Corga do Carballón con grandes rochas, o que cruzaremos facilmente, para tomar na outra beira un cami?o que nos conduce a unha cabana de pastores (cabani?a do curro) onde se observan os restos dun curro (recinto de pedra onde se pechaba ó gando mentres o pastor durmía).4110990-1724660Continuando o sendeiro (ascendente) chégase á ruta principal, á pista forestal das sombras que leva cara á dereita, á estrada de Lobios-Portela (inicio e fin da ruta). Ruta de Padrendo: ruta circular de 7 km e dificultade media-alta, unhas catro horas e de interese paisaxístico e etnográfico. Pasa por Padrendo, Torneiros, Padrendo. Iníciase no final do pobo de Padrendo. Aquí parte unha pista de terra lixeiramente ascendente, que hai que tomar. A uns 300 m seguiremos por un sendeiro á esquerda que nos conduce ata unha poza de regadío pertencente a Outeiro (antigamente Proendo, e actualmente en ruínas aínda que se poden ver nas adegas, as vellas prensas para o vi?o, feitas de pedra). Para visitar o pobo hai que baixar un cami?o empedrado desviándonos da ruta para logo voltar ata a poza e continuar o percorrido.A esquerda da poza, parte un sendeiro pola beira dun regato que nos conduce ata os muí?os rehabilitados polo parque, muí?os do Freixeiro. Logo continúase preto do regato ata chegar a unha pista forestal, que sube ata acadar unha pequena chaira de vexetación de monte baixo, o chan do Ventoselo, que esténdese ó pé dos cumes e dos barrancos da serra de Sta Eufemia. Impresionante paisaxe. Séguese ascendendo a atravésase a corga de Costegaza. Bela panorámica da serra do Xurés. Desde aquí e cun pronunciado descenso, chégase a Torneiros. A paisaxe son as formacións rochosas. Baixando vese a Corga de Toucedo. O finalizar a baixada tómase un sendeiro á esquerda do cami?ante, que conduce a Corga de Toucedo que débese atravesar para tomar un antigo cami?o. Xirando á dereita atópase un cami?o cementado que conduce o pobo. Contémplase o tradicional cultivo en socalcos (pequenas terrazas de cultivo construídas na ladeira das monta?as) e un conxunto de canastros de pedra ós que acompana unha eira onde antigamente se mallaba o centeo. Este lugar é un dos núcleos de poboación antes da fronteira, que goza dun complexo etnográfico recuperado, a visitar.A saída da vila, tómase un sendeiro á dereita que se adenta nun bosque; na primeira parte deste percorrido pódese contemplar o aproveitamento tradicional das sobreiras, descortizadas cada certo tempo, para obter corcho. Despois continúase xirando á esquerda por un cami?o cementando ascendente que nos conduce ó inicio dun pi?eiral. Tras un leve ascendo, desvíase a la dereita da pista principal e vaise por outro sendeiro desde o que se pode contemplar o val do río Caldo, as terras de cultivo de Bubaces e a ermida de Sta Catalina.Neste ascenso pódese observar á esquerda, 7 antigas minas do pobo de Bubaces. Xírase á dereita par ir a outra pista forestal que discorre entre pi?eiros e lévanos ata a igrexa de Sta María do Val de Riocaldo (tamén pódese ver a casa reitoral que está anexa e totalmente abandoada). Continúase pola estrada para chegar a Padrendoi. Aquí pódese visitar o parque etnográfico do Pan de do Vi?o, e un conxunto de construcións populares de interese social reconstruídas como: muí?os, hórreos, a eira dos canastros (17 baluartes de granito), as adegas, fornos, ademais dun museo situado na primeira casa do pobo cunha mostra de apeiros relacionados co pan e vi?o da comarca.Ruta Río Mao: 4 km de dificultade baixa-media a realizar en 2 horas e comeza e acaba en Escusalla (Lobios). Interese botánico, paisaxístico e etnográfico. Recoméndase época estival porque en épocas de crecida do río, podería impedir o paso nalgunhas zonas. 