1



Lingua e Literatura 3ESO rodeira

PROGRAMACIÓN DE AULA:

Programación das unidades didácticas

1. Introdución

A programación da materia de Lingua Galega e Literatura considera as competencias básicas asociadas á materia, os obxectivos, os contidos e os criterios de avaliación de cada curso e concrétaos e organízaos en unidades didácticas.

En cada unha destas Unidades didácticas desenvólvense as secuencias de aprendizaxe segundo os criterios seguintes:

• Auméntase de xeito progresivo o grao de esixencia; xéranse situacións de ensinanza-aprendizaxe que supoñen un reto para o alumno/a, de forma que cada vez se lle esixe un grao de coñecementos e de estratexias máis amplo.

• Inícianse as novas aprendizaxes asegurando a base dos anteriores.

• Mantense un enfoque globalizador e interdisciplinario entre os contidos comúns a varias materias, de forma que, ao tratalos, se obteña unha visión completa destes.

• Desenvólvense os contidos atendendo á didáctica específica; vincúlanse coa contorna do alumnado e procúrase que descubran a súa funcionalidade, para que cada vez sexan máis significativos.

• Introdúcese e favorécese o tratamento formativo dos contidos transversais.

• Foméntase xeitos de razoar adecuados ao momento evolutivo do alumnado e introdúcese o método e o pensamento científico.

• Priviléxianse actividades que promoven a reflexión crítica sobre o que aprende e o xeito como o aprende.

• Invítase a traballar en equipo e a aprender en equipo.

• Favorécese a expresión clara e precisa do pensamento, mediante a linguaxe oral e escrita.

• Propóñense suficientes actividades de reforzo e ampliación, por adaptarse á maioría do alumnado.

• Dáselle á avaliación un carácter formativo para o alumno/a e para o profesor/ora, e incorpórase o carácter orientador característico desta etapa.

As competencias básicas na materia de Lingua Galega e Literatura

Rodeira entende as competencias básicas como as aprendizaxes que se consideran imprescindibles e que o alumno debe desenvolver ao acabar esta etapa para lograr a súa realización persoal, o exercicio da cidadanía activa, a incorporación satisfactoria á vida adulta e o desenvolvemento dunha aprendizaxe permanente ao longo da vida.

Os ámbitos de competencias básicas identificados son os seguintes:

• Competencia en comunicación lingüística

• Competencia matemática

• Competencia no coñecemento e na interacción co mundo físico

• Competencia no tratamento da información e competencia dixital

• Competencia social e cidadá

• Competencia cultural e artística

• Competencia para aprender a aprender

• Competencia para a autonomía e a iniciativa persoal

Polo súa mesma natureza, as competencias básicas teñen un carácter transversal; polo tanto, cada unha das competencias básicas lograrase a partir do traballo nas diversas materias da etapa.

2. Estrutura do libro e das unidades

O Libro do Alumno de Lingua Galega e Literatura de 3.o ESO consta de nove Unidades didácticas, tres monográficos de Recursos para aprender e tres Avaliacións de competencias básicas, ademais dun Prontuario onde se recolle información necesaria e útil para o alumno/a.

As unidades didácticas seguen a estrutura seguinte, repartida en eixos: Presentación da unidade, Lectura e comprensión da lectura, Funcionamento da lingua (Léxico e semántica, Gramática e Ortografía), Lingua oral e escrita, Lingua e sociedade, Literatura, Síntese e Xogar coa lingua/Sabías que…?.

Respondendo ao criterio de atención á diversidade, ao longo da unidade, nos diferentes apartados, ofrécense unha proposta variada de actividades de reforzo e de ampliación. Trátase de actividades pautadas para reforzar os contidos adquiridos na unidade e tamén outras que amplían estes contidos.

A estrutura das Unidades didácticas é a seguinte:

• Presentación da unidade. Son as páxinas iniciais onde aparece unha imaxe inicial, relacionada co contido da unidade, enuméranse os contidos que se traballan e preséntanse as competencias básicas que se desenvolven.

• Lectura e comprensión. Preséntase unha selección de textos de tipoloxías diversas con propostas para comprendelos: antes, durante e tras a lectura. Trabállanse competencias básicas relacionadas coa práctica das destrezas necesarias para comprender correctamente textos de tipoloxía diversa.

• Funcionamento da lingua: Baixo esta denominación xenérica incluímos tres apartados en cada unidade para traballar aspectos internos da lingua: Léxico e Semántica, Gramática e Ortografía. Propóñense secuencias de aprendizaxe con actividades de gramática, ortografía e léxico co fin de lograr un maior dominio da lingua. Trabállanse competencias básicas relacionadas coa práctica das destrezas necesarias para comprender oracións, escribir palabras correctamente e utilizar un vocabulario variado e preciso…

• Lingua oral e escrita. Analízanse e elabóranse textos de diversas tipoloxías. Actividades ligadas á vida cotiá co fin de favorecer a competencia oral e escrita do alumnado. Trabállanse competencias básicas relacionadas coa práctica das destrezas necesarias para comprender e producir todo tipo de textos orais e escritos axustándose ás diferentes situacións comunicativas.

• Lingua e sociedade. Por unha banda, estúdase a evolución da lingua desde a súa orixe até o século XIX e, por outra, analízase polo miúdo e promóvese a reflexión sobre contidos que poñen en relación a sociedade e a lingua: a lingua nos medios de comunicación, o uso dunha linguaxe non-sexista, o conflito lingüístico, a normalización lingüística, as interferencias lingüísticas...

• Literatura. Promóvese un contacto continuo e activo coa literatura, cun achegamento aos principais períodos, feitos histórico-sociais e feitos literarios da historia da literatura galega. Trabállanse igualmente competencias básicas relacionadas coa lectura expresiva e comprensiva de textos literarios que fomenten unha adecuada interpretación destes e a produción creativa de textos propios.

• Síntese. Proponse un apartado que recolle a síntese dos contidos traballados na unidade.

• Xogar coa lingua/Sabías que...? Como peche da unidade, faise unha presentación amena de información que complementa os contidos da unidade e/ou de actividades-xogo para traballalos de forma lúdica.

Nos Monográficos fanse unhas propostas de dous tipos. Nunha primeira parte, preséntase un apartado de Recursos para aprender, onde se facilitan recursos e técnicas de aprendizaxe e de estudo. Nunha segunda parte, aparece unha Avaliación trimestral de competencias básicas con actividades de síntese que permiten valorar os coñecementos e destrezas adquiridas ao longo do trimestre desde o punto de vista das competencias básicas.

3. Programación

Unidade 1: A influencia da televisión

1.1 Obxectivos didácticos

• Ler textos coa intención de gozar deles.

• Coñecer os procesos de renovación do léxico e ampliar e precisar o vocabulario.

• Recoñecer as unidades morfosintácticas, a palabra como signo lingüístico e a estrutura da palabra.

• Inducir e aplicar as regras xerais de acentuación.

• Coñecer os trazos básicos do xornalismo: as seccións do xornal, os xéneros xornalísticos e a linguaxe xornalística.

• Coñecer o proceso de formación e evolución histórica da lingua galega.

• Recoñecer os trazos básicos dos textos literarios así como das principais disciplinas que estudan estes textos.

• Utilizar as novas tecnoloxías da información para a busca de información e para a aprendizaxe.

1.2 Competencias básicas

Competencia en comunicación lingüística

• Ser competente en comprender os textos da unidade.

• Ser competente para expresar de xeito oral e escrito as diferentes actividades que se presentan.

• Adquirir novo vocabulario a partir de actividades de aprendizaxe e da utilización do dicionario.

• Ter capacidade de tomar a lingua como obxecto de observación e de análise.

• Xerar ideas e estruturar o coñecemento para expresar pensamentos, emocións, vivencias e opinións.

• Dar coherencia e cohesión ao discurso.

• Adoptar unha actitude correcta á hora de escoitar e de expresarse de forma oral.

Competencia matemática

• Ter capacidade para interpretar e expresar con claridade e precisión informacións e argumenacións.

• Empregar a lóxica dedutiva e indutiva nas aprendizaxes.

Tratamento da información e competencia dixital

• Ler e interpretar de forma reflexiva e crítica as informacións aparecidas nos medios de comunicación.

• Buscar, obter, procesar e transformar información en coñecemento.

• Utilizar as novas tecnoloxías da información para a busca da información, para a aprendizaxe e tamén para a comunicación.

Competencia social e cidadá

• Valorar a pluralidade lingüística como un valor que se debe preservar e amosar respecto polas persoas que utilicen unha lingua diferente.

• Participar, tomar decisións, elixir como comportarse en determinadas situacións e responsabilizarse das eleccións adoptadas.

Competencia cultural e artística

• Expresarse, percibir, comprender gozar e enriquecerse con diferentes realidades e producións do mundo da literatura.

• Identificar as relacións entre as manifestacións literarias e a sociedade ou a persoa que as crea.

• Usar a imaxinación e a creatividade para expresarse.

Competencia para aprender a aprender

• Ser consciente do que sabe e do que cómpre aprender.

• Ser quen de formular preguntas para resolver as dúbidas.

• Ser capaz de autoavaliarse.

• Saber administrar o esforzo, aceptar os erros e aprender de e cos demais compañeiros/as.

Autonomía e iniciativa persoal

• Usar, de xeito progresivamente autónomo, os medios de comunicación social e as tecnoloxías da información e da comunicación.

• Valorar o feito de estar ben informado e interesarse por recoller informacións variadas e obxectivas sobre aquilo que interesa.

• Ser consciente da súa responsabilidade e coñecerse a si mesmo.

• Ser quen de aprender dos erros propios de rectificar e asumir riscos.

1.3 Ensinanzas transversais

• Educación moral e cívica: ao longo da unidade son varias as actividades nas que o alumnado debe traballar en grupo, favorecendo a asimilación dos conceptos de comunicación e diálogo como mecanismos de comprensión e entendemento entre as persoas. O apartado de Lectura tamén axuda a reflexionar sobre a diversidade cultural e sobre o comportamento cívico.

• Educación para o lecer: a aproximación á literatura como forma enriquecedora de lecer está presente tanto no apartado de Lectura como no de Literatura.

1.4 Contidos

Conceptos

• Os medios de comunicación.

• O léxico do galego.

• As unidades morfosintácticas.

• A palabra como signo lingüístico.

• A estrutura da palabra.

• As regras xerais de acentuación gráfica.

• O xornalismo e as seccións dun xornal.

• Os xéneros xornalísticos.

• A linguaxe xornalística.

• Orixe e formación da lingua galega.

• A literatura: as súas disciplinas.

• Periodización da literatura galega.

Procedementos

• Anticipación da temática da lectura a partir dunha ficha sobre o autor e a súa obra e dunhas preguntas previas.

• Lectura dun texto narrativo e comprensión deste a través de diversas cuestións sobre o seu contido.

• Reflexión razoada sobre un fragmento da lectura.

• Desenvolvemento dun coloquio sobre a influencia da televisión na sociedade.

• Pescuda, en grupos, de frases célebres sobre a televisión.

• Ampliación e precisión léxica.

• Identificación das diferentes posibilidades na evolución do léxico do galego.

• Distinción das unidades morfosintácticas.

• Recoñecemento das principais características do signo lingüístico.

• Estudo da 1.a articulación da palabra: tipos de monemas (lexemas e morfemas).

• Indución e aplicación das regras de acentuación gráfica.

• Localización das seccións dun xornal.

• Identificación das características dos diferentes xéneros xornalísticos e a linguaxe que empregan.

• Identificación da orixe do léxico galego: base latina e contribucións das linguas de substrato e do superestrato.

• Recoñecemento das principais disciplinas que estudan a literatura.

• Distinción das etapas clave da historia da literatura galega.

Valores

• Valoración da fantasía como medio para crear textos literarios.

• Desexo de ampliar e precisar o propio vocabulario.

• Interese por coñecer a estrutura interna das palabras.

• Interese por coñecer e aplicar as normas ortográficas.

• Hábito de traballar en grupo.

• Valoración dos medios de comunicación como medios de transmisión de información.

• Interese por informase nos medios de comunicación e facelo cunha actitude crítica.

• Curiosidade pola orixe do léxico galego.

• Interese pola literatura como manifestación da historia dun pobo.

1.5 Actividades

• Lectura dos datos da autora e da súa obra e resposta a unhas preguntas sobre o tema da lectura.

• Lectura dun fragmento da novela Isilda, a portuguesa, de Cristina Frasié.

• Resposta a unhas cuestións para comprobar a comprensión lectora.

• Elaboración dun texto de carácter crítico partindo dun fragmento tirado da lectura.

• Realización dun coloquio sobre a influencia da televisión na sociedade.

• Resolución de actividades de ampliación e precisión léxicas arredor do campo semántico dos medios de comunicación.

• Observación dunha serie de palabras para comprender como muda o léxico do galego.

• Investigación sobre os étimos e a orixe dunha listaxe pechada de palabras.

• Investigación do resultado dunha serie de arcaísmos no galego actual.

• Observación dun esquema sobre a unidades morfolóxicas para a creación de unidades maiores e achega de novos exemplos.

• Práctica sobre o carácter biplánico das palabras.

• Resolución de actividades para a identificación e clasificación de morfemas.

• Identificación de morfemas independentes nunha serie de refráns.

• Localización do elemento que non se corresponde cos demais ao non posuír morfemas facultativos.

• Recoñecemento dos morfemas constitutivos que aparecen nun pequeno texto.

• Resolución da análise morfolóxica dunha serie de palabras seguindo un esquema dado.

• Observación de tres listaxes de palabras agrupadas pola sílaba tónica.

• Elaboración dun esquema dado parcialmente para tirar as regras xerais de acentuación a partir dos exemplos das listaxes anteriores e achegando outros novos.

• Comprobación e corrección mediante o contraste dos resultados cun compañeiro/a.

• Achega dunha serie de palabras coa mesma sílaba tónica acentuada.

• Distinción de pares de palabras polo acento gráfico e por ter diferentes sílabas tónicas.

• Acentuación xustificada dunha serie de oracións e dun texto.

• Localización de textos pertencentes aos diferentes xéneros xornalísticos.

• Identificación dos trazos da linguaxe xornalística a partir dun texto.

• Observación sobre as distintas fases da orixe do galego.

• Asociación e clasificación nun esquema dado entre unha serie de étimos e as palabras galegas que orixinaron.

• Distinción das disciplinas literarias a través da identificación de tres exemplos.

• Asociación duns datos co período da historia da literatura galega ao que corresponde.

• Localización nunha sopa de letras silábica de oito títulos de obras clásicas da literatura galega.

Actividades de reforzo

• Asociación entre étimos latinos e a palabra galega en que derivou.

• Resolución dunha táboa de dobre entrada para distinguir enunciados verdadeiros e falsos sobre a unidades morfosintácticas e transformación das falsas en verdadeiras .

• Asociación entre unha serie de palabras dadas e os tipos de monemas que se achegan mediante un esquema.

• Escolla entre varias posibilidades para completar afirmacións sobre as regas de acentuación.

• Asociación entre títulos de noticias coa súa correspondente sección.

• Lectura de tres textos e a súa asociación xustificada a unha disciplina literaria.

