1 - Galicia



MEMORIA AXENDA 21 - Curso 2006-2007

IES de Fene

[pic]

1. O CENTRO

O IES de Fene está situado nun lugar privilexiado, cunha vista impresionante sobre a ría de Ferrol, e con enormes posibilidades de actuación medioambiental. É un centro mediano, de uns 300 alumnos/as, que vén de sufrir un proceso de desdobramento do que falaremos máis adiante.

Como consecuencia dese emprazamento, tamén podemos indicar que non é un centro moi sostible ambientalmente, no sentido de que non é rendible acudir a el se non é en autobús ou coche, xa que está no relanzo de dúas pendentes e cun camiño perigoso para vir á pé.

2. PARTICIPANTES

Quizais sexa este apartado o que mellor podemos valorar nesta memoria, xa que polas características propias deste centro de ensino, era moi difícil, a priori, facer que se integrasen nesta actividade todos os sectores da Comunidade Educativa. Sen embargo, fomos quen de constituír (o 6 de marzo de 2007) o Comité Ambiental do Centro, integrando nel ás persoas e sectores que sinalamos a continuación:

Sector do alumnado:

Lourdes Iglesias Leite (1º Bacharelato)

Sector do persoal non docente:

Montse Rodríguez Rodríguez

Roberto Salgado Naveiras

Sector dos pais/nais

Yanedt Macías

Sector do profesorado

J. Pablo Patiño García

Miguel Anxo Romero López

[pic]

Plantando as árbores cultivadas na aula

3. O PROCESO

Entre os obxectivos que tiñamos ao comezo do proceso podemos citar os seguintes:

-Informar á Comunidade Educativa do que é a Axenda 21 e procurar o seu apoio e implicación maioritarios.

-Lograr acordos entre os distintos sectores da comunidade escolar que supoñan un cambio de rumbo na escasa concienciación ambiental actual.

-Facer que o alumnado tome conciencia neste asunto, xogando un papel predominante en todo o proceso.

-Conseguir un horario e presuposto propios para levar a cabo esta tarefa.

-Programar actividades destinadas a conseguir o obxectivo xeral.

-Integrar as actividades anteriores no currículo do Centro.

-Investigar as eivas medioambientais que ten o noso centro de ensino, propoñendo solucións axeitadas a cada caso.

-Implicar ao maior número de persoas que nos sexa posible neste traballo, tomando o comité ambiental a responsabilidade de motivar e asesorar ao resto dos membros do centro de ensino.

De todos estes obxectivos sinalados podemos dicir o mesmo: están en proceso pero sen conseguir plenamente. Podemos, sen embargo, salientar o número importante de actividades medioambientais que se realizan, que a pesares de estar un pouco desconexionadas entre si, axudan enormemente na consecución deses obxectivos marcados.

[pic]

Colaborando na recuperación do Bosque dos nenos/as

4. AS ACTIVIDADES

A realización de actividades relacionadas coa Natureza non son unha novidade neste Centro. O IES de Fene conta dende hai un par de cursos cun grupo de profesores/as que vén facendo dende aquela algunhas actividades relacionadas co medio ambiente. Ese grupo cambiou de compoñentes durante este tempo, aínda que hai un núcleo estable formado, fundamentalmente, polos membros do departamento de CCNN e un par de persoas máis, contando dende sempre co apoio do equipo directivo.

Ese grupo botou a andar conscente da dificultade que conleva poñer a funcionar unha actividade que non ten tradición nun centro educativo. Por esa razón, optouse por ir facendo poucas actividades que fosen quedando como estables para curso vindeiros e non caer na tentación de querer facer grandes cousas en tres días.

Así, unha das cousas primeiras que fixemos foi convocar un concurso entre o alumnado co fin de dotarnos dunha mascota que fora quen nos identificase nos diferentes traballos futuros. O resultado dese concurso deunos, a maiores, o nome do grupo, xa que se trataba dun precioso raposo coa lenda ”Natúrate”, o que nos motivou a chamarlle a este colectivo “Grupo Natura”.