3872865269240Comeza na Escusalla (edificación que crése que perteneceu á Inquisición), deixando a nosa dereita uns cortizos (colmeas de sobreiras) e descendendo cara o cauce do río Nau, onde atópase o primeiro muí?o restaurado. Cóllese pola marxe esquerda do río un carreiro que nos vai levando entre un frondoso bosque á visita de tódolos muí?os existentes no cauce. Tamén atópanse fermosos rápidos e fervenzas, pozas para poder ba?arse. Continuando o cami?o chégase o último dos muí?os, dende o cal colleremos un sendeiro á dereita para voltar cara o comezo da ruta cun pequeno ascenso. Neste último tramo, atópanse unha fonte e unha boa panorámica do val do río Mao e da serra do Quinxo, ata pasar uns 800m e ver o sendeiro de ida que nos leva a Escusalla.Ruta Lantemil-Quintela-Olelas: Uns 7.8km de dificultade media e tempo aproximado dunhas 2 horas e media. Interese paisaxístico e etnográfico. No se recomenda con moito calor e é boa en bicicleta. Saíndo de Quintela (ou desde o camping de Lantemil a traves dun sendeiro que leva a área recreativa de Quintela) tómase un cami?o que nos leva cun pequeno ascenso á Corga das Mestras, a partires da cal, comeza a parte máis dura ata O Chan da Portela de 792 m de altitude. Desde aquí obsérvase un belo paisaxe da serra do Xurés e do encoro de Lindoso. Comézase a baixar polo antigo cami?o que comunicaba a Illa con Olelas, cruzamos a estrada varias veces e imos rodeados no percorrido por pi?eiros, e é posible 100965-52070encontrarse con cabalos salvaxes e con as vacas cachenas de Olelas. Aquí pódense contemplar varios muí?os, unha fonte, ou desfrutar dunha poza para o ba?o. Recórrense uns 200 m por un cami?o empedrado e atopámonos con Olelas, onde visitamos o barranco (nunha espectacular garganta percorrida polo río Castro Leboreiro, obsérvase a divisoria do parque Gerês/Xurés, delimitados polo río).Ruta Río Agro: 12,300 km de dificultade media-alta e cun tempo aproximado de 4-5 horas. Interese botánico, etnográfico e paisaxístico. Ten dous puntos de inicio: O primeiro aconsellable para os amigos da aventura (dificultade alta), sitúase na ponte de Bautureira a 2 km da Terrachá pola estrada que conduce a Illa. Neste tramo pódese desfrutar dos rápidos do río, que forman pozas cristalinas aptas para o ba?o, pódense observar os muí?os, a penumbra do bosque de Covas, e a ponte de pedra pola que discorre o cami?o, que conflúe aquí co sendeiro iniciado na Terrachá. Pola proximidade ó río non é aconsellable elixir esta opción con choivas, as crecidas poden cortar o cami?o.A segunda, de baixa dificultade, é saíndo da Terrachá por A Quintán, seguir o cami?o que despois de pasar unha ponte de pedra sobre un pequeno cachón, condúcenos a ponte de Covas sobre o río Agro e unha vez que se cruza o río, chégase o sendeiro que inicia a ruta. Desde a ponte de Covas, séguese pola marxe esquerda, en sentido contrario á corrente, por un tramo de dificultade media ata Chao da Ponte. Crúzase o comézase unha lixeira subida ata Ferreiros de Abaixo, desde onde se descende cruzando a ponte de Porto o muí?o, tamén chamada ponte de Folón. 210185090170Comézase unha nova ascensión deica a estrada asfaltada, a cal crúzase para tomar un sendeiro na outra beira que, tras pasar por unha das granxas da zona, tómase unha desviación á dereita por un cami?o que leva ata Pereira. Crúzase a aldea e tómase un cami?o á esquerda que baixa ata Bouzadrago, chamado o “Balcón de Entrimo”, onde se pode divisar unha panorámica marabillosa. Logo báixase ata o río, atravésase pola “Ponte Nova” que aínda conserva un perfecto arco de pedra.Retórnase polo mesmo sendeiro ata ponte de Covas, onde se segue a marxe do río cara abaixo ata o inicio na ponte de Bautureira, cara á Terrachá. Ou ben crúzase a ponte de Covas e voltar polo sendeiro ata A Quintán, desde alí a Terrachá, visitando a igrexa de Sta María a Real de Entrimo.Ruta Ecuestre: 