• Asociación de afirmacións cun período da literatura galega.

Actividades de ampliación

• Elaboración dun comentario persoal a partir dun texto tirado de Historia da lingua galega de Pepe Carreiro.

• Investigación para a elaboración da definición de «latín vulgar» e «latín clásico».

• Investigación en grupo na biblioteca e busca de obras relacionadas co estudo da literatura.

• Investigación en grupo sobre a definición de «literatura» e elaboración dunha definición por común acordo.

1.6 Avaliación

Criterios de avaliación

• Empregar con corrección o vocabulario referido aos medios de comunicación.

• Identificar as diferentes unidades morfosintácticas.

• Recoñecer por que as palabras son signos e descompoñelas nos seus constituíntes morfolóxicos.

• Acentuar de forma axeitada os diferentes tipos de palabras (agudas, graves e esdrúxulas) segundo as regras xerais de acentuación.

• Sinalar as diferentes seccións dun xornal.

• Recoñecer os diferentes xéneros xornalísticos.

• Comprender a orixe e formación da lingua galega.

• Identificar léxico básico de substrato e superestrato.

• Identificar as principais disciplinas literarias e recoñecer os grandes períodos da literatura galega.

• Utilizar adecuadamente distintos medios e soportes electrónicos para procesar e xestionar información.

Actividades de avaliación

• Compleción dun texto sobre as características do signo lingüístico.

• Clasificación dos morfemas dependentes dunhas palabras.

• Acentuación gráfica das palabras dunhas oracións.

• Clasificación dunhas palabras segundo a etapa de formación do galego á que correspondan.

• Elaboración dun esquema sobre as disciplinas dedicadas ao estudo da literatura.

Unidade 2: Corenta anos do Erkowit

2.1 Obxectivos didácticos

• Ler textos coa intención de gozar deles.

• Distinguir os procesos de acrecentamento interno e externo da lingua e ampliar e precisar o vocabulario.

• Recoñecer a oración simple e as principais funcións sintácticas que se desenvolven dentro dela

• Distinguir e comprender a estrutura dos ditongos, tritongos e hiatos.

• Identificar as características básicas da linguaxe cinematográfica.

• Coñecer a historia externa e os trazos lingüísticos da lingua galego- -portuguesa medieval.

• Ler as cantigas de amigo e de amor e recoñecer os seus trazos formais e de contido máis importantes.

• Utilizar as novas tecnoloxías da información para a busca de información e para a aprendizaxe.

2.2 Competencias básicas

Competencia en comunicación lingüística

• Ser competente en comprender os textos da unidade.

• Ser competente para expresar de xeito oral e escrito as diferentes actividades que se presentan.

• Adquirir novo vocabulario a partir de actividades de aprendizaxe e da utilización do dicionario.

• Ter capacidade de tomar a lingua como obxecto de observación e de análise.

• Xerar ideas e estruturar o coñecemento para expresar pensamentos, emocións, vivencias e opinións.

• Dar coherencia e cohesión ao discurso.

• Adoptar unha actitude correcta á hora de escoitar e de expresarse de forma oral.

Competencia matemática

• Ter capacidade para interpretar e expresar con claridade e precisión informacións e argumentacións.

• Empregar a lóxica dedutiva e indutiva nas aprendizaxes.

Competencia no coñecemento e na interacción co mundo físico

• Mellorar as condicións de vida propia, das demais persoas e do resto dos seres vivos.

• Percibir adecuadamente o espazo físico no que se desenvolve a vida e a actividade humana.

• Ser consciente da influencia que ten a presenza das persoas no espazo, as modificacións que introducen e as paisaxes resultantes.

• Procurar a conservación dos recursos e da diversidade natural.

• Adoptar unha disposición a unha vida física e mental saudable nun contorno natural e social saudable.

Tratamento da información e competencia dixital

• Ler e interpretar de forma reflexiva e crítica as informacións aparecidas nos xornais, como poden ser os artigos xornalísticos.

• Buscar, obter, procesar e transformar información en coñecemento.

• Utilizar as novas tecnoloxías da información para a busca da información, para a aprendizaxe e tamén para a comunicación.

Competencia social e cidadá

• Valorar a pluralidade lingüística como un valor que se debe preservar e amosar respecto polas persoas que utilicen unha lingua diferente.

• Participar, tomar decisións, elixir como comportarse en determinadas situacións e responsabilizarse das eleccións adoptadas.

Competencia cultural e artística

• Expresarse, percibir, comprender gozar e enriquecerse con diferentes realidades e producións do mundo da literatura.

• Identificar as relacións entre as manifestacións literarias e a sociedade ou a persoa que as crea.

• Usar a imaxinación e a creatividade para expresarse.

Competencia para aprender a aprender

• Ser consciente do que sabe e do que cómpre aprender.

• Formular preguntas para resolver as dúbidas.

• Ser capaz de autoavaliarse.

• Saber administrar o esforzo, aceptar os erros e aprender de e cos demais compañeiros/as.

Autonomía e iniciativa persoal

• Usar, de xeito progresivamente autónomo, os medios de comunicación social e as tecnoloxías da información e da comunicación.

• Valorar o feito de estar ben informado e interesarse por recoller informacións variadas e obxectivas sobre aquilo que interesa.

• Ser consciente da súa responsabilidade e coñecerse a si mesmo.

• Ser quen de aprender dos erros propios de rectificar e asumir riscos.

2.3 Ensinanzas transversais

• Educación ambiental: o apartado da Lectura axuda a apreciar e a reflexionar sobre a importancia do coidado das costas galegas e do ambiente en xeral. Tamén contribúe a isto a sección de Léxico e semántica, ambas os dous apartados axudan a concienciar o alumnado da necesidade de adoptar hábitos individuais para evitar o deterioro do noso contorno.

• Educación moral e cívica: no apartado de Léxico e semántica «O acrecentamento do léxico» axuda a entender o continuo contacto entre as linguas e, polo tanto, o contacto entre sociedades diferentes o que contribúe a aumentar o coñecemento e a valoración doutras culturas. Ademais, ao longo da unidade son varias as actividades nas que o alumnado debe traballar en grupo, favorecendo a asimilación dos conceptos de comunicación e diálogo como mecanismos de comprensión e entendemento entre as persoas.

• Educación para o lecer: no apartado de Lingua oral e escrita preténdese achegar o alumnado ao mundo do cine como unha boa opción para gozaren no seu tempo libre, ademais de desenvolveren o seu gusto estético e xuízo crítico. Ademais, a aproximación á literatura como forma enriquecedora de lecer está presente no apartado de Literatura.

• Educación sexual: a descrición do amor da lírica medieval no apartado de Literatura serve de pretexto para traballar a expresión dos sentimentos.

• Educación para a igualdade de oportunidades entre os sexos: a descrición dos roles que se establecen na lírica medieval que se ven no apartado de Literatura pode servir para traballar a igualdade de xénero tanto no aspecto sentimental coma no social.

2.4 Contidos

Conceptos

• A paisaxe mariña.

• Os procedementos de acrecentamento lexical.

• A oración simple.

• As funcións sintácticas: suxeito, predicado, OD, OI, CR, ATR, PVO e CC.

• O ditongo, o tritongo e o hiato.

• A linguaxe cinematográfica.

• A historia do cine galego.

• As características do galego medieval.

• A lírica medieval.

• A cantiga de amigo e a cantiga de amor.

Procedementos

• Anticipación da temática da lectura a partir dunha ficha sobre o autor e a súa obra e dunhas preguntas previas.

• Lectura dun artigo xornalístico e comprensión deste a través de diversas cuestións sobre o seu contido.

• Selección razoada do fragmento do texto que sintetice a temática ecoloxista do artigo.

• Desenvolvemento dun coloquio sobre os feitos e opinións expostos no artigo.

• Investigación en grupos e elaboración dunha «Guía de naufraxios» nas costas galegas.

• Ampliación e precisión léxica.

• Identificación dos principais procesos de acrecentamento interno e externo do léxico da lingua galega.

• Descrición dos constituíntes de cada función sintáctica e pautas para o seu recoñecemento.

• Observación e clasificación de ditongos, tritongos e hiatos segundo a súa diferente división silábica.

• Análise do cine como mestura doutras artes e como acto comunicativo.

• Distinción dos medios expresivos máis importantes da linguaxe do cine: as distintas unidades de acción (planos, escenas e secuencias), o encadre e os efectos sonoros e visuais.

• Coñecemento da filmografía galega máis importante.

• Recoñecemento da situación da lingua galego-portuguesa na Idade Media e identificación dos seus principais trazos lingüísticos.

• Identificación das características temáticas e formais das cantigas de amigo e de amor.

Valores

• Valoración dos artigos xornalísticos como fonte de crítica social.

• Interese por ampliar e precisar o propio vocabulario.

• Valoración da importancia da conservación e protección do medio.

• Interese por coñecer os recursos internos e externos de acrecentamento do léxico do galego.

• Toma de consideración da lingua como obxecto de observación e de análise.

• Valoración da sintaxe como a disciplina que regula o modo correcto de construír oracións.

• Interese por coñecer e aplicar as normas de división silábica, especialmente en ditongos, tritongos e hiatos.

• Goce do cine pola súa dimensión estética, como espectáculo e como medio de expresión cultural.

• Interese por ampliar o coñecemento sobre o cine.

• Valoración do cine galego.

• Aprecio pola lingua galega como lingua irmá doutros idiomas románicos.

• Interese por coñecer máis trazos asociados ao galego-portugués.

• Goce da lírica medieval pola súa dimensión estética e como alicerce da nosa literatura.

2.5 Actividades

• Lectura dos datos do autor e da súa obra e resposta a unhas preguntas sobre o tema da lectura.

• Lectura da adaptación dun artigo pertencente ao libro Contos da Coruña de Xurxo Souto.

• Resposta a unhas cuestións para comprobar a comprensión lectora.

• Selección razoada do fragmento do texto que sintetice a temática ecoloxista do artigo.

• Realización dun coloquio sobre os feitos e opinións expostos no artigo.

• Investigación en grupos e elaboración dunha «Guía de naufraxios» nas costas galegas.

• Resolución de actividades de ampliación e precisión léxicas arredor do campo semántico da paisaxe mariña.

• Observación dunha serie de palabras destacadas nunha oración.

• Investigación e clasificación dun grupo de palabras segundo formen parte do acrecentamento interno ou externo a lingua galega.

• Observación dos constituíntes que forman un enunciado para a reflexión.

• Localización e substitución pronominal do OD e OI.

• Asociación entre verbos e as preposicións que rexen e elaboración dunha oración para a súa exemplificación.

• Distinción entre atributo e predicativo.

• Compleción de oracións seguindo as estruturas sintácticas dadas.

• Identificación das funcións sintácticas das frases destacadas dun texto.

• Creación de oracións seguindo as estruturas sintácticas dadas.

• Observación dunha serie de palabras e dunha táboa coa explicación da formación dun ditongo, tritongo e hiato.

• Copiado da táboa e clasificación das palabras das tres listaxes anteriores.

• Resolución dun encrucillado con palabras con ditongo, tritongo e hiato e a súa posterior clasificación.

• Asociación entre ditongo ou vogal para construír unha palabra.

• Achega de exemplos que conteñan un hiato dado.

• Identificación de tritongos nunha serie de palabras onde se dá o encontro de tres vogais.

• Análise da linguaxe cinematográfica tras o visionado dun filme galego.

• Elaboración dun esquema a partir da información dun fragmento de Historia da lingua galega de Xosé R. Freixeiro e Anxo Gómez.

• Adaptación ao galego actual dun texto en galego medieval e identificación dos trazos lingüísticos do galego medieval.

• Lectura dunhas estrofas de cantigas de amigo e identificación sobre a súa temática e modalidade.

• Composición dunha cantiga de amigo propia, partindo dunha estrofa dada.

• Lectura de estrofas de cantigas de amor e identificación do tema que predomina.

Actividades de reforzo

• Clasificación de oito palabras segundo sexan os elementos que as forman por derivación ou composición.

• Localización do suxeito, e, de ser o caso, clasificación en oracións de suxeito elidido, unipersoal ou impersoal, e do predicado dun grupo de oracións.

• Identificación da palabra estraña ao grupo no que se encontra, asociado á existencia ou non se ditongo, tritongo ou hiato.

• Lectura dunha cantiga de amor e identificación do sentimento que predomina así como o recoñecemento das principais figuras: refrán, leixaprén e paralelismo.

• Lectura de dúas cantigas (unha de amor e outra de amigo) e elaboración dun resumo en prosa de cada unha delas e indicación do aspecto formal e do plano do contido das cantigas, así como do subxénero en relación á existencia ou non de refrán.

Actividades de ampliación

• Localización nun texto de todos os ditongos, tritongos e hiatos, e a súa posterior clasificación atendendo á súa estrutura interna.

• Escolla dun tema e, posteriormente, a realización dunha investigación e a súa exposición no centro.

• Creación dunha curtametraxe seguindo unha serie de pautas.

• Investigación sobre versións actuais de cantigas de amigo e súa audición.

• Confrontación temática das cantigas de amor con cancións actuais nas que se expresen os mesmos temas.

2.6 Avaliación

Criterios de avaliación

• Utilizar de forma apropiada vocabulario referido á paisaxe mariña.

• Discernir entre o acrecentamento interno e externo do léxico galego.

• Distinguir as principais funcións sintácticas dos constituíntes dunha oración.

• Recoñecer ditongos, tritongos e hiatos.

• Dividir correctamente en sílabas palabras que conteñan ditongos, tritongos e hiatos.

• Identificar os medios expresivos do cine e os diferentes xéneros cinematográficos.

• Coñecer os fitos máis relevantes no cine galego.

• Identificar os trazos lingüísticos máis relevantes do galego-portugués.

• Identificar as características principais da lírica medieval galego-portuguesa e diferenciar as cantigas de amigo e de amor.

• Empregar adecuadamente distintos medios e soportes electrónicos para buscar e xestionar información.

Actividades de avaliación

• Identificación das palabras relativas á paisaxe natural que corresponden a unhas definicións dadas.

• Clasificación xustificada das frases subliñadas nunhas oracións..

• Segmentación en sílabas dunhas palabras e distinción dos ditongos, tritongos e hiatos que conteñen.

• Síntese da situación sociolingüística de Galicia entre os sécalos IX e XIV.

• Identificación dos recursos do paralelismo, do leixaprén e do refrán nunha cantiga de amigo.

Unidade 3: A soidade de Anaíd

3.1 Obxectivos didácticos

• Ler textos coa intención de gozar deles.

• Distinguir e utilizar os sufixos máis comúns e ampliar e precisar o vocabulario.

• Aplicar ben unha técnica de análise morfosintáctica.

• Inducir as regras de acentuación gráfica en ditongos, tritongos e hiatos.

• Realizar un programa de radio a partir dun guión.

• Coñecer e valorar a presenza da lingua galega nos medios de comunicación.

• Recoñecer os trazos básicos da nosa lírica medieval e gozar da lectura dalgunhas cantigas.

• Utilizar as novas tecnoloxías da información para a busca de información e para a aprendizaxe.

3.2 Competencias básicas

Competencia en comunicación lingüística

• Ser competente en comprender os textos da unidade.