Xa instalados como Grupo Natura, iniciamos unha serie de actividades que non imos describir, pero que se resumen nas típicas actividades de recollida de papel, limpeza dos patios, plantacións, confección do libro das árbores do Centro, concienciación sobre o aforro enerxético, concurso de reciclado, etc.

No presente curso, a aplicación da A21E parecía que nos daría novos pulos para implantar con máis calado este tipo de actividades, pero a realidade é que case o único que cambiou, de momento, foi a implicación de máis persoas neste proceso e o comezo dunha mellor organización.

[pic]

A pesares de todo, somos optimistas. Pensamos que as numerosas reunións que estamos tendo van dar, antes ou despois, os froitos que desexamos. De feito, xorden cada día novas actividades que se van facendo, independentemente de que estivesen programadas ou non polo noso grupo de traballo. Citemos, por exemplo, a recuperación do Bosque dos Nenos/as, as plantacións que se fan nas aulas, a realización de camisetas con motivos medioambientais (previo concurso), etc.

[pic]

Deseño das camisetas

Por suposto, seguimos realizando as que xa van quedando como tradicionais no centro: recollida de papel, día da limpeza do patio, elaboración do libro das árbores, pegatas de aforro enerxético, etc.

Este curso, ademais, tivemos unha xornada de dúas horas nas que a profesora Mª José Leira Ambrós nos introducíu na historia da xardinería, ademais de darnos as pautas sobre as que deberá basearse a próxima remodelación dos nosos xardíns.

[pic]

Día da limpeza

5. VALORACIÓN DO PROCESO E DOS RESULTADOS

Para facer unha valoración real do proceso e dos resultados da implantación da A21E no IES de Fene, parece imprescindible falar dos motivos que dificultaron esa implantación, que, entre outros, foron:

-Desagregación.

-As obras no centro.

-A elección de nova dirección.

-O papel do coordenador.

[pic]

De marcha polos Ancares

O IES de Fene do ano 2006 era un centro con máis de oitenta profesores/as, varios edificios escolares e case o dobre de alumnado que o curso actual. No curso 2006-2007 establécese dende a Consellería de Educación a desagregación oficial dese centro de ensino en dous: o IES de Fene e o CIFP de Fene, quedando o primeiro deles (que é o noso) con aproximadamente a metade de alumnado e profesorado, con cambios radicais de emprazamentos físicos (despachos, salas de reunións, etc.) e numerosas incógnitas no futuro inmediato de todos nós.

Así as cousas, calquera docente pode comprender o trastorno que causa nun centro de ensino a convivencia das clases cos escombros, cables, tubos, ruídos e persoas alleas ao centro, así como as distintas mudanzas que hai que ir realizando de despacho en despacho conforme estes van rematando as obras.

Tampouco é novo para ningún de nós ese desacougo que causa na Comunidade Educativa a posibilidade de cambio nunha dirección dun centro educativo, sobre todo tendo en conta o xa mencionado e que había dous equipos do IES loitando pola Dirección. Coincidiremos en que esas circunstancias non eran as mellores para levar a cabo ningún plan no Centro.

Ademais, por se non fose suficiente, a coordenación do grupo estivo ocupada por unha persoa que tiña outras importantes responsabilidades dentro e fóra do IES, o que agudizou máis a falla de motivación e organización.

Con todo, non queremos que todo iso sirva de desculpa; somos críticos e sabemos que puidemos facer algo máis. Aínda así, pensamos que algo si fomos facendo e por iso queremos insistir no que dixemos no punto anterior: somos optimistas cara ao futuro. Notamos, día a día, que o comportamento cívico do alumnado vai variando a mellor. Sirva como exemplo a limpeza do centro que, aínda sendo todo un problema, variou radicalmente nun par de anos.

6. CONCLUSIÓNS: LOGROS E INCIDENCIAS NO CENTRO

Como xa dixemos ao principio, quizais o maior logro de todo este proceso de implantación da A21E no IES de Fene foi a participación no mesmo dos diferentes sectores da Comunidade Educativa, o que dá grandes esperanzas para o vindeiro curso.