10 km de dificultade media e tempo dunhas 3 hora e media. Interese hípico, etnográfico e paisaxístico. Recoméndase para cicloturismo, no mesmo percorrido que para os cabalos que contan con numerosos ézase saíndo de Terrachán por A Quintán, séguese un cami?o que despois de pasar unha ponte de pedra sobre un cachón, envíanos cara a ponte de Covas. Antes hai un desvío a dereita que nos leva ata Ferreiros de Abaixo, desde onde descende cara o río Agro, cruzando a ponte de Folón ou Porto Muí?o. Iníciase unha ascensión que nos leva a estrada que cruzamos para pasar por unha das granxas da zona, tomar unha desviación a dereita por un cami?o entre zonas de cultivo polo cal accedemos a Pereira. Na aldea tómase un cami?o a dereita pasando pola fonte do forno e chégase ó antigo forno comunal. Saíndo do pobo, pásase por un cruceiro e a ruta continúa por un sendeiro empedrado a dereita para seguir cun pequeno ascenso. Saímos de Pereira deixando á dereita as monta?as de Coto redondo e Coto furado. Séguese o ascenso e pódese encontrar con dúas minas. Chegando á fronteira da Ameixueira, pódense ver cabalos salvaxes, e desfrutar da beleza de impo?entes farallóns no Outeiro do Castelo de 906m, e tódolos picos da zona de Curromundín e Portravesa.Ruta de Queguás: 6,5 km de dificultade media e tempo aprox. 3 horas. Interese paisaxístico, etnográfico e arqueolóxico. Iníciase en Queguás a 900m de altitude, por un cami?o empedrado que discorre entre casti?eiros e carballos. Despois de 500 m chégase ó luar dos Carríns, formado por 5 ou 6 construcións que aloxaban o gando e están abandoadas. Continúase polo cami?o ata as Cortes de Carballeira. Trátase duns antigos currais onde se gardaba o gando vacún. Tamén pódese visitar a capela da Nosa Sra da Ascensión. A ruta continúa cun ascenso ata o impresionante monumento megalítico da “Casa de Moura” e a uns 100m outro máis deteriorado. Seguindo polas cotas máis altas, próximas á Chá, pódese observar unha paisaxe natural de espectacular beleza. Divísase a serra do Leboreiro, Serra do Xurés, Serra do Quinxo e o encoro de Lindoso. ? frecuente atopar “garranos” ou ponis galegos, así como vacas cachenas. Despois dun leve descenso, chégase preto dos Carríns e ó sendeiro do comezo que nos leva de novo ata Queguás.Ruta de Padín: 12 km de dificultade alta e 5 horas. Interese paisaxístico e etnográfico. Recomendada para bicicleta.5391151418590Iníciase en Guntumil, Muí?os, por unha pista de terra a saída do pobo. Pódese apreciar un cruceiro con peto de ánimas e arquitectura típica do medio rural galego. Pasados uns 350 km tómase un cami?o á esquerda que nos leva a Ermida do Castro adicada á Virxe sobre o Castro de Guntumil. Regrésase á pista de terra e continúase o ascenso ata Padín onde nos atopamos unha mámoa e unha espectacular paisaxe do val do Salas e Serra do Pisco ó sur. Deixando Padín, iniciamos un ascenso pronunciado por unha pista de terra á serra do Pisco, onde hai un refuxio xestionado polo parque desde o que se pode desfrutar dunha panorámica do Val de Salas.A un km do refuxio, chégase a Portela de Pitoes a 1200m e zona de reserva do parque.No marco E-P.67 atópase unha das mámoas que existen nesta zona. Comézase o descenso a Requiás, levando a nosa dereita o regato de Portela ó longo do cal, pódense ver muí?os e unha espectacular fervenza: a Fecha. Despois de 3500m chégase a Requiás onde se pode visitar a capela e o forno comunal. Logo séguese á dereita unha pista asfaltada a Guntumil. A 500m chégase á Cruz, onde se atopa a igrexa de Santiago e a casa parroquial. Continúase a Guntumil onde remata o roteiro.Ruta Torrente-Clamadoira-Salgueiro: 10,5 km de dificultade media-alta e 5-6 horas de percorrido con interese paisaxístico, etnográfico, xeolóxico, botánico e faunístico. (Se se quere visitar o pobo de