• Ser competente para expresar de xeito oral e escrito as diferentes actividades que se presentan.

• Adquirir novo vocabulario a partir de actividades de aprendizaxe e da utilizacion do dicionario.

• Ter capacidade de tomar a lingua como obxecto de observación e de análise.

• Xerar ideas e estruturar o coñecemento para expresar pensamentos, emocións, vivencias e opinións.

• Dar coherencia e cohesión ao discurso.

• Adoptar unha actitude correcta á hora de escoitar e de expresarse de forma oral.

Competencia matemática

• Ter capacidade para interpretar e expresar con claridade e precisión informacións e argumentacións.

• Empregar a lóxica dedutiva e indutiva nas aprendizaxes.

Competencia no coñecemento e na interacción co mundo físico

• Interactuar co mundo físico para comprender os sucesos e as consecuencias.

• Percibir adecuadamente o espazo físico no que se desenvolve a vida e a actividade humana.

• Ser consciente da influencia que ten a presenza das persoas no espazo, as modificacións que introducen e as paisaxes resultantes.

• Procurar a conservación dos recursos e da diversidade natural.

• Adoptar unha disposición a unha vida física e mental saudable nun contorno natural e social saudable.

Tratamento da información e competencia dixital

• Ler e interpretar de forma reflexiva e crítica a información.

• Buscar, obter, procesar e transformar información en coñecemento.

• Utilizar as novas tecnoloxías da información para a busca da información, para a aprendizaxe e tamén para a comunicación.

Competencia social e cidadá

• Valorar a pluralidade lingüística como un valor que se debe preservar e amosar respecto polas persoas que utilicen unha lingua diferente.

• Participar, tomar decisións, elixir como comportarse en determinadas situacións e responsabilizarse das eleccións adoptadas.

• Recoñecer a igualdade de dereitos entre os diferentes colectivos.

Competencia cultural e artística

• Expresarse, percibir, comprender gozar e enriquecerse con diferentes realidades e producións do mundo da literatura.

• Identificar as relacións entre as manifestacións literarias e a sociedade ou a persoa que as crea.

• Usar a imaxinación e a creatividade para expresarse.

Competencia para aprender a aprender

• Ser consciente do que sabe e do que cómpre aprender.

• Formular preguntas para resolver as dúbidas.

• Ser capaz de autoavaliarse.

• Saber administrar o esforzo, aceptar os erros e aprender de e cos demais compañeiros/as.

Autonomía e iniciativa persoal

• Usar, de xeito progresivamente autónomo, os medios de comunicación social e as tecnoloxías da información e da comunicación.

• Valorar o feito de estar ben informado e interesarse por recoller informacións variadas e obxectivas sobre aquilo que interesa.

• Ser consciente da súa responsabilidade e coñecerse a si mesmo.

• Ser quen de aprender dos erros propios de rectificar e asumir riscos.

3.3 Ensinanzas transversais

• Educación moral e cívica: ao longo da unidade son varias as actividades nas que o alumnado debe traballar en grupo, favorecendo a asimilación dos conceptos de comunicación e diálogo como mecanismos de comprensión e entendemento entre as persoas. Ademais, o apartado de Lectura contribúe a traballar temas asociados á integración social e ao respecto polos iguais. No apartado de Lingua e sociedade pódese traballar o respecto polos dereitos lingüísticos e a non-discriminación. No apartado de Literatura co estudo das Cantigas de Santa María contribúe a falar da relixión e do respecto polas crenzas de cadaquén.

• Educación para o lecer: a aproximación á literatura como forma enriquecedora de lecer está presente tanto no apartado de Lectura como no de Literatura. No apartado de Lingua oral e escrita tamén se ensina contidos asociados ao lecer coa elaboración dun guión dun programa de radio ao tempo que se fomenta este medio de comunicación como unha opción de lecer e de información.

• Educación ambiental: o apartado da Léxico e semántica axuda a apreciar e a reflexionar sobre a importancia do coidado da diversidade natural e do ambiente en xeral.

• Educación para a paz: as cantigas de escarnio e maldicir poden servir para desenvolver no alumno/a unha actitude crítica ante as burlas e a falta de respecto cara aos demais, fomentando pola contra a cordialidade na convivencia.

• Educación para a igualdade de oportunidades entre os sexos: a descrición dos roles que se establecen na lírica medieval que se ven no apartado de Literatura pode servir para traballar a igualdade de xénero tanto no aspecto sentimental coma no social.

• Educación sexual: a descrición do amor da lírica medieval no apartado de Literatura serve de pretexto para traballar a expresión dos sentimentos, especialmente ao estudar a pastorela.

3.4 Contidos

Conceptos

• As plantas.

• A derivación: os sufixos.

• As análise morfosintáctica.

• A acentuación de ditongos, tritongos e hiatos.

• O programa de radio.

• A lingua galega nos medios de comunicación.

• As cantigas de escarnio e de maldicir: características temáticas e formais.

• Os xéneros menores: a pastorela, o pranto e a tenzón.

• As Cantigas de Santa María.

Procedementos

• Anticipación da temática da lectura a partir dunha ficha sobre o autor e a súa obra e dunhas preguntas previas.

• Lectura dun texto narrativo e comprensión deste a través de diversas cuestións sobre o seu contido.

• Reflexión sobre os sentimentos que aparecen na lectura e sobre os seus desencadeantes.

• Investigación sobre a triloxía á que pertence a lectura e coloquio sobre os aspectos que lle resultan máis atraentes.

• Ampliación e precisión léxica.

• Observación do proceso de formación de palabras derivadas a través da sufixación.

• Recoñecemento dos principais sufixos.

• Identificación das principais siglas e abreviaturas correspondentes ás categorías e funcións.

• Desenvolvemento da análise morfosintáctica mediante o esquema arbóreo.

• Observación, a través de exemplos, das regras de acentuación de palabras con ditongos, tritongos e hiatos.

• Lectura dun guión real e realización dun programa radiofónico.

• Análise, a partir duns esquemas, da presenza do galego nos medios de comunicación.

• Coñecemento da lexislación debe garantir o uso do galego nos medios de comunicación.

• Recoñecemento dos trazos básicos das cantigas de escarnio e de maldicir, dos xéneros menores e das Cantigas de Santa María.

Valores

• Valoración da fantasía como fonte de creación literaria.

• Interese por ampliar e precisar o propio vocabulario.

• Valoración da importancia da conservación e protección do medio.

• Desexo de coñecer máis sufixos dentro do proceso de acrecentamento interno do léxico do galego.

• Toma de consideración da lingua como obxecto de observación e de análise.

• Valoración da sintaxe como a disciplina que regula o modo correcto de construír oracións.

• Interese pola corrección na acentuación de palabras con ditongos, tritongos e hiatos.

• Curiosidade no funcionamento dos programas de radio.

• Valoración dos programas de radio como entretemento e medio de información.

• Interese por afondar máis sobre o uso e importancia do galego nos medios de comunicación.

• Hábito de traballar en grupo.

• Goce da literatura medieval pola súa dimensión estética e como medio de expresión.

3.5 Actividades

• Lectura dos datos da autora e da súa obra d resposta a unhas preguntas sobre o tema da lectura.

• Lectura dun fragmento da novela O clan da loba, de Maite Carranza.

• Resposta a unhas cuestións para comprobar a comprensión lectora.

• Identificación dos fragmentos da lectura nos que se manifestan uns sentimentos dados.

• Investigación sobre a triloxía á que pertence a lectura e realización dun coloquio sobre os aspectos que lle resultan máis atraentes.

• Resolución de actividades de ampliación e precisión léxicas arredor do campo semántico das plantas.

• Achega de voces derivadas a partir das palabras que se dan.

• Localización de palabras derivadas por sufixación nun grupo de oracións.

• Clasificación dos exemplos de derivación por sufixación dos dous exercicios anteriores e a súa clasificación segundo dean lugar a substantivos, adxectivos, verbos ou adverbios.

• Compleción de táboas coas principais siglas e abreviaturas correspondentes ás categorías e funcións.

• Observación dos pasos que se teñen que seguir proceso da análise sintáctica arbórea.

• Creación de oracións que se axustan aos esquemas sintácticos que se achegan.

• Análise morfosintáctica de varias oracións.

• Identificación de ditongos, tritongos e hiatos que levan til e clasificación segundo a posición da sílaba tónica.

• Resolución dunha sopa de letras silábica sobre os nomes dos elementos debuxados e que posúen ditongos ou hiatos.

• Escolla da opción correcta entre os pares de palabras caracterizadas por ter ditongos ou hiatos para completar a oración.

• Acentuación dun texto.

• Lectura do guión dun programa informativo da Radio Galega e identificación das indicacións que ofrece.

• Escritura dun guión e realización do programa.

• Audición sobre programas da Radio Galega e a súa valoración.

• Investigación sobre o uso da lingua galega nos medios de comunicación, concretamente nos xornais.

• Elaboración dunha carta ao director do xornal que se analizou solicitando un maior uso do galego.

• Investigación sobre que revistas se publican en galego.

• Lectura de dous fragmentos de cantigas satíricas e análise en canto ao tratamento do tópico do amor cortés.

• Lectura de tres fragmentos de cantigas e clasificación segundo a temática.

• Lectura dunha pastorela, identificación da súa estrutura e exemplificación nela do «locus amoenus».

• Lectura dunha cantiga de Santa María, elaboración do resumo e clasificación dentro da súa tipoloxía.

• Reconstrución de dez refráns relacionados coas plantas e explicación do seu significado.

Actividades de reforzo

• Identificación de sufixos facultativos e, entre estes, clasificación en aumentativos ou diminitivos.

• Compleción coas categorías e funcións sintácticas dos esquemas arbóreos que se achegan.

• División silábica de palabras que posúen ditongos e hiatos e xustificación do til.

• Localización na rede de varios artigos xornalísticos sobre a presenza do galego nos medios de comunicación e realización dun coloquio coa información obtida.

• Lectura dunha cantiga e elaboración en prosa dun resumo, así como a súa clasificación.

Actividades de ampliación

• Creación de cinco oracións que combinen palabras con ditongos, tritongos e hiatos.

• Investigación sobre os diferentes hábitos radiofónicos do alumnado e das persoas que o rodea.

• Elaboración dunha cantiga de escarnio consonte á escolla de un dos dous personaxes dados.

• Elaboración dunha tenzón seguindo as pautas indicadas.

3.6 Avaliación

Criterios de avaliación

• Empregar correctamente o vocabulario referido ás plantas.

• Recoñecer a derivación sufixal como acrecentamento interno do galego.

• Coñecer os principais sufixos facultativos e derivativos.

• Discernir entre función sintáctica e categoría gramatical na análise arbórea.

• Analizar oracións simples de forma arbórea.

• Acentuar palabras con ditongo, tritongo ou hiato.

• Elaborar un guión dun programa de radio.

• Comprender a importancia da presenza do galego nos medios de comunicación.

• Coñecer a realidade do uso do galego nos medios de comunicación.

• Comentar os trazos básicos das cantigas de escarnio e maldicir, dos xéneros menores e das Cantigas de Santa María.

• Empregar adecuadamente distintos medios e soportes electrónicos para buscar e xestionar información.

Actividades de avaliación

• Substitución dos símbolos dunhas palabras por vogais e formación dos nomes duns froitos; posterior designación das árbores que os dan

• Exemplificación de distintos tipos de derivación: substantiva, adxectiva, verbal e adverbial.

• Compleción dunha análise morfosintáctica arbórea coas funcións e categorías que lle faltan.

• Acentuación gráfica dunhas oracións con palabras que conteñen ditongos, tritongos e hiatos.

• Identificación razoada do xénero ao que pertencen unhas cantigas medievais.

Monográfico I: Recursos para aprender

I.1 Obxectivos

• Desenvolver técnicas e destrezas de cara á preparación de traballos escritos.

I.2 Competencias básicas

Competencia para aprender a aprender

• Desenvolver a técnica do traballo escrito como forma de potenciar a propia aprendizaxe.

• Aplicar de estratexias organizativas á hora de elaborar e presentar un traballo escrito.

I.3 Ensinanzas transversais

• Educación moral e cívica: a técnica do traballo escrito propicia a adquisición de capacidades de aprendizaxe autónoma e de responsabilidade de cara ao cumprimento de obxectivos e prazos previstos.

I.4 Contidos

Conceptos

• O traballo escrito: o índice e a introdución.

• O traballo escrito: a bibliografía e as citas.

Procedementos

• Recoñecemento da estrutura do traballo escrito.

• Distinción dos trazos básicos do índice e da introdución dun traballo escrito.

• Identificación das características propias da bibliografía e das citas dun traballo escrito.

• Elaboración dun traballo escrito de acordo cos trazos estudados sobre a súa estrutura.

Valores

• Aprecio dos traballos escritos como ferramenta útil para facer aprendizaxes.

• Valoración da concisión e da orde nos índices, introducións, referencias bibliográficas e citas dun traballo escrito.

• Responsabilidade á hora de cumprir obxectivos e prazos na elaboración dun traballo escrito.

I.5 Actividades

• Observación de varios exemplos de índice e de introdución.

• Elaboración pautada dun índice e dunha introdución para un traballo escrito.

• Creación da bibliografía para un traballo proposto.

• Introdución de citas nun texto seguindo as pautas estudadas.

• Redacción completa dun traballo.

I.6 Avaliación

Criterios de avaliación

• Elaborar índices e introducións de traballos escritos.

• Escribir con corrección a bibliografía e as citas dos traballos escritos.

Actividades de avaliación

• Comparación de diferentes exemplos de índices e introducións e indicacións das súas semellanzas e diferenzas.

• Introdución dos datos que faltan nunha bibliografía.

Unidade 4: E ti de quen vés sendo?

4.1 Obxectivos didácticos

• Ler textos coa intención de gozar deles.

• Distinguir e utilizar os prefixos máis comúns e ampliar e precisar o vocabulario.

• Recoñecer as oracións simples e as compostas e distinguir os diferentes tipos de compostas coordinadas.

• Aplicar correctamente a acentuación diacrítica e pronunciar ben as palabras ás que afecta.

• Redactar actas de reunión de acordo cunhas pautas e a partir duns modelos dados.

• Mostrar rexeitamento cara ás actitudes sexistas e facer un uso non- -sexista da linguaxe.

• Ler e recoñecer as modalidades máis importantes da prosa galega medieval.

• Utilizar as novas tecnoloxías da información para a busca de información e para a aprendizaxe.

4.2 Competencias básicas

Competencia en comunicación lingüística

• Ser competente en comprender os textos da unidade.

• Ser competente para expresar de xeito oral e escrito as diferentes actividades que se presentan.

• Adquirir novo vocabulario a partir de actividades de aprendizaxe e da utilizacion do dicionario.

• Ter capacidade de tomar a lingua como obxecto de observación e de análise.

• Xerar ideas e estruturar o coñecemento para expresar pensamentos, emocións, vivencias e opinións.

• Dar coherencia e cohesión ao discurso.

• Adoptar unha actitude correcta á hora de escoitar e de expresarse de forma oral.

Competencia matemática

• Ter capacidade para interpretar e expresar con claridade e precisión informacións e argumentacións.

