UNIDADE 13



|UNIDADE 13.- OS SÉCULOS ESCUROS E O PRE-REXURDIMENTO. A LITERATURA GALEGA NOS SÉCULOS ESCUROS[1]. |

I.- OS SÉCULOS ESCUROS E O PRE-REXURDIMENTO (pp. 270-277).

1.- OS SÉCULOS ESCUROS.

|0.5 p. |Séculos Escuros: |

| |Marxinación social do idioma galego (pola imposición do castelán). |

| |Ausencia de literatura culta escrita en galego. |

| | |

| |Guerra dinástica Xoana “a Beltranexa” fronte a Isabel a Católica( Vitoria de Isabel( As clases dirixentes civís |

| |e eclesiásticas (desde fins do séc. XV) son de orixe castelá( Búscase a centralización do poder. |

|1.1.- A situación política |a) Dominio castelán e represión de calquera descontento social mediante: |

|1 p. |- A “Santa Hermandad” (exército castelán) / A Inquisición. |

| |b) Parte da alta nobreza galega vai vivir á Corte. |

| |c) Retirada do dereito a voto nas cortes a favor de Zamora. |

| |Época de “doma e castración” do reino de Galicia (palabras de Jerónimo Zurita, cronista de Isabel a Católica). |

| | |

| |Cfr. mapa (1620, séc. XVII) das sete provincias do antigo Reino de Galicia. |

| | |

| |Situación socioeconómica( Sistema rendista: |

| |*Campesiños: pagaban os foros aos señores. |

| |*Señores (alto clero, nobreza e fidalguía): exentos de impostos, vivían das rendas pagadas polos campesiños. |

| |A fidalguía.- Clase social que nace como intermediaria no cobro das rendas entre campesiños e alta nobreza (que |

| |vivía na Corte). Progresivamente van aumentando o seu poder. |

|1.2.- A demografía. |Galicia densamente poboada; só 10% é poboación urbana. |

| |Emigración séc. XVI a XVIII: emigración a Andalucía, Portugal e Castela (para a sega e a vendima, os oficios |

|0.5 |máis duros e malpagados). |

|1.3.- A imaxe de Galicia e dos |Dominación e marxinación política + Emigración + Pobreza( Consideración despectiva de Galicia e os galegos: |

|galegos durante os Séculos |Imaxe de Galicia como terra inhóspita e fea / Imaxe do pobo galego como mísero, atrasado, inculto… |

|Escuros. |Imaxe documentada na literatura española do Renacemento e Barroco (Cfr. versos de Góngora, páx. 271). |

|1 p. | |

| |El buho gallego (1620), atribuído ao VII Conde de Lemos: un dos poucos textos que replicaron a estes ataques. É |

| |unha alegoría política. Cfr. ilustracións páx. 272. |

|1.4.- Situación | |

|sociolingüística. As orixes do |Idade Media |

|conflito lingüístico. |Desde séc. XV (Séculos Escuros) |

|1 p. | |

| |Monolingüismo en galego. |

| |Introdución do castelán en Galicia( Progresiva marxinación do galego. |

| | |

| | |

| |Séculos Escuros( Situación diglósica: |

| |Lingua A (castelán) |

| |Lingua B (galego) |

| | |

| |Clases altas |

| |Clases baixas |

| | |

| |Lingua das capas altas da sociedade (nobreza, xerarquía eclesiástica e militar, alto funcionariado). |

|1 p. |Uso exclusivamente oral e coloquial (falado polo 90-95% da poboación) |

| | |

| |Ignorada pola práctica totalidade dos galegos, usada polos que teñen o poder. |

| |Coñecida e usada por case todos, pero minusvalorada socialmente. |

| | |

| | |

| | |

| |Consecuencias da situación diglósica: |

| |Fragmentación dialectal do galego, ao carecer dun modelo culto de referencia. Desde o Renacemento ao XVIII, as |

| |principais linguas románicas fixan a súa norma culta (con gramáticas, dicionarios). Isto non ocorre co galego. |

| |Ruralización do léxico( Ao non haber cultivo en ámbitos cultos, o galego queda circunscrito a unha área social |