Actividades vanse facendo. As mási importantes para nós son aquelas que quedan implantadas dun curso para outro, mais non desprezamos as actividades puntuais relacionadas co medio ambiente, xa que axudan a reforzar os valores que lle tratamos de inculcar ao noso alumnado.

Queda moito por facer.

| |

|CRITERIOS VINCULADOS AO PROXECTO E AO DESENVOLVEMENTO EDUCATIVO DO CENTRO. |

| |

|Obxectivo: determinar unha idea consensuada acerca da sustentabilidade, a súa presenza no proxecto e nas prácticas educativas e |

|o grao de coherencia entre o que se pretende e o que se leva a cabo. |

Pregunta 1a. Proxecto Educativo do Centro(documentos escritos: avaliación do grao de vinculación coa sostibilidade dos documentos escritos coma o RRI, PEC, carteis, caras aos pais, folletos...))

|1 |2 |3 |4 |5 |

| |x | | | |

1. Os documentos escritos non inclúen ningunha referencia á sostibilidade, á importancia dunha xestión sostible dos recursos nin á educación ambiental para a sostibilidade.Non se fixeron revisións e axustes do PEC:

3. O PEC inclúe unha referencia (breve) á educación ambiental para a sostibilidade, pero non se concreta na formulación de obxectivos e accións específicas.

5. O PEC inclúe como mínimo un apartado do ideario do centro referido á sostibilidade. Se expresa e concreta en obxectivos e propostas de xestión educativas.

Pregunta 1b. Desenvolvemento Educativo do Centro( proxecto en acción: avaliar en qué grao os principios de sostibilidade forman parte -real- da vida cotiá na escola.)

|1 |2 |3 |4 |5 |

| | |x | | |

1. Se plantexan obxectivos e se organizan, puntualmente, accións educativas de carácter ambiental impulsadas xeralmente polo profesorado e/ou AMPA ou persoas motivadas en estas temáticas. Son accións previstas no proxecto de A21E e impulsadas, como mínimo, por unha parte do profesorado.

3. Ao longo de todo o curso realízanse accións de xestións e/ou educativas de carácter ambiental vinculadas ao ideario do PEC, programadas no proxecto da A21E e impulsadas, como mínimo, por unha parte do profesorado.

5. Os principios de sostibilidade forman parte do contexto institucional. Están presentes cotidianamente nas actividades colectivas de aula e dos grupos de alumnado que propón o claustro, na política de xestión dos recursos, na organización e xestión dos horarios e dos espazos e nas relacións entre os diferentes colectivos da comunidade educativa.

| |

|CRITERIOS VINCULADOS AO PROXECTO E AO DESENVOLVEMENTO CURRICULAR DO CENTRO. |

| |

|Obxectivo: identificar o grao de integración curricular dos contidos vinculados aos principios de sostibilidade ; así coma o |

|grao de coherencia entre o que se pretende ensinar e o que efectivamente se ensina e se aprende. |

Pregunta 2a. Proxecto Curricular do Centro(análise do documento do PCC)

|1 |2 |3 |4 |5 |

| |x | | | |

1. Dentro do PCC introducíronse novidades metodolóxicas no desenvolvemento dos contidos, actividades e recursos didácticos para favorecer o coñecemento e a comprensión das problemáticas socio ambientais locais e globais, así como as causas e as estratexias para prevelas.

3. Ademais do punto 1, se incorporaron no PCC novos enfoques metodolóxicos para o tratamento de aula dos contidos, actividades e recursos didácticos para aprender e confrontar diversos puntos de vista e perspectivas( científicas, económicas, sociais, legais...)coa fin de atopar unha solución para establecer múltiples relacións entre as variables, para aceptar a incerteza coma un facto habitual e esperable dentro da vida cotiá.

5. Ademais dos punto 1 e 3, se introducen dentro do PCC novos enfoques metodolóxicos para o tratamento de aula dos contidos, actividades e recursos didácticos para favorecer a aprendizaxe das habilidades sociais que impliquen ser cooperativos, responsabilidade individual e colectiva, autonomía, participación activa e compromiso para solucionar e prever problemáticas socio ambientais que poidan impedir o desenvolvemento sostible a nivel local e global.