• Empregar a lóxica dedutiva e indutiva nas aprendizaxes.

Competencia no coñecemento e na interacción co mundo físico

• Interactuar co mundo físico para comprender os sucesos e as consecuencias.

• Percibir adecuadamente o espazo físico no que se desenvolve a vida e a actividade humana.

• Ser consciente da influencia que ten a presenza das persoas no espazo, as modificacións que introducen e as paisaxes resultantes.

• Adoptar unha disposición a unha vida física e mental saudable nun contorno natural e social saudable.

Tratamento da información e competencia dixital

• Ler e interpretar de forma reflexiva e crítica a información.

• Buscar, obter, procesar e transformar información en coñecemento.

• Utilizar as novas tecnoloxías da información para a busca da información, para a aprendizaxe e tamén para a comunicación.

Competencia social e cidadá

• Valorar a pluralidade lingüística como un valor que se debe preservar e amosar respecto polas persoas que utilicen unha lingua diferente.

• Participar, tomar decisións, elixir como comportarse en determinadas situacións e responsabilizarse das eleccións adoptadas.

• Coñecer a organización da sociedade, e a utilidade de documentos como a acta de reunión, así como os valores do sistema democrático.

• Utilizar o xuízo moral para elixir e tomar decisións e exercer activa e responsablemente os dereitos da cidadanía.

• Recoñecer a igualdade de dereitos entre os diferentes colectivos, especialmente entre homes e mulleres.

Competencia cultural e artística

• Expresarse, percibir, comprender, gozar e enriquecerse con diferentes realidades e producións do mundo da literatura.

• Identificar as relacións entre as manifestacións literarias e a sociedade ou a persoa que as crea.

• Usar a imaxinación e a creatividade para expresarse.

Competencia para aprender a aprender

• Ser consciente do que sabe e do que cómpre aprender.

• Formular preguntas para resolver as súas dúbidas.

• Ser capaz de autoavaliarse.

• Saber administrar o esforzo, aceptar os erros e aprender de e cos demais compañeiros/as.

Autonomía e iniciativa persoal

• Usar, de xeito progresivamente autónomo, os medios de comunicación social e as tecnoloxías da información e da comunicación.

• Valorar o feito de estar ben informado e interesarse por recoller informacións variadas e obxectivas sobre aquilo que interesa.

• Ser consciente da súa responsabilidade e coñecerse a si mesmo.

• Ser quen de aprender dos erros propios de rectificar e asumir riscos.

4.3 Ensinanzas transversais

• Educación moral e cívica: ao longo da unidade son varias as actividades nas que o alumnado debe traballar en grupo, favorecendo a asimilación dos conceptos de comunicación e diálogo como mecanismos de comprensión e entendemento entre as persoas. Ademais, o apartado de Lectura contribúe a traballar temas asociados á integración social, á diversidade cultural e á non-discriminación.

• Educación para o lecer: a aproximación á literatura como forma enriquecedora de lecer está presente tanto no apartado de Literatura.

• Educación ambiental: a partir do apartado da Léxico e semántica pódese concienciar o alumnado da necesidade de adoptar hábitos individuais para evitar o deterioro do noso contorno urbano.

• Educación para a igualdade de oportunidades entre os sexos: o tratamento da linguaxe non-sexista no apartado de Lingua e sociedade pode servir para traballar a igualdade de xénero tanto no aspecto laboral coma no social facendo ver que o uso do termo masculino fai invisible o feminino. Ademais, o estudo da prosa medieval no apartado de Literatura pode servir para traballar a pouca presenza que se lle daba á muller en épocas pasadas e, no caso de aparecer, os roles que representaba.

• Educación sexual: a descrición do amor da prosa medieval, e en particular dos ciclos bretón e troiano, no apartado de Literatura serve de pretexto para traballar a discriminación da muller e os roles sociais aos que estaba sometida.

4.4 Contidos

Conceptos

• A paisaxe urbana.

• A derivación: os prefixos.

• A oración composta.

• Clases de oracións compostas.

• A oración composta coordinada: a súa análise.

• O acento diacrítico.

• A acta de reunión.

• A linguaxe non-sexista.

• A prosa medieval.

• A prosa de ficción: os ciclos bretón e troiano.

• A prosa de non-ficción: histórica, haxiográfica, didáctica e xurídica.

Procedementos

• Anticipación da temática da lectura a partir dunha ficha sobre o xornal en que apareceu e dunhas preguntas previas sobre o tema.

• Lectura dunha reportaxe xornalística e comprensión deste a través de diversas cuestións sobre o seu contido.

• Reflexión razoada sobre a lectura na que se exprese a súa opinión.

• Investigación en grupos, elaboración e exposición dun estudo sobre unha tribo urbana.

• Ampliación e precisión léxica.

• Observación dos procesos de formación de palabras derivadas a través da prefixación.

• Identificación dos principais prefixos.

• Recoñecemento da oración composta subordinada e coordinada.

• Distinción dos catro grandes tipos de oracións coordinadas: copulativa, disxuntiva, distributiva e adversativa.

• Desenvolvemento da análise arbórea da oración composta coordinada.

• Observación de pares de palabras que se opoñen polo acento diacrítico.

• Indicación a través de exemplos de como se debe elaborar unha acta de reunión.

• Reflexión sobre o uso dunha linguaxe sexista e a necesidade de evitala.

• Coñecemento das principais estratexias para o uso dunha linguaxe non-sexista.

• Recoñecemento das características da prosa medieval galega, apoiada en exemplos.

Valores

• Hábito de traballar en grupo.

• Rexeitamento de prexuízos por razón de pertenza a un grupo cunhas determinadas preferencias estéticas, musicais...

• Interese por ler textos xornalísticos e facelo cunha actitude crítica.

• Interese por ampliar e precisar o propio vocabulario.

• Valoración da necesidade de recuperar nas cidades un estilo de vida máis humanizado.

• Desexo de coñecer máis prefixos dentro do proceso de acrecentamento interno do léxico do galego.

• Toma de consideración da lingua como obxecto de observación e de análise.

• Valoración da sintaxe como a disciplina que regula o modo correcto de construír oracións.

• Interese por coñecer e aplicar o acento diacrítico.

• Curiosidade pola funcionalidade da acta de reunión.

• Valoración da linguaxe non-sexista como medio para contribuír á igualdade de xénero.

• Valoración do importante papel das mulleres na sociedade.

• Goce da prosa medieval pola súa dimensión estética e o seu interese lingüístico.

4.5 Actividades

• Lectura dos datos do xornal onde saíu publicada esta reportaxe e resposta a unhas preguntas sobre o tema da lectura.

• Lectura dunha reportaxe publicada en De luns a venres e feita por Juan Méndez.

• Resposta a unhas cuestións para comprobar a comprensión lectora.

• Reflexión razoada sobre a lectura na que se exprese a súa opinión.

• Investigación en grupos, elaboración e exposición dun estudo sobre unha tribo urbana.

• Resolución de actividades de ampliación e precisión léxicas arredor do campo semántico da paisaxe urbana.

• Formación de dez palabras derivadas por prefixación combinando os prefixos coas palabras que se achegan.

• Identificación de todos os morfemas derivativos (sufixos e prefixos) da serie de palabras que se achegan.

• Exemplificación da análise morfosintáctica arbórea dunha oración composta coordinada mostrando os pasos que se deben seguir.

• Compleción de oracións coa conxunción coordinante necesaria e posterior clasificación da oración dentro da tipoloxía das compostas coordinadas.

• Localización e clasificación de todas oracións coordinadas de catro textos.

• Análise morfosintáctica de dúas oracións coordinadas.

• Introdución, se cumprir, do til diacrítico sobre as palabras subliñadas dunhas oracións.

• Transformación das oracións en pasado a presente para usar as formas verbais con acento diacrítico.

• Escolla da opción correcta entre o par de palabras diferenciadas pola acentuación diacrítica para completar o texto que se achega.

• Lectura e observación da táboa que reflicte a estrutura dunha acta de reunión.

• Lectura e confrontación entre a estrutura aprendida e a acta que se achega.

• Simulación da situación exposta en grupo e redacción dunha acta.

• Reelaboración dunha serie de oracións para evitar o uso dunha linguaxe sexista.

• Recoñecemento do sexismo nas definicións de dicionario das palabras «cabeza», «telefonista», «alcaldesa» e «cabeza de familia».

• Adaptación de dous fragmentos de prosa medieval ao galego estándar e clasificación dos fragmentos dentro da clasificación da prosa medieval.

• Localización xeográfica de personaxes asociados aos ciclos bretón e troiano.

• Investigación sobre as obras citadas na parte teórica e a súa asociación aos contidos que se achegan.

Actividades de reforzo

• Clasificación de oracións en simples, coordinadas ou subordinadas.

• Escolla da opción correcta entre o par de palabras diferenciadas pola acentuación diacrítica para completar as oracións coas que se asocian.

• Resposta afirmativa a unhas cuestións de xeito que se teña que empregar unha forma verbal con acento diacrítico con pronome en posición enclítica.

• Identificación de situacións nas que é necesario a elaboración dunha acta de reunión.

Actividades de ampliación

• Investigación sobre a orixe latina ou grega, así como do seu significado, dunha serie prefixos.

• Recoñecemento das variantes dos prefixos con-, in- e a-, e do seu uso.

• Clasificación de oracións en coordinadas ou xustapostas e transformación unhas nas outras.

• Desenvolvemento dun coloquio sobre as mensaxes discriminatorias de eruditos e refráns vistos na parte teórica.

• Investigación sobre a presenza do ciclo bretón e o ciclo clásico nas diferentes artes: literatura, pintura, cine...

4.6 Avaliación

Criterios de avaliación

• Utilizar con propiedade o vocabulario referido á paisaxe urbana.

• Recoñecer a derivación prefixal como acrecentamento interno do galego.

• Coñecer os principais prefixos e os seus valores.

• Distinguir entre oracións compostas coordinadas e subordinadas.

• Identificar os diferentes tipos de oracións compostas coordinadas.

• Analizar oracións coordinadas de forma arbórea.

• Distinguir as palabras afectadas pola presenza/ausencia do acento diacrítico.

• Recoñecer as partes da estrutura dunha acta de reunión e para que se emprega.

• Usar unha linguaxe non-sexista.

• Coñecer os principais subxéneros da prosa galega medieval.

• Empregar adecuadamente distintos medios e soportes electrónicos para buscar e xestionar información.

Actividades de avaliación

• Compleción dunha táboa sobre o significado dalgúns prefixos.

• Exemplificación dos distintos tipos de oracións coordinadas e indicación dos enlaces que contén cada unha.

• Colocación dos acentos diacríticos que faltan nun texto.

• Exemplificación de usos sexistas da lingua e das alternativas para evitar cada un deles.

• Elaboración dun esquema sobre os ciclos da narrativa de ficción da nosa prosa medieval.

Unidade 5: A vaca caníbal

5.1 Obxectivos didácticos

• Ler textos coa intención de gozar deles.

• Identificar o proceso de composición de palabras e ampliar e precisar o vocabulario.

• Recoñecer os tipos de oracións subordinadas substantivas e adxectivas.

• Aplicar correctamente a acentuación gráfica nos casos que poden resultar dubidosos.

• Ler textos didáctico-expositivos, e recoñecer os seus trazos esenciais.

• Coñecer a situación da lingua galega entre os séculos XV e XVIII.

• Coñecer, ler e valorar as manifestacións da nosa literatura nos Séculos Escuros.

• Utilizar as novas tecnoloxías da información para a busca de información e para a aprendizaxe.

5.2 Competencias básicas

Competencia en comunicación lingüística

• Ser competente en comprender os textos da unidade.

• Ser competente para expresar de xeito oral e escrito as diferentes actividades que se presentan.

• Adquirir novo vocabulario a partir de actividades de aprendizaxe e da utilización do dicionario.

• Ter capacidade de tomar a lingua como obxecto de observación e de análise.

• Xerar ideas e estruturar o coñecemento para expresar pensamentos, emocións, vivencias e opinións.

• Dar coherencia e cohesión ao discurso.

• Adoptar unha actitude correcta á hora de escoitar e de expresarse de forma oral.

Competencia matemática

• Ter capacidade para interpretar e expresar con claridade e precisión informacións e argumentacións.

• Empregar a lóxica dedutiva e indutiva nas aprendizaxes.

Competencia no coñecemento e na interacción co mundo físico

• Interactuar co mundo físico para comprender os sucesos e as consecuencias.

• Percibir adecuadamente o espazo físico no que se desenvolve a vida e a actividade humana.

• Ser consciente da influencia que ten a presenza das persoas no espazo, as modificacións que introducen e as paisaxes resultantes.

• Procurar a conservación dos recursos e da diversidade natural.

• Adoptar unha disposición a unha vida física e mental saudable nun contorno natural e social saudable.

Tratamento da información e competencia dixital

• Ler e interpretar de forma reflexiva e crítica a información.

• Buscar, obter, procesar e transformar información en coñecemento.

• Utilizar as novas tecnoloxías da información para a busca da información, para a aprendizaxe e tamén para a comunicación.

Competencia social e cidadá

• Valorar a pluralidade lingüística como un valor que se debe preservar e amosar respecto polas persoas que utilicen unha lingua diferente.

• Participar, tomar decisións, elixir como comportarse en determinadas situacións e responsabilizarse das eleccións adoptadas.

Competencia cultural e artística

• Expresarse, percibir, comprender gozar e enriquecerse con diferentes realidades e producións do mundo da literatura.

• Identificar as relacións entre as manifestacións literarias e a sociedade ou a persoa que as crea.

• Usar a imaxinación e a creatividade para expresarse.

Competencia para aprender a aprender

• Ser consciente do que sabe e do que cómpre aprender.

• Formular preguntas para resolver as súas dúbidas.

• Ser capaz de autoavaliarse.

• Saber administrar o esforzo, aceptar os erros e aprender de e cos demais compañeiros/as.

Autonomía e iniciativa persoal

• Usar, de xeito progresivamente autónomo, os medios de comunicación social e as tecnoloxías da información e da comunicación.

• Valorar o feito de estar ben informado e interesarse por recoller informacións variadas e obxectivas sobre aquilo que interesa.

• Ser consciente da súa responsabilidade e coñecerse a si mesmo.

• Ser quen de aprender dos erros propios de rectificar e asumir riscos.

5.3 Ensinanzas transversais

• Educación do consumidor: o apartado da Lectura contribúe á reflexión sobre a importancia dun consumo racional e de produtos ecolóxicos e non alterados.

• Educación para a saúde: ademais o mesmo apartado axuda á reflexión sobre a importancia dunha boa alimentación para a nosa saúde.

• Educación moral e cívica: no apartado de Lectura tamén podemos traballar contidos morais e cívicos sobre o bo facer e non buscar a custa dos demais un maior enriquecemento. Ademais, ao longo da unidade son varias as actividades nas que o alumnado debe traballar en grupo, favorecendo a asimilación dos conceptos de comunicación e diálogo como mecanismos de comprensión e entendemento entre as persoas.