Salgueiro, precísase autorización na Sede do Parque Natural en Lobios Tlf: 988 448048).Iníciase o sendeiro nunha zona para aparcar o vehículo e ascender ata os muí?os de Torrente, onde se colle o sendeiro ata a casa Reitoral de San Pedro. O percorrido continúa tomando un sendeiro que parte fronte ó edificio na outra beira da estrada, que de xeito lixeiramente ascendente condúcenos á poboación de O Agrelo, que atravesamos para chegar a Picós.24765163830Deixando a poboación encóntrase un cami?o que nos leva ata un sendeiro pola parte superior dun regato rodeado dunha zona de bosque de ribeira. Continúase polo sendeiro ascendendo ata a ermida da Clamadoira onde atópase unha bela panorámica do val do río Limia. Aquí pódese retornar ó punto do inicio do percorrido tomando un cami?o de baixada cunha forte pendente por detrás da ermida, a dereita do cami?o que fixemos desde Picós. Para continuar ata Salgueiro, crúzase a estrada e tómase un sendeiro que nos leva a través dunha zona de monte baixo, ata Prado, atravesando previamente unha poza de regadío. Aquí pódese desfrutar da arquitectura popular e do seu forno comunal. Neste punto encóntrase o único pi?o pi?oneiro que se pode contemplar na comarca.A saída da aldea, crúzase o río Salas por unha ponte de pedra, e continúase pola beira do río entre vexetación de ribeira visitando varios muí?os. A ruta abandoa o seu percurso a beira do río Salas para xirar á dereita tomando o curso do Torrente Salgueiro, que descende bruscamente entre rochas. Tras pasar unha zona de pi?eiros, chégase a unha pista forestal que crúzase para acceder pola marxe do regato ata a vila de Salgueiro, abandoada a mediados do XX (actualmente a Xunta está a acometer a súa reconstrución).Chégase a Salgueiro polo antigo cami?o, preto da antiga alvariza e a igrexa do pobo. Pódese visitar o muí?o e o forno. Logo de refrescarse, crúzase o río pola senda sinalizada e iníciase o retorno. Ruta A Cela-Pitoes: 15km de dificultade alta e 5 horas. Interese etnográfico, paisaxístico, xeolóxico, botánico e faunístico. Ruta de acceso restrinxido, precisa autorización que se pode solicitar na sede do parque.Discorre por unha zona de forte pendente, parte dunha cota de 700m e sube a 1200m, atravesando zonas de gran valor natural. O sendeirismo é de protección especial, só permítese polas vías e cami?os existentes.Iníciase na vila de A Cela, Lobios, onde as súas casas e cortes fúndense cos grandes bolos graníticos e conformando unha arquitectura de singular beleza. Comeza nun sendeiro entre muros de fincas e en continuo ascenso ata Albite en Muí?os. Abandoando este núcleo comeza un leve descenso para logo ascender de novo ata Gandarachá, zona chaira preludio das altas cotas da serra do Xurés, cunha impresionante panorámica. O percorrido continúa ata Salgueiro, cunha capacidade máxima de visitantes por día de 25 persoas e acceso regulado polo parque. Despois do Salgueiro e tras un forte ascenso, chégase a Carballeira da Barxa, reserva integral deste espazo protexido. ? a única ruta que se adentra por zonas con maior nivel de protección.O final do percorrido discorre polas zonas máis elevadas do Xurés, entre rochedos e bolos graníticos. Despois do último ascenso, chégase ó final, entre Espa?a e Portugal, en Pitoes cunha bela panorámica que comprende 90.000 ha de territorio protexido entre ambos parques. Cerca está o refuxio do Pisco con capacidade de 15 prazas.O SALGUEIROEstá situado a uns 1000m de altitude nun pequeno val rodeado de fermosas cumbres e conservando a estrutura oriúnda; tódalas vivendas levántanse con pedras arrancadas ás monta?as do lugar, facendo deste pobo, un lugar único na Baixa Limia. Os seus habitantes vivían da gandería e do contrabando. Foi abandoado polos seus habitantes a mediados do século XIX, e foi adquirido