Pregunta 2b.Desenvolvemento Curricular do Centro(avaliación dos contidos do PCC)

|1 |2 |3 |4 |5 |

| | |x | | |

1. A avaliación permanente da aprendizaxe ofrece datos que demostren que progresivamente que o alumnado coñece e comprende as problemáticas socio ambientais locais e globais; as súas causas, e as estratexias necesarias para solucionalas e prevelas.

3. Ademais do punto 1, a avaliación permanente da aprendizaxe ofrece datos que demostren que progresivamente que un número cada vez máis significativo de alumnos vai aprender a confrontar diversos puntos de vista e perspectivas co fin de atopar unha solución, establecer múltiples relacións entre as variables, aceptar a incerteza coma un facto habitual e esperable dentro da vida cotiá....

5. Ademais dos puntos 1 e 3, a avaliación permanente da aprendizaxe ofrece datos que demostren que unha parte significativa do alumnado é cada vez máis colaboradora, autónoma, responsable e comprometida.

|CRITERIOS VINCULADOS Á XESTIÓN DOS RECURSOS E Á MELLORA DO ENTORNO FÍSICO. |

| |

|Obxectivo:determinar as melloras introducidas no centro en relación á xestión dos recursos enerxéticos e a auga, o consumo de |

|materiais, a compra responsable, o tratamento dos residuos, a mobilidade, a mellora da biodiversidade e a calidade dos espazos |

|do centro e do seu entorno. |

Pregunta 3a. Xestión dos recursos.

|1 |2 |3 |4 |5 |

| |x | | | |

1. Se introduciron melloras significativas de infraestrutura, de organización ou nos comportamentos das persoas, en tres ou más aspectos da xestión dos recursos(auga, materiais, enerxía....)

3. Se diagnosticaron e introduciron melloras significativas de infraestrutura, de organización ou nos comportamentos das persoas e se fixo un seguimento permanente de tres ou máis aspectos da xestión dos recursos.

5. Despois da diagnose e da introdución de melloras, a xestión cotiá dos recursos respecta os principios da sostibilidade dun modo coherente entre si. É aceptada polo alumnado e os traballadores do centro(docentes e non docentes) e faise un seguimento permanente de estas prácticas para asegurar a súa continuidade e a coherencia entre elas.

Pregunta 3b. Melloras no entorno.

|1 |2 |3 |4 |5 |

| | |x | | |

1. Se introduciron melloras significativas nos espazos do centro e do entorno(aulas, espazos comúns, comedor, patio, xardín, rúas, barrio...)relacionados coa calidade ambiental(confort acústico, limpeza, mobilidade sostible, camiños dos escolares...) ou á mellora da biodiversidade( testos, xardín, estanque, horto, parque urbano...).

3. Se diagnosticaron e introduciron melloras significativas nos espazos do centro ou do entorno e realizouse un seguimento e mellora permanente.

5. Despois da diagnose e da introdución de melloras, a xestión cotiá do centro e do entorno construído e natural respecta os principios da sostibilidade dun modo coherente entre si. É aceptada polo alumnado e os traballadores do centro(docentes e non docentes) e faise un seguimento e mellora permanente.

|CRITERIOS VINCULADOS AO CLIMA SOCIAL E AO FUNCIONAMNETO INTERNO DO CENTRO. |

| |

|Obxetivo: detectar a calidade das innovacións que se manifestan no entorno social do centro, vinculadas aos principios da |

|sostibilidade: partcipación, comunicación, actitudes fronte ao cambio... |

Pregunta 4a. Participación.

|1 |2 |3 |4 |5 |

| |x | | | |

1. As accións relacionadas coa sostibilidade son suxeridas, programadas e organizadas por uns poucos profesores. Ocasional ou puntualmente algúns alumnos colaboran en cuestións que se lles encomendan.

3. As accións relacionadas coa sostibilidade son suxeridas, programadas e organizadas por unha parte importante do profesorado. O alumnado ten certo grado de liberdade, un espazo e uns tempos para suxerir e/ou planificar e/ou executar e/ou avaliar as iniciativas.