• Educación ambiental: o apartado da Léxico e semántica axuda a apreciar e a reflexionar sobre a importancia do coidado da diversidade e axuda a concienciar o alumnado da necesidade de adoptar hábitos individuais para evitar o deterioro do noso contorno natural.

• Educación para o lecer: a aproximación á literatura como forma enriquecedora de lecer está presente no apartado de Literatura.

5.4 Contidos

Conceptos

• Os animais (I).

• A composición.

• A oración composta subordinada.

• A oración composta subordinada substantiva: tipos.

• A oración composta subordinada adxectiva: tipos.

• Casos problemáticos de acentuación.

• O texto didáctico-expositivo.

• Os conectores textuais.

• O galego nos séculos XV-XVIII.

• Os Séculos Escuros.

• A lírica nos Séculos Escuros: poesía culta e poesía popular e tradicional.

• A narrativa nos Séculos Escuros.

• O teatro nos Séculos Escuros.

Procedementos

• Anticipación da temática da lectura a partir dunha ficha sobre o autor e a súa obra e dunhas preguntas previas.

• Lectura dun texto narrativo e comprensión deste a través de diversas cuestións sobre o seu contido.

• Desenvolvemento dun coloquio sobre a temática da lectura.

• Investigación en parellas e elaboración dun informe sobre «a crise das vacas tolas en Galicia».

• Ampliación e precisión léxica.

• Observación dos procesos de formación de palabras compostas.

• Recoñecemento das características e tipos de oración composta subordinada.

• Distinción dos catro tipos básicos de oracións subordinadas substantivas.

• Identificación das principais características e clasificación da oración subordinada adxectiva.

• Observación e clasificación dos casos problemáticos de acentuación.

• Recoñecemento dos trazos básicos do texto didáctico-expositivo.

• Clasificación dos conectores textuais.

• Distinción dos factores que levaron á decadencia do galego a partir do século XIV.

• Identificación dos principais trazos lingüísticos da lingua galega nos Séculos Escuros.

• Identificación das características esenciais das manifestacións literarias dos Séculos Escuros.

Valores

• Hábito de traballar en grupo.

• Valoración da fantasía como fonte de creación literaria.

• Interese por ampliar e precisar o propio vocabulario.

• Valoración da importancia da conservación e protección do medio.

• Desexo de coñecer máis palabras compostas dentro do proceso de acrecentamento interno do léxico do galego.

• Toma de consideración da lingua como obxecto de observación e de análise.

• Valoración da sintaxe como a disciplina que regula o modo correcto de construír oracións.

• Curiosidade por coñecer máis exemplos de acentuación problemática.

• Valoración da ortografía como a disciplina que regula o modo correcto de escribir.

• Habilidade para comprender e redactar textos didáctico-expositivos.

• Preocupación por usar os distintos conectores.

• Interese por coñecer máis sobre as circunstancias que provocaron a etapa dos Séculos Escuros.

• Valoración positiva das manifestacións da nosa literatura popular como mostras de sabedoría e como valor cultural.

• Valoración positiva das manifestacións literarias dos Séculos Escuros pola súa dimensión estética e o seu interese lingüístico.

• Goce da literatura pola súa dimensión estética e como medio de expresión.

5.5 Actividades

• Lectura dos datos da autora e da súa obra e respostas a unhas preguntas sobre o tema da lectura.

• Lectura dun fragmento do relato «Monólogo da vaca caníbal» de Marilar Aleixandre recollido no volume colectivo Contos de máscaras.

• Resposta a unhas cuestións para comprobar a comprensión lectora.

• Desenvolvemento dun coloquio sobre a temática da lectura.

• Investigación en parellas e elaboración dun informe sobre «a crise das vacas tolas en Galicia».

• Resolución de actividades de ampliación e precisión léxicas arredor do campo semántico dos animais.

• Achega de palabras compostas que conteñan cada lexema dos que se dan.

• Creación de oracións nas que se usen as palabras compostas que se achegan pero en plural.

• Identificación e clasificación das subordinadas substantiva nun grupo de oracións.

• Creación de oracións subordinadas substantivas a partir das pautas dadas.

• Transformación de subordinadas substantivas por outras nas que se empregue o infinitivo conxugado.

• Identificación das subordinadas adxectivas e da dupla función do seu enlace.

• Creación dunha subordinada adxectiva a partir de dúas oracións que se achegan.

• Recoñecemento da diferenza entre dúas oracións adxectivas.

• Observación e compleción da táboa coas regras de acentuación en casos problemáticos cos exemplos que se achegan.

• Creación de adverbios con -mente a partir dos adxectivos que se achegan.

• Reelaboración das oracións engadindo o pronome átono que se propón fixándose na acentuación gráfica da palabra que resulta.

• Escolla da opción correcta entre os pares de palabras que se achegan para completar a oración.

• Recoñecemento da diferenza de significado dun grupo de oracións que se diferencian pola existencia ou non do acento gráfico.

• Corrección da acentuación gráfica dun grupo de oracións.

• Lectura e observación dun texto de carácter didáctico-expositivo.

• Compleción dun esquema sobre o texto didáctico-expositivo tirando os exemplos do texto anterior.

• Busca de textos didáctico-expositivos nos libros de texto que se axusten ás características dadas.

• Creación pautada dun texto didáctico-expositivo.

• Observación duns mapas do séc. XVI e a súa comparación asociada a linguas peninsulares e reinos peninsulares.

• Investigación sobre todo tipo de fontes de Pedro Pardo de Cela.

• Lectura e análise de varios sonetos dos Século Escuros.

• Creación reflexiva sobre o porqué da literatura galega neste período.

• Lectura de cinco cantigas populares e a súa clasificación segundo o estudado.

• Identificación do titular falso dunha noticia entre varias posibilidades.

Actividades de reforzo

• Análise dun grupo de palabras compostas indicando a categoría gramatical tanto da palabra composta coma dos lexemas por individual.

• Substitución das frases subliñadas pola oración subordinada correspondente e indicación do tipo de subordinación resultante en cada caso e a función que desempeña.

• Localización e clasificación dos conectores textuais que aparecen nun texto didáctico expositivo.

• Lectura dun vilancico e identificación da súa estrutura.

• Lectura dun fragmento do Entremés famoso sobre a pesca do río Miño e resumilo.

• Organización e desenvolvemento dunha lectura dramatizada do texto anterior.

Actividades de ampliación

• Localización e clasificación en conxunción ou pronome dos «que» dun texto e, posteriormente, clasificación das subordinadas substantivas.

• Escolla da opción correcta entre os pares de palabras que se achegan segundo a súa acentuación e achega doutros exemplos similares.

• Acentuación do texto.

• Lectura de tres textos do Padre Sarmiento e desenvolver un coloquio consonte a unhas cuestións dadas.

5.6 Avaliación

Criterios de avaliación

• Utilizar de forma axeitada o vocabulario referido aos animais.

• Recoñecer a composición como acrecentamento interno do galego.

• Identificar palabras compostas e usar correctamente a flexión de número.

• Discernir as oracións compostas subordinadas substantivas, adxectivas e adverbiais.

• Recoñecer e clasificar as oracións subordinadas substantivas.

• Identificar as oracións subordinadas adxectivas e as diferenzas entre explicativas e especificativas.

• Escribir correctamente palabras que poden resultar dubidosas pola súa acentuación gráfica.

• Identificar os textos didáctico-expositivos polos seus trazos característicos.

• Empregar con corrección os conectores aditivos, presentativos, exemplificadores e tematizadores.

• Coñecer os feitos históricos que provocaron a etapa de decadencia coñecida como Séculos Escuros.

• Identificar os trazos lingüísticos máis relevantes do galego nos séculos XV-XVIII.

• Coñecer as principais manifestacións literarias nos Séculos Escuros.

• Empregar adecuadamente distintos medios e soportes electrónicos para buscar e xestionar información.

Actividades de avaliación

• Localización nunha sopa de letras de palabras do campo semántico dos animais.

• Exemplificación da diferenza entre subordinadas adxectivas especificativas e explicativas.

• Análise morfosintáctica arbórea dunha oración.

• Acentuación gráfica correcta dunhas palabras dubidosas.

• Elaboración dun esquema sobre as manifestacións da lírica popular e tradicional nos Séculos Escuros.

Unidade 6: A caza do lobo

6.1 Obxectivos didácticos

• Ler textos coa intención de gozar deles.

• Identificar a parasíntese como procedemento de creación de palabras e ampliar e precisar o vocabulario.

• Distinguir as oracións subordinadas adverbiais (propias e impropias).

• Inducir e aplicar as regras do uso do guión.

• Desenvolver oralmente, de forma pautada, a técnica do simposio.

• Coñecer os trazos esenciais da historia externa e interna da lingua galega no século XIX.

• Distinguir os trazos máis relevantes do Prerrexurdimento e da narrativa e do teatro do Rexurdimento.

• Utilizar as novas tecnoloxías da información para a busca de información e para a aprendizaxe.

6.2 Competencias básicas

Competencia en comunicación lingüística

• Ser competente en comprender os textos da unidade.

• Ser competente para expresar de xeito oral e escrito as diferentes actividades que se presentan.

• Adquirir novo vocabulario a partir de actividades de aprendizaxe e da utilización do dicionario.

• Ter capacidade de tomar a lingua como obxecto de observación e de análise.

• Xerar ideas e estruturar o coñecemento para expresar pensamentos, emocións, vivencias e opinións.

• Dar coherencia e cohesión ao discurso.

• Adoptar unha actitude correcta á hora de escoitar e de expresarse de forma oral.

Competencia matemática

• Ter capacidade para interpretar e expresar con claridade e precisión informacións e argumentacións.

• Empregar a lóxica dedutiva e indutiva nas aprendizaxes.

Competencia no coñecemento e na interacción co mundo físico

• Percibir adecuadamente o espazo físico no que se desenvolve a vida e a actividade humana.

• Ser consciente da influencia que ten a presenza das persoas no espazo, as modificacións que introducen e as paisaxes resultantes.

• Procurar a conservación dos recursos e da diversidade natural.

Tratamento da información e competencia dixital

• Ler e interpretar de forma reflexiva e crítica as informacións aparecidas nos xornais.

• Buscar, obter, procesar e transformar información en coñecemento.

• Utilizar as novas tecnoloxías da información para a busca da información, para a aprendizaxe e tamén para a comunicación.

Competencia social e cidadá

• Valorar a pluralidade lingüística como un valor que se debe preservar e amosar respecto polas persoas que utilicen unha lingua diferente.

• Participar, tomar decisións, elixir como comportarse en determinadas situacións e responsabilizarse das eleccións adoptadas.

Competencia cultural e artística

• Expresarse, percibir, comprender gozar e enriquecerse con diferentes realidades e producións do mundo da literatura.

• Identificar as relacións entre as manifestacións literarias e a sociedade ou a persoa que as crea.

• Usar a imaxinación e a creatividade para expresarse.

Competencia para aprender a aprender

• Ser capaz de continuar aprendendo de xeito cada vez máis autónomo.

• Ser consciente do que sabe e do que cómpre aprender.

• Formular preguntas e manexar varias respostas posibles ante unha mesma situación.

• Ser capaz de autoavaliarse e autorregularse.

• Saber administrar o esforzo, aceptar os erros e aprender de e cos demais compañeiros/as.

Autonomía e iniciativa persoal

• Usar, de xeito progresivamente autónomo, os medios de comunicación social e as tecnoloxías da información e da comunicación.

• Valorar o feito de estar ben informado e interesarse por recoller informacións variadas e obxectivas sobre aquilo que interesa.

• Ser consciente da súa responsabilidade e coñecerse a si mesmo.

• Ser quen de aprender dos erros propios de rectificar e asumir riscos.

6.3 Ensinanzas transversais

• Educación para o lecer: a aproximación á literatura como forma enriquecedora de lecer está presente no apartado de Literatura e no de Lectura.

• Educación ambiental: o apartado da Léxico e semántica axuda a apreciar e a reflexionar sobre a importancia do coidado da diversidade e axuda a concienciar o alumnado da necesidade de adoptar hábitos individuais para evitar o deterioro do noso contorno natural.

• Educación moral e cívica: ao longo da unidade son varias as actividades nas que o alumnado debe traballar en grupo, favorecendo a asimilación dos conceptos de comunicación e diálogo como mecanismos de comprensión e entendemento entre as persoas. Ademais, no apartado de Lingua oral e escrita procúrase traballar o hábito de escoitar con respecto as intervencións alleas así como o hábito de expoñer a propia opinión respectando o punto de vista dos demais e escoitando as súas intervencións con atención e en silencio. No apartado de Literatura a través dos textos tamén se traballa a integración social e a non-discriminación ao facer fincapé nos dereitos lingüísticos e na reivindicación do ser galego.

6.4 Contidos

Conceptos

• Os animais (II).

• A parasíntese.

• A oración composta subordinada (II).

• A oración subordinada adverbial: tipos.

• O guión.

• O simposio.

• O galego no século XIX.

• O Prerrexurdimento.

• O Rexurdimento: a narrativa.

• O Rexurdimento: o teatro.

Procedementos

• Anticipación da temática da lectura a partir dunha ficha sobre a obra e dunhas preguntas previas.

• Lectura dun texto narrativo e comprensión deste a través de diversas cuestións sobre o seu contido.

• Reflexión razoada sobre un fragmento da lectura.

• Creación dun final para o relato da lectura.

• Ampliación e precisión léxica.

• Observación do proceso de formación de palabras parasintéticas.

• Recoñecemento das características e tipos de oracións subordinadas adverbiais.

• Clasificación e identificación dos tipos de oracións subordinadas adverbiais propias e impropias.

• Observación do desenvolvemento pautado da análise morfosintáctica da oración subordinada.

• Identificación das regras de uso do guión.

• Preparación e desenvolvemento dun simposio.

• Recoñecemento dos principais trazos lingüísticos dos textos galegos do século XIX.

• Coñecemento dos factores que influíron no rexurdimento lingüístico do galego no século XIX.

• Observación do contexto e dos principais autores do Prerrexurdimento (as primeiras manifestacións e os precursores) e do Rexurdimento.

• Recoñecemento dos principais autores de narrativa e teatro do Rexurdimento e de cadansúas obras.

Valores

• Hábito de traballar en grupo.

• Valoración da fantasía como fonte de creación literaria.

• Valoración da diversidade natural.

• Interese por ampliar e precisar o propio vocabulario.

• Valoración da importancia da conservación e protección do medio.

• Desexo de coñecer máis palabras parasintéticas dentro do proceso de acrecentamento interno do léxico do galego.

• Toma de consideración da lingua como obxecto de observación e de análise.

• Valoración da sintaxe como a disciplina que regula o modo correcto de construír oracións.

• Interese por coñecer e aplicar as normas sobre o uso do guión.

• Valoración do simposio como mecanismo para acrecentar o coñecemento nun tema determinado e como ferramenta para buscar novas perspectivas.

• Hábito de escoitar con respecto as intervencións alleas.

• Hábito de expoñer a propia opinión respectando o punto de vista dos demais e escoitando as súas intervencións con atención e en silencio.

• Interese por coñecer máis sobre os factores que orixinaron o rexurdir da lingua galega no XIX.

• Valoración positiva das manifestacións literarias do Prerrexurdimento e da narrativa e do teatro do Rexurdimento pola súa dimensión estética e o seu interese lingüístico.