por unha asociación de cazadores que utilizáronmo como coto privado de caza; unha vez que a caza decreceu, o pobo volveuse a abandoar sendo pasto das chamas e quedando só en pé, as paredes das casas.Logo foi adquirido pola Xunta de Galicia e a responsabilidade da súa xestión é do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés. Como todo pobo, posúe unha capela, un muí?o, forno comunal,…3739515-615951844040-6159515240-61595O Parque Natural, xa dispón na actualidade, de instalacións para a recuperación, cría e introdución de especies que sufriron un grave deterioro nos últimos anos.3958590327025SERVIZOS DE INTERESEO Centro de Interpretación do Parque Natural Baixa- Limia Serra do Xurés é o lugar principal do espazo protexido para o fomento do uso público, onde se 15240100330promocionan as ofertas de interpretación ambiental, os programas de educación ambiental, e onde se orienta sobre actividades recreativas e turísticas que se desenvolven no Parque Natural.Os servizos que se ofrecen ó visitante son:Ofrecer información ós visitantes para orientar e facilitar a súa visita ó PN.Estimular ó visitante no cumprimento da normativa de protección deste espazo natural.Ofrecer servizos interpretativos sobre a paisaxe , flora, fauna, rutas de sendeirismo, etc., apoiándose para iso na exposición e diaporama. Equipamentos do Centro de InterpretaciónA exposición organízase en 16 paneis informativos e/ou interpretativos para que deste xeito o público se involucre na realidade do Parque e o seu entorno:A paisaxe, definido por cumios, vales glaciares, augas termais e encoros.As plantas: centrándose nos bosques da Ribeira, matos, bosques naturais e especies endémicas.As nosas árbores: breve descrición e características do carballo, rebolo, casti?eiros, aci?eira, bidueiro, acivro, érbedo e teixo.Xogo: consiste en identificar ós animais que aparecen nos debuxos.Animais que viven nos cumios.Animais dos bosques.A memoria: historia da comarca.Etnografía e usos tradicionais.Gandería.Agricultura.Os incendios: información e prevención.O parque en acción: rese?a dos proxectos que se estean levando a cabo no P.N.A figura do P.N: ordenación territorial e historia.Lecer e divertimentos: ocio da comarca, festas, feiras e romarías.O que fas á terra cho fas a ti mesmo: panel de concienciación ambiental.Panel interactivo coas rutas de sendeirismo ofertadas polo P.N.A sala “son para sentir” presenta diversos temas característicos do Xurés a partir dos sensos da vista, o olfato e o oído. Esta estruturación pretende que o visitante se sinta partícipe.3 composicións fotográficas retroiluminadas.Ampliación panorámica dunha paisaxe.Texto: “sente a túa propia natureza”.5 botes de plantas aromáticas.Gravación con 9 sons temáticos.O diaporama é unha montaxe de diapositivas, texto e narración en formato vídeo. Para a súa proxección disponse dunha sala de actos con 47 prazas, ordenador, amplificador, televisión, vídeo, proxector e pantalla. Nel faise unha breve descrición do PN, a súa historia, paisaxe, xeoloxía, conca hidrográfica, flora, fauna e etnografía, para que o visitante tome contacto coa natureza da zona.HORARIOSO Centro de Interpretación/ Punto de información permanece aberto tódolos días do ano, (agás 24 e 25 de decembro, 31 e 1 de xaneiro), en horario de 10,00 a 13,30, e de 16,00 a 19,00Existe un programa da Xunta de Galicia, Vive ó Natural, polo que se organizan actividades con grupos, tanto para adultos como para escolares, que inclúen visitas guiadas polas rutas de sendeirismo. Este programa é de carácter gratuíto, e as reservas realízanse a través da páxina web viveao natural.xunta.esA Páxina web do centro é: ................
................

In order to avoid copyright disputes, this page is only a partial summary.

Google Online Preview   Download