5. A toma de decisións e compromisos faise conxuntamente coas persoas e colectivos implicados. O alumnado ten oportunidades, tempos e espazos para suxerir, planificar, executar e avaliar as iniciativas.

Pregunta 4b. Comunicación.

|1 |2 |3 |4 |5 |

| |x | | | |

1. Predominan as estratexias informativas. O profesorado é quen xeralmente inicia un proceso comunicativo co alumnado, as familias e o persoal non docente.

3. Existen mecanismos que aseguran unha fluída e frecuente comunicación entre o alumnado, o alumnado e o profesorado, entre os profesores, entre o profesorado e as familias e os traballadores non docentes.

5. As persoas implicadas teñen acceso a unha información transparente, comprensible e rigorosa. Contribúese a que os alumnos sexan capaces de analizar, interpretar e valorar por si mesmos a información que receben. Existen mecanismos para asegurar procesos de comunicación entre os diferentes actores, dignos de un clima democrático.

Pregunta 4c. Actitudes fronte aos cambios.

|1 |2 |3 |4 |5 |

| | |x | | |

1. Un grupo relativamente numerosos de profesores e traballadores non docentes pensan que a introdución de criterios de sostibilidade no centro requiren de un tempo que non teñen e que implican a incorporación de cambios bastante complexos. Unha parte importante do alumnado se resiste a aceptar calquera tipo de cambio.

3. Un grupo relativamente numerosos de profesores e traballadores non docentes pensan que a introdución de criterios de sostibilidade no centro requiren de un tempo que non teñen e que implican a incorporación de cambios complexos que vaga a pena levar a cabo. Se organizar de forma cooperativa para distribuír as diferentes cuestións e responsabilidades. Afrontan os cambios sen opoñerse. Unha parte importante do alumnado acepta de bo grao os cambios que se lles propoñen.

5. Se potencia a creatividade das persoas implicadas na procura de novos modelos e solucións para acadar os retos. Se anima á presentación de propostas innovadoras. Se invita ao debate e reflexión sobre o tipo de organización escolar que permita unha vida harmónica entre as persoas i entre as persoas e o seu entorno. O alumnado implícase no debate e aporta iniciativas nos cambios propostos.

|CRITERIOS VINCULADOS ÁS RELACIÓNS CO ENTORNO EXTERIOR DO CENTRO. |

|Obxectivo;: detectar os diversos tipos de intercambio do centro co exterior, a súa finalidade e contidos, os actores que |

|interveñen a orixe., amplitude e intensidade de estas iniciativas... |

Pregunta 5a. Tipos de intercambios.

|1 |2 |3 |4 |5 |

| | |x | | |

1. Trátase dun centro aberto ao exterior: o barrio, a cidade e entornos máis cercanos. O alumnado sae da escola e incorpora á comunidade local- incluídas as familias- como un recurso para a aprendizaxe. A información sobre os acontecementos externos penetra no centro, analízase, valórase...

3. Establécense ligazóns horizontais e simétricas así coma intercambio de experiencias e coñecementos con outros centros educativos e/ou outros tipos de entidades en programas de aprendizaxe compartidos. Se potencian procesos comunicativos entre os diversos actores.

5. Se participa activamente en redes de aprendizaxe e acción, que impliquen a intervención no entorno, concello ou comunidade autónoma, en cooperación con outros centros ou entidades. Se potencian procesos comunicativos entre os diversos actores e implica a terceiros.

Pregunta 5b. Iniciativa e permanencia do intercambio.

|1 |2 |3 |4 |5 |

| | |x | | |

1. O centro implícase en campañas e proxectos puntuais nos que tamén se invitan a outros centros educativos e/ou outras entidades.

3. O centro se implica de maneira continuada en programas con outros centros educativos e/ou outras entidades.

5. O centro participa, con un compromiso continuado, na promoción e liderazgo de un programa.

-----------------------

IES DE FENE

Nº 1

LEMBRA:

AULA

BALEIRA,

LUCES

APAGADAS.

[pic]

................
................

In order to avoid copyright disputes, this page is only a partial summary.

Google Online Preview   Download