• Goce da literatura pola súa dimensión estética e como medio de expresión.

6.5 Actividades

• Lectura dos datos do autor e da súa obra e respostas a unhas preguntas sobre o tema da lectura.

• Lectura dun fragmento da novela Pel de lobo de Xosé Miranda.

• Resposta a unhas cuestións para comprobar a comprensión lectora.

• Reflexión razoada sobre un fragmento da lectura.

• Creación dun final para o relato da lectura.

• Resolución de actividades de ampliación e precisión léxicas arredor do campo semántico dos animais.

• Localización e clasificación nunha táboa dada de palabras derivadas, compostas e parasintéticas nas oracións que se achegan.

• Análise pautada dunha oración subordinada: localización de verbos, distinción da oración principal e da subordinada, identificación dos suxeitos e predicados e desenvolvemento do resto da análise a través do esquema que se achega.

• Localización de todas as oracións subordinadas adverbiais propias dun texto.

• Creación de oracións subordinadas adverbiais a partir de dúas simples.

• Identificación e clasificación de todas as subordinadas adverbiais impropias nun grupo de oracións.

• Localización nunhas oracións das subordinadas adverbiais, a súa clasificación e a súa transformación en oracións de infinitivo conxugado.

• Compleción cos enlaces axeitados das oracións que se achegan e a súa clasificación dentro da tipoloxía de subordinadas adverbiais impropias.

• Análise morfolóxica de oracións subordinadas.

• Achega de exemplos para o correcto uso do guión ao final de liña.

• Asociación de exemplos de uso do guión na 2ª forma do artigo coa regra correspondente.

• Segmentación con guión de todas as formas posibles das palabras coma se estivesen a final de liña.

• Recoñecemento das palabras con guión correspondentes ás definicións dadas.

• Transformación das oracións representando graficamente a 2ª forma do artigo.

• Escolla do tema para a organización dun simposio.

• Elaboración e organización pautada dun simposio.

• Organización dun simposio no que o alumnado de 3º de ESO fará de público.

• Lectura dun texto de O Tío Marcos da Portela e resposta a unhas cuestións centradas no seus contidos de defensa da lingua.

• Secuenciación cronolóxica dun feitos relevantes na historia externa do galego no século XIX.

• Lectura duns fragmentos de A gaita gallega e resposta a unhas cuestións asociadas a estes.

• Lectura dun fragmento d’O catecismo do labrego, fixándose na caracterización do labrego e identificación da súa finalidade.

• Lectura de dous fragmentos teatrais do Rexurdimento, elaboración dun resumo e a súa clasificación segundo a temática.

Actividades de reforzo

• Ordenación de sílabas para a creación de palabras parasintéticas.

• Substitución de adverbios por oracións subordinadas adverbiais propias e a súa clasificación.

• Lectura dun fragmento d’A Tertulia da Quintana, e análise do seu contido.

Actividades de ampliación

• Corrección dos erros no uso do guión nun texto.

• Investigación sobre os simposios ou congresos que se van realizar na comarca e asistencia a un deles e, de ser posible, a súa gravación en vídeo para a análise da súa organización.

• Investigación sobre a data de acontecementos relevantes para a lingua no século XIX:

6.6 Avaliación

Criterios de avaliación

• Empregar con propiedade o vocabulario referido aos animais.

• Recoñecer a parasíntese como acrecentamento interno do galego.

• Identificar a estrutura das palabras parasintéticas.

• Recoñecer as oracións subordinadas adverbiais e recoñecer os seus tipos.

• Analizar oracións compostas subordinadas.

• Facer un uso correcto do guión.

• Participar en simposios organizados na aula respectando as pautas sinaladas.

• Coñecer os feitos históricos que orixinaron o rexurdir da lingua galega no século XIX.

• Identificar os trazos lingüísticos máis relevantes do galego no século XIX.

• Distinguir as dúas fases do Prerrexurdimento literario.

• Recoñecer os trazos máis relevantes da narrativa e do teatro do Rexurdimento en textos concretos.

• Empregar adecuadamente distintos medios e soportes electrónicos para buscar e xestionar información.

Actividades de avaliación

• Identificación do elemento estraño nunhas series de palabras do campo semántico dos animais.

• Recoñecemento da estrutura dunhas palabras parasintéticas.

• Análise morfosintáctica arbórea dunha oración.

• Elaboración dun esquema sobre os factores que propiciaron a orixe do Rexurdimento galego.

• Elección da opción que completa uns enunciados sobre a literatura galega no Prerrexurdimento e no Rexurdimento.

Monográfico II: Recursos para aprender

II.1 Obxectivos

• Empregar correctamente procesadores de texto e correctores ortográficos para aplicalos ao estudo.

II..2 Competencias básicas

Competencia para aprender a aprender

• Uso progresivamente autónomo das TIC no ámbito do estudo.

II..3 Ensinanzas transversais

• Educación para o lecer: o procesador de textos e o correo electrónico son tamén unha opción axeitada para o tempo de lecer se se fai un uso correcto e responsable e deles.

II..4 Contidos

Conceptos

• O procesador de textos e os correctores ortográficos.

Procedementos

• Emprego de procesadores de textos e de correctores ortográficos.

Valores

• Hábito de empregar ferramentas informáticas auxiliares no estudo.

II..5 Actividades

• Elaboración dunha invitación a unha festa empregando un procesador de textos.

• Escritura dun texto no ordenador e revisión dos seus erros empregando un corrector ortográfico.

• Busca e utilización de diferentes correctores ortográficos de lingua galega dispoñibles en Internet.

II..6 Avaliación

Criterios de avaliación

• Empregar de forma adecuada no estudo os procesadores de textos e os correctores ortográficos.

Actividades de avaliación

• Redacción, por parellas, dun texto no ordenador e posterior corrección ortográfica do mesmo.

Unidade 7: Miña terra, miña terra

7.1 Obxectivos didácticos

• Ler textos coa intención de gozar deles.

• Distinguir palabras patrimoniais, semicultas e cultas e ampliar e precisar o vocabulario.

• Recoñecer as propiedades textuais e os trazos que lles proporcionan adecuación aos textos.

• Inducir e aplicar correctamente as regras de uso do punto e da coma.

• Recoñecer os trazos básicos das biografías e escribir biografías a partir de modelos dados.

• Identificar os conceptos de conflito lingüístico, bilingüismo e diglosia e rexeitar as actitudes diglósicas.

• Coñecer os trazos máis relevantes da obra de Rosalía de Castro e apreciar a súa importancia nas nosas letras.

• Utilizar as novas tecnoloxías da información para a busca de información e para a aprendizaxe.

7.2 Competencias básicas

Competencia en comunicación lingüística

• Ser competente en comprender os textos da unidade.

• Ser competente para expresar de xeito oral e escrito as diferentes actividades que se presentan.

• Adquirir novo vocabulario a partir de actividades de aprendizaxe e da utilizacion do dicionario.

• Ter capacidade de tomar a lingua como obxecto de observación e de análise.

• Xerar ideas e estruturar o coñecemento para expresar pensamentos, emocións, vivencias e opinións.

• Dar coherencia e cohesión ao discurso.

• Adoptar unha actitude correcta á hora de escoitar e de expresarse de forma oral

Competencia matemática

• Ter capacidade para interpretar e expresar con claridade e precisión informacións e argumentacións.

• Empregar a lóxica dedutiva e indutiva nas aprendizaxes.

Competencia no coñecemento e na interacción co mundo físico

• Percibir adecuadamente o espazo físico no que se desenvolve a vida e a actividade humana.

• Ser consciente da influencia que ten a presenza das persoas no espazo, as modificacións que introducen e as paisaxes resultantes.

• Procurar a conservación dos recursos e da diversidade natural.

Tratamento da información e competencia dixital

• Ler e interpretar de forma reflexiva e crítica as informacións aparecidas nos xornais.

• Buscar, obter, procesar e transformar información en coñecemento.

• Utilizar as novas tecnoloxías da información para a busca da información, para a aprendizaxe e tamén para a comunicación.

Competencia social e cidadá

• Valorar a pluralidade lingüística como un valor que se debe preservar e amosar respecto polas persoas que utilicen unha lingua diferente.

• Participar, tomar decisións, elixir como comportarse en determinadas situacións e responsabilizarse das eleccións adoptadas.

• Recoñecer a igualdade de dereitos entre os diferentes colectivos, especialmente entre homes e mulleres.

Competencia cultural e artística

• Expresarse, percibir, comprender gozar e enriquecerse con diferentes realidades e producións do mundo da literatura.

• Identificar as relacións entre as manifestacións literarias e a sociedade ou a persoa que as crea.

• Usar a imaxinación e a creatividade para expresarse.

Competencia para aprender a aprender

• Ser consciente do que sabe e do que cómpre aprender.

• Formular preguntas para resolver as dúbidas.

• Ser capaz de autoavaliarse.

• Saber administrar o esforzo, aceptar os erros e aprender de e cos demais compañeiros/as.

Autonomía e iniciativa persoal

• Usar, de xeito progresivamente autónomo, os medios de comunicación social e as tecnoloxías da información e da comunicación.

• Valorar o feito de estar ben informado e interesarse por recoller informacións variadas e obxectivas sobre aquilo que interesa.

• Ser consciente da súa responsabilidade e coñecerse a si mesmo.

• Ser quen de aprender dos erros propios de rectificar e asumir riscos.

7.3 Ensinanzas transversais

• Educación para o lecer: a aproximación á literatura como forma enriquecedora de lecer está presente no apartado de Literatura, no de Lectura e no de Lingua oral e escrita.

• Educación moral e cívica: ao longo da unidade son varias as actividades nas que o alumnado debe traballar en grupo, favorecendo a asimilación dos conceptos de comunicación e diálogo como mecanismos de comprensión e entendemento entre as persoas. Ademais, no apartado de Lectura tamén se pode traballar a integración social pois o tema da emigración está moi presente. No apartado de Literatura a través dos textos tamén se traballa a integración social, a non-discriminación ao facer fincapé nos dereitos lingüísticos e na reivindicación do ser galego. Estes mesmo contidos son traballados no apartado de Lingua e sociedade de xeito directo.

• Educación ambiental: o apartado da Léxico e semántica axuda a concienciar o alumnado da necesidade de adoptar hábitos individuais para evitar o deterioro do noso contorno rural como pode ser o feísmo arquitectónico das últimas décadas.

• Educación para a igualdade de oportunidades entre os sexos: a biografía que está no apartado de Lingua oral e escrita contribúe a visualizar o traballo e a importancia das mulleres na sociedade galega e servir así para mostrar a igualdade de xénero no aspecto laboral e social.

• Educación sexual: a través dos poemas e da biografía de Rosalía presentes no apartado de Literatura pódense traballar contidos asociados á expresión dos sentimentos e ao respecto entre os dous sexos.

7.4 Contidos

Conceptos

• A paisaxe rural.

• As palabras patrimoniais, semicultas e cultas.

• A gramática textual: propiedades.

• A adecuación: intención e situación.

• O uso do punto e da coma.

• A biografía.

• Os conectores secuenciadores.

• O conflito lingüístico.

• O bilingüismo e a diglosia.

• O Rexurdimento: a lírica (I).

• Rosalía de Castro.

Procedementos

• Anticipación da temática da lectura a partir dunha ficha sobre o autor e a súa obra e dunhas preguntas previas.

• Lectura dun texto poético e comprensión deste a través de diversas cuestións sobre o seu contido.

• Elaboración dun resumo do texto, achegando comentarios e valoracións persoais sobre o seu contido.

• Investigación e escoita na aula das diferentes versións musicadas deste poema.

• Ampliación e precisión léxica.

• Recoñecemento as palabras patrimoniais, semicultas e cultas.

• Identificación as propiedades textuais.

• Recoñecemento das diferentes intencións e situacións comunicativas para unha boa adecuación textual.

• Indución das regras de uso do punto e da coma a partir da observación do seu emprego en exemplos.

• Identificación da estrutura e dos trazos característicos da biografía.

• Clasificación dos conectores secuenciadores en temporais e ordinais.

• Identificación do conflito lingüístico en Galicia: lingua dominante (castelán) vs. lingua minorizada (galego).

• Distinción dos fenómenos de bilingüismo e diglosia.

• Recoñecemento a través de textos das características temáticas e formais da poesía de Rosalía de Castro.

Valores

• Hábito de traballar en grupo.

• Valoración da poesía como medio de expresión e fonte de creación literaria.

• Interese por ampliar e precisar o propio vocabulario.

• Valoración do mundo rural como parte esencial da nosa cultura.

• Desexo de coñecer máis dobretes que deron lugar a palabras patrimoniais e cultas.

• Interese por coñecer o étimo das palabras e os cambios que sufriron.

• Toma en consideración da lingua como obxecto de observación e de análise.

• Interese por empregar textos adecuados tendo en conta a intención e a situación comunicativa.

• Interese por coñecer e aplicar correctamente as normas sobre o uso do punto e da coma.

• Habilidade para comprender e redactar textos biográficos.

• Preocupación polo uso dos distintos conectores temporais e ordinais.

• Interese por coñecer a realidade lingüística de Galicia e as medidas que se toman para a protección da lingua.

• Respecto polos dereitos lingüísticos dos galegofalantes e actitude crítica ante comportamentos e actitudes diglósicas.

• Valoración positiva das manifestacións poéticas do Rexurdimento pola súa dimensión estética e o seu interese lingüístico.

• Goce da literatura desta autora pola súa dimensión estética, como medio de expresión e interese por coñecer a autora que iniciou o Rexurdimento das Letras galegas.

7.5 Actividades

• Lectura dos datos da autora e da súa obra e respostas a unhas preguntas sobre o tema da lectura.

• Lectura dun poema de Cantares gallegos de Rosalía de Castro.

• Resposta a unhas cuestións para comprobar a comprensión lectora.

• Elaboración dun resumo do texto, achegando comentarios e valoracións persoais sobre o seu contido.

• Investigación e escoita na aula das diferentes versións musicadas do poema da lectura.

• Resolución de actividades de ampliación e precisión léxicas arredor do campo semántico da paisaxe rural.

• Clasificación en palabras cultas ou patrimoniais a partir do étimo latino e da voz galega correspondente.

• Identificación dos dobretes (cultismo e voz patrimonial) aos que deron lugar os étimos latinos que se achegan.

• Observación dunha situación na que a mensaxe pode resultar ambigua.

• Observación «dunha mesma mensaxe» dita en situacións diferentes.

• Recoñecemento entre situacións comunicativas e o nivel de lingua que se debe usar.

• Lectura de dous textos e explicación de cal é o adecuado atendendo á intención e á situación.

• Lectura dunha carta e reflexión sobre se é adecuada ou non á intención e á situación.

• Transformación da carta anterior nunha instancia oficial a partir do esquema que se achega.

• Lectura e reflexión sobre os distintos tipos de puntos que contén un texto.

• Unión entre o exemplo de uso da coma coa regra correspondente.

• Creación de enumeracións a partir dunha frase previa para traballar o uso da coma.

• Creación de oracións cos incisos ou aclaracións que se achegan.

• Reestruturación das oracións dadas de xeito que a subordinada vaia ao comezo e estea identificada con coma.

• Introdución correcta de comas nunha serie de oracións.

• Explicación da diferenza de significado de parellas de enunciados que só se diferencian polo uso dunha coma.

• Lectura da biografía de María Casares.

• Identificación da estrutura e resumo da biografía anterior consonte á táboa que se achega.

• Localización de exemplos na mesma biografía de tres das características propias da biografía.

• Comentario reflexivo sobre unhas cuestións para comprobar a comprensión lectora.

• Investigación sobre a vida de varios persoeiros galegos.

• Creación da biografía dun deses persoeiros.

• Lectura dun texto sobre actitudes lingüísticas.

• Desenvolvemento dun coloquio e resposta ás preguntas do texto anterior.

• Observación de varios chistes gráficos e a súa relación cos contidos de bilingüismo e diglosia.

• Análise de diversos aspectos relacionados coa forma e o contido de poesías de Rosalía.

• Comentario literario dun poema de Rosalía.

• Organización dunha audición musical de poemas musicados rosalianos.

• Consulta na rede sobre Rosalía.

• Lectura de enunciados e compleción do cadro que se achega.

Actividades de reforzo

• Resolución dun encrucillado coas voces patrimoniais a partir do étimo latino.

• Recoñecemento da intención comunicativa e da función dunha serie de mensaxes.

• Clasificación dunha serie de palabras segundo o nivel de lingua ao que pertenzan.

• Creación pautada de textos tendo en conta a adecuación.

• Reelaboración dun texto poñendo os puntos necesarios.

• Lectura dun fragmento de Mal de linguas de Jesús Tusón, resposta a varias cuestións e comentario reflexivo sobre o contido do texto.

• Lectura de varios poemas de Rosalía de Castro e clasificación tendo en conta a temática.

• Relectura do poema da unidade e identificación das liñas temáticas e da tipoloxía estrófica.

• Identificación e clasificación de determinados recursos en tres fragmentos de poemas de Rosalía de Castro.

• Elaboración dun comentario de texto do poema «Negra sombra» de Rosalía de Castro.

Actividades de ampliación

• Introdución correcta de puntos e comas nun texto.

• Escolla dun persoeiro actual, busca de diferentes biografías e comentario das semellanzas e diferenzas que presentan.

• Deseño de chistes gráficos que reflictan unha actitude crítica co conflito lingüístico ou coa diglosia.

• Audición na aula de versións diferentes do poema «Negra sombra».

• Creación guiada dunha versión en cómic do poema «A xustiza pola man».

• Investigación sobre a figura de Rosalía de Castro e comentario dos aspectos máis interesantes.

7.6 Avaliación

Criterios de avaliación

• Utilizar de maneira apropiada o vocabulario referido á paisaxe rural.

• Identificar palabras patrimoniais e cultas.

• Coñecer as propiedades textuais básicas dun texto.

• Empregar a propiedade da adecuación textual identificando á intención e á situación.

• Usar correctamente o punto e a coma en oracións e textos curtos correctamente.

• Escribir unha biografía de acordo cos trazos básicos deste subxénero.

• Empregar con corrección os conectores secuenciadores (temporais e ordinais).

• Coñecer os conceptos de conflito lingüístico, bilingüismo e diglosia.

• Identificar os trazos principais que definen a actual situación sociolingüística de Galicia.

• Recoñecer os trazos máis relevantes de Rosalía de Castro nos seus poemas.

• Empregar adecuadamente distintos medios e soportes electrónicos para buscar e xestionar información.

Actividades de avaliación

• Indicación dos pares léxicos (voz patrimonial e culta) que xurdiron duns étimos latinos.

• Elaboración dun texto coidando a propiedade textual da adecuación.

• Colocación das comas que faltan nunhas oracións.

• Definición e exemplificación dos conceptos de lingua dominante e lingua minorizada.

• Recoñecemento dos recursos estilísticos presentes nuns versos de Rosalía de Castro e explicación do seu valor expresivo.

Unidade 8: Xuízo á lingua

8.1 Obxectivos didácticos

• Ler textos coa intención de gozar deles.

• Distinguir familias léxicas regulares e irregulares.

• Recoñecer a propiedade textual da coherencia e os seus trazos específicos.

• Inducir e aplicar as regras de uso do punto e coma [;], dos dous puntos [:] e dos puntos suspensivos [...].

• Coñecer e redactar textos administrativos como os impresos de solicitude e as instancias.

• Recoñecer os procesos de normalización lingüística e amosar unha actitude favorable cara a el.

• Distinguir os trazos máis relevantes da obra de Manuel Curros Enríquez e gozar da súa lectura.

• Utilizar as novas tecnoloxías da información para a busca de información e para a aprendizaxe.

8.2 Competencias básicas

Competencia en comunicación lingüística

• Ser competente en comprender os textos da unidade.

• Ser competente para expresar de xeito oral e escrito as diferentes actividades que se presentan.

• Adquirir novo vocabulario a partir de actividades de aprendizaxe e da utilizacion do dicionario.

• Ter capacidade de tomar a lingua como obxecto de observación e de análise.

• Xerar ideas e estruturar o coñecemento para expresar pensamentos, emocións, vivencias e opinións.

• Dar coherencia e cohesión ao discurso.

• Adoptar unha actitude correcta á hora de escoitar e de expresarse de forma oral.

Competencia matemática

• Ter capacidade para interpretar e expresar con claridade e precisión informacións e argumentacións.

• Empregar a lóxica dedutiva e indutiva nas aprendizaxes.

Tratamento da información e competencia dixital

• Ler e interpretar de forma reflexiva e crítica as informacións aparecidas nos xornais.

• Buscar, obter, procesar e transformar información en coñecemento.

• Utilizar as novas tecnoloxías da información para a busca da información, para a aprendizaxe e tamén para a comunicación.

Competencia social e cidadá

• Valorar a pluralidade lingüística como un valor que se debe preservar e amosar respecto polas persoas que utilicen unha lingua diferente.

• Participar, tomar decisións, elixir como comportarse en determinadas situacións e responsabilizarse das eleccións adoptadas.

• Coñecer a evolución e a organización da sociedade, así como os valores do sistema democrático.

• Utilizar o xuízo moral para elixir e tomar decisións e exercer activa e responsablemente os dereitos da cidadanía.

• Recoñecer a igualdade de dereitos entre os diferentes colectivos.

Competencia cultural e artística

• Expresarse, percibir, comprender gozar e enriquecerse con diferentes realidades e producións do mundo da literatura.

• Identificar as relacións entre as manifestacións literarias e a sociedade ou a persoa que as crea.

• Usar a imaxinación e a creatividade para expresarse.

Competencia para aprender a aprender

• Ser consciente do que sabe e do que cómpre aprender.

• Formular preguntas para resolver as dúbidas.

• Ser capaz de autoavaliarse.

• Saber administrar o esforzo, aceptar os erros e aprender de e cos demais compañeiros/as.

Autonomía e iniciativa persoal

• Usar, de xeito progresivamente autónomo, os medios de comunicación social e as tecnoloxías da información e da comunicación.

• Valorar o feito de estar ben informado e interesarse por recoller informacións variadas e obxectivas sobre aquilo que interesa.

• Ser consciente da súa responsabilidade e coñecerse a si mesmo.

• Ser quen de aprender dos erros propios de rectificar e asumir riscos.

8.3 Ensinanzas transversais

• Educación para o lecer: a aproximación á literatura como forma enriquecedora de lecer está presente no apartado de Literatura e no de Lectura.

• Educación moral e cívica: ao longo da unidade son varias as actividades nas que o alumnado debe traballar en grupo, favorecendo a asimilación dos conceptos de comunicación e diálogo como mecanismos de comprensión e entendemento entre as persoas. Ademais, no apartado de Lectura tamén se pode traballar a non-discriminación ao facer fincapé nos dereitos lingüísticos e na reivindicación do galego. Estes mesmo contidos son traballados no apartado de Lingua e sociedade de xeito directo co tema da normalización lingüística. O traballo co léxico en Léxico e semántica tamén dá xogo para traballar contidos de caracter cívico e moral que se poden reforzar no apartado de Lingua oral e escrita pois o alumnado estudará un tipo de documentos cos que se dirixir á Administración ou a unha institución, para, por exemplo, solicitar ou defender os seus dereitos. No apartado de Literatura tamén están presentes contidos de carácter cívico ou social.

• Educación para o bo consumo: o estudo da solicitude e instancia do apartado de Lingua oral e escrita tamén se pode enfocar para que o alumnado poida defender os seus dereitos como consumidores/as.

8.4 Contidos

Conceptos

• O campo semántico da Administración e da Xustiza.

• A familia léxica.

• A gramática textual: a coherencia.

• A coherencia: a unidade temática e a xerarquización das ideas.

• A oración subordinada adverbial propia.

• O punto e coma, os dous puntos e os puntos suspensivos.

• A solicitude.

• A instancia.

• A normalización lingüística.

• A normativización lingüística.

• O Rexurdimento: a lírica (II).

• Curros Enríquez.

Procedementos

• Anticipación da temática da lectura a partir dunha ficha sobre o autor e a súa obra e dunhas preguntas previas.

• Lectura dun texto teatral e comprensión deste a través de diversas cuestións sobre o seu contido.

• Reflexión razoada e crítica sobre os argumentos expostos na lectura acerca da lingua galega.

• Realización dunha lectura dramatizada do texto en grupos de seis.

• Ampliación e precisión léxica.

• Identificación e clasificación das familias léxicas.

• Recoñecemento da coherencia dun texto a través da súa unidade temática e da xerarquización das ideas.

• Identificación da función e dos usos do punto e coma, dos dous puntos e dos puntos suspensivos.

• Observación de modelos de impresos de solicitudes e instancias.

• Identificación das diferentes iniciativas de normalización lingüística.

• Recoñecemento dos logros e fracasos do proceso de normalización do galego.

• Valoración do labor levado a cabo para a normativización da lingua galega.

• Recoñecemento a través de textos das principais características temáticas e formais da obra de Curros Enríquez.

Valores

• Hábito de traballar en grupo.

• Valoración do teatro como medio de expresión e de crítica.

• Interese por ampliar e precisar o propio vocabulario.

• Interese por ampliar as familias léxicas para descubrir se son irregulares ou non.

• Toma en consideración da lingua como obxecto de observación e de análise.

• Interese por empregar textos coherentes tendo en conta a unidade temática e a intención comunicativa.

• Interese por coñecer e aplicar as normas de uso sobre o punto e coma, os dous puntos e os puntos suspensivos.

• Hábito de cubrir correctamente impresos de solicitude e de redactar instancias.

• Interese por coñecer a realidade lingüística de Galicia e as medidas que se toman para a protección da lingua.

• Valoración positiva das manifestacións poéticas do Rexurdimento pola súa dimensión estética e o seu interese lingüístico.

• Goce da literatura pola súa dimensión estética e como medio de expresión, e interese por coñecer a obra de Manuel Curros Enríquez pola súa significación na literatura galega.

8.5 Actividades

• Lectura dos datos do autor e da súa obra e respostas a unhas preguntas sobre o tema da lectura.

• Lectura dun fragmento da obra teatral Comedia bífida de Manuel Núñez Singala.

• Resposta a unhas cuestións para comprobar a comprensión lectora.

• Reflexión razoada e crítica sobre os argumentos expostos na lectura acerca da lingua galega.

• Realización dunha lectura dramatizada do texto en grupos de seis.

• Resolución de actividades de ampliación e precisión léxicas arredor do campo semántico asociado á administración e á xustiza.

• Resolución da sopa de letras asociada a tres familias léxicas irregulares.

• Achega de palabras para a creación de varias familias léxicas e clasificación entre regulares e irregulares.

• Observación dun texto coherente.

• Recoñecemento da información básica para a creación dun texto expositivo coherente.

• Creación dun texto expositivo coherente a partir da información do exercicios anterior.

• Identificación das ideas principais e secundarias de dous textos.

• Lectura de dous textos incoherentes e localización dos seus erros.

• Escolla dunha das opcións que se dan para a creación dun texto coherente.

• Introdución de exemplos do uso do punto e coma consonte ás regras que se achegan nunha táboa.

• Relación entre regra e exemplo de uso dos dous puntos.

• Achega de exemplos do uso dos puntos suspensivos consonte ás regras que se achegan nunha táboa.

• Recoñecemento da regra de uso do punto e coma a partir do seu emprego nun conxunto de oracións.

• Introdución, onde conveña, dos dous puntos nunha serie de oracións.

• Introdución, onde conveña, dos puntos suspensivos nunha serie de oracións

• Substitución dun símbolo por punto, coma, punto e coma, dous puntos ou puntos suspensivos segundos lle acaia.

• Observación dun modelo impreso de solicitude.

• Copia do modelo anterior e a súa compleción segundo as pautas que se achegan.

• Lectura e observación dunha instancia para a localización das fórmulas fixas que contén.

• Busca de noticias relacionadas coa normalización lingüística do galego e clasificación entre iniciativas institucionais, colectivas ou individuais.

• Investigación sobre feitos relevantes no proceso de normalización do galego.

• Investigación en grupos sobre o grao de normalización do galego no seu contorno.

• Lectura dun poema de Curros e resposta a unha serie de preguntas para comprobar a comprensión lectora así como a localización de exemplos que xustifiquen a liña na que se encadra o poema.

• Elaboración dun comentario literario do poema «Ós mozos» de Curros Enríquez.

Actividades de reforzo

• Localización da palabra que non pertence ás familias léxicas que se achegan.

• Distinción das diferentes partes que forman un único texto incoherente para a creación de tres textos coherentes.

• Creación dunha instancia a partir das opcións que se dan.

• Lectura e clasificación de noticias segundo supoña avance ou atranco no proceso de normalización do galego.

• Lectura de tres poemas de Aires da miña terra de Curros Enríquez, o seu resumo e a súa clasificación dentro das liñas temáticas estudadas.

Actividades de ampliación

• Investigación en grupo para a creación de solicitudes de axuda escolar.

• Creación pautada en parellas de carteis que promovan a normalización do galego.

• Creación pautada dun poema de temática cívica.

8.6 Avaliación

Criterios de avaliación

• Utilizar de maneira apropiada o vocabulario referido á Administración e á Xustiza.

• Crear familias lexicais e clasificala en regulares e irregulares.

• Empregar a propiedade da coherencia textual mantendo a unidade temática e a intención comunicativa.

• Usar adecuadamente o punto e coma, os dous puntos e os puntos suspensivos en oracións e textos curtos.

• Elaborar adecuadamente impresos de solicitudes e instancias.

• Distinguir os conceptos de normalización lingüística e normativización lingüística.

• Recoñecer a importancia das campañas individuais, colectivas ou institucionais de normalización.

• Identificar os trazos máis relevantes da obra de Curros Enríquez en poemas concretos do autor.

• Empregar adecuadamente distintos medios e soportes electrónicos para buscar e xestionar información.

Actividades de avaliación

• Indicación das palabras do ámbito xurídico e administrativo que se corresponden cunhas definicións.

• Indicación das familias léxicas de «terra» e de «leite» e clasificación destas segundo sexan regulares ou irregulares.

• Definición e exemplificación nun texto da propiedade textual da coherencia.

• Compleción dunhas oracións co punto e coma [;], cos dous puntos [:] ou cos puntos suspensivos […] onde cumpra.

• Elaboración dun esquema sobre as liñas temáticas na lírica de Curros Enríquez.

Unidade 9: Unha loita implacable

9.1 Obxectivos didácticos

• Ler textos coa intención de gozar deles.

• Distinguir préstamos lingüísticos, calcos e estranxeirismos; e ampliar e precisar o vocabulario.

• Recoñecer a propiedade textual da cohesión e os seus trazos específicos.

• Inducir e aplicar as regras de uso dos signos de interrogación e admiración, das parénteses e das comiñas.

• Coñecer o subxénero periodístico da entrevista e desenvolver correctamente entrevistas orais e escritas.

• Recoñecer os diferentes tipos de interferencias ortográficas e amosar un rexeitamento do seu uso.

• Distinguir os trazos máis importantes da obra de Eduardo Pondal e gozar coa súa lectura.

• Utilizar as novas tecnoloxías da información para a busca de información e para a aprendizaxe.

9.2 Competencias básicas

Competencia en comunicación lingüística

• Ser competente en comprender os textos da unidade.

• Ser competente para expresar de xeito oral e escrito as diferentes actividades que se presentan.

• Adquirir novo vocabulario a partir de actividades de aprendizaxe e da utilizacion do dicionario.

• Ter capacidade de tomar a lingua como obxecto de observación e de análise.

• Xerar ideas e estruturar o coñecemento para expresar pensamentos, emocións, vivencias e opinións.

• Dar coherencia e cohesión ao discurso.

• Adoptar unha actitude correcta á hora de escoitar e de expresarse de forma oral.

Competencia matemática

• Ter capacidade para interpretar e expresar con claridade e precisión informacións e argumentacións.

• Empregar a lóxica dedutiva e indutiva nas aprendizaxes.

Tratamento da información e competencia dixital

• Ler e interpretar de forma reflexiva e crítica as informacións aparecidas nos xornais.

• Buscar, obter, procesar e transformar información en coñecemento.

• Utilizar as novas tecnoloxías da información para a busca da información, para a aprendizaxe e tamén para a comunicación.

Competencia social e cidadá

• Valorar a pluralidade lingüística como un valor que se debe preservar e amosar respecto polas persoas que utilicen unha lingua diferente.

• Participar, tomar decisións, elixir como comportarse en determinadas situacións e responsabilizarse das eleccións adoptadas.

• Reflexionar sobre os fenómenos deportivos na actualidade así como os valores deportivos máis esenciais de colaboración, de compañeirismo e de solidariedade e a súa aplicación a outros ámbitos da vida do alumnado.

• Recoñecer a igualdade de dereitos entre os diferentes colectivos.

Competencia cultural e artística

• Expresarse, percibir, comprender gozar e enriquecerse con diferentes realidades e producións do mundo da literatura.

• Identificar as relacións entre as manifestacións literarias e a sociedade ou a persoa que as crea.

• Usar a imaxinación e a creatividade para expresarse.

Competencia para aprender a aprender

• Ser consciente do que sabe e do que cómpre aprender.

• Formular preguntas para resolver as dúbidas.

• Ser capaz de autoavaliarse.

• Saber administrar o esforzo, aceptar os erros e aprender de e cos demais compañeiros/as.

Autonomía e iniciativa persoal

• Usar, de xeito progresivamente autónomo, os medios de comunicación social e as tecnoloxías da información e da comunicación.

• Valorar o feito de estar ben informado e interesarse por recoller informacións variadas e obxectivas sobre aquilo que interesa.

• Ser consciente da súa responsabilidade e coñecerse a si mesmo.

• Ser quen de aprender dos erros propios de rectificar e asumir riscos.

9.3 Ensinanzas transversais

• Educación para o lecer e Educación para a saúde e calidade de vida: a entrevista a Xisela Aranda (Lingua oral e escrita) suxire unha boa alternativa para o lecer e fomenta hábitos saudables (a práctica do deporte ao aire libre), ao que tamén contribúe o texto escollido para o apartado de Gramática, o léxico que se traballa en Léxico e semántica ou as actividades de reflexión e creación da Lectura.

• Educación para o lecer: a aproximación á literatura como forma enriquecedora de lecer está presente no apartado de Literatura, no de Lectura e en Lingua oral e escrita.

• Educación moral e cívica: ao longo da unidade son varias as actividades nas que o alumnado debe traballar en grupo, favorecendo a asimilación dos conceptos de comunicación e diálogo como mecanismos de comprensión e entendemento entre as persoas. O apartado de léxico de Léxico e semántica dá pé para tratar tamén a diversidade lingüística e cultural asociada aos préstamos lingüísticos No apartado de Literatura tamén están presentes contidos de carácter cívico ou social.

• Educación para a igualdade de oportunidades entre os sexos: a descrición dos roles que se establecen na lírica pondaliana que se ven no apartado de Literatura pode servir para traballar a igualdade de xénero tanto no aspecto sentimental coma no social

• Educación sexual: a través dos poemas pondalianos presentes no apartado de Literatura pódense traballar contidos asociados á expresión dos sentimentos e ao respecto entre os dous sexos.

9.4 Contidos

Conceptos

• Os deportes.

• Os préstamos lingüísticos.

• A gramática textual: a cohesión.

• O marcadoras textuais: tipos.

• Os signos de interrogación e admiración.

• As parénteses e as comiñas.

• A entrevista.

• As interferencias lingüísticas: tipos.

• O Rexurdimento: a lírica (III)

• Eduardo Pondal.

Procedementos

• Anticipación da temática da lectura a partir dunha ficha sobre ela e dunhas preguntas previas.

• Lectura dun texto narrativo e comprensión deste a través de diversas cuestións sobre o seu contido.

• Desenvolvemento dun coloquio sobre o deporte.

• Investigación en grupos, elaboración e exposición da biografía de dous deportistas galegos.

• Ampliación e precisión léxica.

• Distinción entre préstamos lingüísticos e estranxeirismos.

• Recoñecemento dunha boa cohesión textual a través recorrencia de palabras e dos marcadores textuais dun texto.

• Identificación e clasificación dos principais marcadores textuais.

• Distinción da función e dos usos dos signos de interrogación e admiración, das parénteses e das comiñas.

• Lectura dunha entrevista e análise da súa forma e contido.

• Identificación e clasificación das principais interferencias do castelán na lingua galega.

• Recoñecemento a través de textos das principais características temáticas e formais da obra de Eduardo Pondal.

Valores

• Hábito de traballar en grupo.

• Valoración da fantasía como fonte de creación literaria.

• Valoración dos deportes como medios de socialización e entretemento e non de rivalidade.

• Interese polo deporte para mellorar a nosa saúde e ter mellor calidade de vida.

• Curiosidade por coñecer a orixe dos préstamos lingüísticos.

• Interese por coñecer máis estranxeirismos para evitalos e usar a forma galega correspondente.

• Toma de consideración da lingua como obxecto de observación e de análise.

• Interese por empregar textos cohesivos empregando distintos marcadores textuais e os recursos de recorrencia de palabras.

• Interese por coñecer e aplicar correctamente as regras de uso dos signos de interrogación e admiración, as parénteses e as comiñas.

• Interese por realizar as entrevistas segundo a estrutura que se achega e na busca de información para realizalas.

• Hábito de escoitar con respecto as intervencións alleas.

• Interese por evitar os castelanismos máis frecuentes.

• Curiosidade por descubrir outros castelanismos e por buscar o termo galego correspondente.

• Valoración positiva das manifestacións poéticas do Rexurdimento pola súa dimensión estética e o seu interese lingüístico.

• Goce da literatura pola súa dimensión estética e como medio de expresión, e interese por coñecer a obra de Eduardo Pondal pola súa significación na literatura galega.

9.5 Actividades

• Lectura dos datos do autor e da súa obra e respostas a unhas preguntas sobre o tema da lectura.

• Lectura dun fragmento da novela Morte desde seis vinte e cinco de Jordi Cervera.

• Resposta a unhas cuestións para comprobar a comprensión lectora.

• Desenvolvemento dun coloquio sobre o deporte.

• Investigación en grupos, elaboración e exposición da biografía de dous deportistas galegos.

• Resolución de actividades de ampliación e precisión léxicas arredor do campo semántico dos deportes.

• Busca das voces que deron orixe a unha serie de préstamos que se achegan.

• Clasificación de préstamos segundo a lingua de orixe.

• Recoñecemento de préstasmos e estranxeirismos e achega da forma galega para o estranxeirismo.

• Investigación en parellas sobre a orixe dunha serie de calcos de uso frecuente no galego.

• Observación dunha serie de textos e relación entre o recurso de recorrencia que se usa co exemplo correspondente deses textos.

• Reelaboración dun texto usando os tres recursos de recorrencia estudados.

• Comparación en grupos dos textos reelaborados na actividade anterior e comentario do uso que se fixo dos recursos de recorrencia.

• Lectura e observación dun texto con marcadores textuais.

• Asociación dos marcadores textuais do exercicio anterior co valor correspondente.

• Revisión en parellas do exercicio anterior.

• Reelaboración dun texto co uso dos recursos de recorrencia estudados para unha maior cohesión textual.

• Reelaboración de oracións para lles dar sentido e identificación dos marcadores textuais que se empregan.

• Inclusión de marcadores textuais nun texto e a súa clasificación xustificada segundo o seu valor.

• Recoñecemento nun texto dos exemplos de recorrencia textual segundo o modelo dun texto previo.

• Relación entre exemplo e regra de uso dos signos de interrogación e exclamación.

• Achega de exemplos ás regras de uso dos parénteses.

• Relación entre exemplo e regra de uso das comiñas.

• Substitución do símbolo polo signos de interrogación ou admiración que lle acaia.

• Lectura dun conxunto de oracións e inclusión dos parénteses que precisen.

• Lectura dunha serie de enunciados e introdución das comiñas que precisen.

• Lectura atenta dunha entrevista a Xisela Aranda.

• Numeración das liñas da entrevista anterior e identificación da súa estrutura segundo o esquema que se achega.

• Extracción da parte dialogada da entrevista de exemplos que indiquen a obxectividade da información ou a subxectividade da información.

• Busca de entrevistas na Radio Galega e na TVG, a súa gravación e a comparación co modelo de entrevista escrita que se estudou.

• Substitución do símbolo pola letra axeitada.

• Resolución dunha sopa de letra para localizar as formas galegas dos castelanismos que se achegan e a clasificación destes segundo sexan plenos ou adaptados.

• Identificación das frases feitas galegas para substituír as castelás que teñen un valor similar.

• Elaboración de oracións coas frases feitas galegas anteriores.

• Localización, corrección e clasificación dos castelanismos que aparecen nun conxunto de oracións.

• Lectura dun poema de Pondal e resposta a unhas cuestións asociadas ao contido e á forma.

• Elaboración dun comentario literario dun poema de Pondal.

• Relación entre unhas «palabras insólitas» e o seu significado.

• Creación das súas propias «palabras insólitas» e escolla da mellor.

Actividades de reforzo

• Investigación e achega dos préstamos que corresponden a unha serie de voces foráneas que se achegan.

• Lectura de tres textos e recoñecemento dos recursos de recorrencia como elementos de cohesión textual.

• Busca de entrevistas e identificación das partes que as forman seguindo o esquema que se achega.

• Lectura correcta dun conxunto de oracións atendendo aos dígrafos e letras destacados.

• Lectura de dous poemas pertencentes a Queixumes dos pintos de Eduardo Pondal, elaboración do seu resumo, a súa clasificación atendendo ao tema e resposta a varias cuestións para comprobar a comprensión lectora.

Actividades de ampliación

• Creación dun texto que manteña a propiedade de cohesión e revisión en parellas prestando atención á recorrencia de palabras e aos marcadores textuais.

• Creación dun texto no que se vexa diferentes usos dos signos de interrogación e admiración, das parénteses e das comiñas.

• Realización pautada dunha entrevista en parellas dun persoeiro relevante da vosa contorna.

• Exposición na aula das entrevistas feitas.

• Investigación en grupos sobre os heroes Breogán e Leónidas e presentación da información a través de diapositivas.

9.6 Avaliación

Criterios de avaliación

• Utilizar de maneira apropiada o vocabulario referido aos deportes.

• Distinguir entre préstamos lingüísticos e estranxeirismo.

• Evitar o uso de estranxeirismos.

• Empregar a propiedade da cohesión textual empregando os distintos marcadores textuais e os recursos de recorrencia de palabras.

• Empregar con corrección os signos de interrogación e admiración, as parénteses e as comiñas.

• Levar a cabo entrevistas orais e escritas que respecten a estrutura deste subxénero xornalístico.

• Identificar as principais interferencias lingüísticas do castelán no galego e evitalas.

• Identificar os trazos máis relevantes da obra de Eduardo Pondal en poemas concretos do autor.

• Empregar adecuadamente distintos medios e soportes electrónicos para buscar e xestionar información.

Actividades de avaliación

• Clasificación dunhas palabras segundo o deporte ao que correspondan.

• Clasificación dos marcadores textuais presentes nun texto.

• Colocación das parénteses que faltan nunhas oracións.

• Corrección das interferencias que conteñen unhas oracións e posterior clasificación destas.

• Elaboración dun texto que describa a obra Os Eoas de Eduardo Pondal.

Monográfico III. Recursos para aprender

III.1 Obxectivos

• Manexar técnicas de estudo cooperativas que faciliten a aprendizaxe.

III.2 Competencias básicas

Competencia para aprender a aprender

• Ser capaz de planificar autonomamente o estudo individual e en grupo.

• Desenvolver destrezas que favorezan a aprendizaxe cooperativa.

III.3 Ensinanzas transversais

• Educación moral e cívica: a técnica da aprendizaxe cooperativa permite fomentar o respecto polas opinións e polo labor dos compañeiros, xa que o traballo coordinado en grupo é indispensable para a realización da actividade.

III.4 Contidos

Conceptos

• Técnicas de estudo para mellorar o rendemento escolar: a aprendizaxe cooperativa.

Procedementos

• Posta en práctica dunha técnica de aprendizaxe en grupo para a determinación das ideas principais e secundarias dun texto.

• Posta en práctica doutra técnica de aprendizaxe cooperativa para a memorización das palabras dunha serie.

Valores

• Aprecio pola responsabilidade e a cooperación no estudo.

III.5 Actividades

• Práctica das técnicas da aprendizaxe cooperativa no estudo de contidos de diferentes unidades o libro.

• Coloquio sobre os aspectos máis positivos e os mellorables das técnicas de aprendizaxe cooperativa apliacadas anteriormente.

• Busca doutras técnicas de aprendizaxe en grupo e posta en común do resultado das pescudas.

III.6 Avaliación

Criterios de avaliación

• Empregar con regularidade técnicas de aprendizaxe cooperativa.

Actividades de avaliación

• Posta en práctica e avaliación posterior dunha técnica de estudo colaborativo.

................
................

In order to avoid copyright disputes, this page is only a partial summary.

Google Online Preview   Download