| |concreta, vinculado ao mundo agrario-mariñeiro. |

| |Castelanización do léxico( Galego contaminado polas interferencias do castelán (galego coñecido coloquialmente |

| |como “castrapo”). |

| |Castelanización da onomástica (antropónimos e topónimos) de forma arbitraria e ás veces defectuosa. |

| |O galego, afastado de ámbitos cultos e formais, acaba convertíndose nun idioma desprestixiado( Aparición dun |

| |sentimento de “auto-odio” [traducido na minusvalorización do galego e a interiorización dun sentimento de |

| |inferioridade por parte dos galegos]( Os propios falantes sentían o galego como unha lingua incapaz de asumir |

| |funcións de prestixio e cultura. |

2.- A REIVINDICACIÓN LINGÜÍSTICA NA ILUSTRACIÓN E NO PRE-REXURDIMENTO.

|2.1.- Galicia baixo o |Trunfan o Absolutismo e Despotismo ilustrado como métodos de goberno. |

|absolutismo dos borbóns. |Profunda reforma administrativa / Cortáronse as leis propias da Coroa de Aragón. |

| | |

|Cambio de dinastía: último |Situación socioeconómica: recesión económica, agravada desde mediados do XVIII( [Descenso da produción agrícola,|

|Austria, Carlos II( primeiro |perda dos mercados tradicionais do viño galego, permanencia do sistema foral, etc.] ( Fames, pestes, emigración,|

|borbón, Filipe V, rei de España|aumento do número de mendigos… ( ( FERROL. |

|en 1701. | |

|1 p. | |

|2.2.- Os Ilustrados: renacer da|Séc. XVIII( Século das Luces( Ilustración: A razón + Desenvolvemento científico-técnico. En Galicia, os |

|conciencia galega. |ilustrados: |

|1 p. | |

| |Buscan remedio á situación de atraso e marxinación de Galicia (en idioma, cultura, economía, técnica, educación,|

| |etc.)( nas súas obras tratan o combate contra as supersticións, a reforma da agricultura, a introdución de |

| |novas técnicas, a reforma das leis, a condenación da tortura, da guerra e da pena de morte, a reforma na |

| |educación, etc… |

| |Crean institucións, p.e. a “Sociedad Económica de Amigos del País”. |

| | |

| |Cfr. Antonio Raimundo Ibáñez (páx. 274) e outros. |

|2.3.- Situación |Etapa anterior, o idioma está asociado ás clases sociais: clases altas=castelán, clases baixas=galego (cfr. |

|sociolingüística no século |punto 1.4). |

|XVIII. A formación dos | |

|prexuízos lingüísticos. |Séc. XVIII( retroceso na situación do galego: |

|1 p. |a) Aumenta a extensión social do castelán en Galicia: o castelán é usado tamén por sectores da fidalguía e das |

| |clases medias urbanas e vilegas de Galicia. |

| |b) O idioma é sinal de estatus social e cultural( Na mentalidade social nacen os prexuízos lingüísticos que –en |

| |parte- perduran a día de hoxe (ler páx. 275). |

|2.4.- Os Ilustrados e o |Algúns ilustrados galegos defendan a lingua galega: |

|espertar da conciencia |Investigación: buscan as súas orixes. |

|lingüística. |Defenden a súa valía como idioma de cultura, como calquera outro. |

| |Reclaman a introdución na escola e na igrexa. |

|2 p. |Reivindican o seu uso escrito. |

| |1 p. |

| |Frei Benito Xerónimo Feixóo.- Demostrou que o galego procedía do latín e non era dialecto do castelán. Ler páx. |

| |275: outras aportacións. |

| |0.5 p. |

| |Frei Martiño Sarmiento.- Foi un dos pais da Filoloxía románica en xeral e da galega en particular. Ler traballos|

| |(páx. 276). |

| |Estudou a lingua galega (léxico, etimoloxías, etc.) |

| |Reflexionou sobre o proceso histórico que levou á imposición do castelán en Galicia (e á marxinación do galego).|

| |Propuxo medidas para o uso do galego na escola e na Igrexa, fronte á imposición exclusiva do castelán. (0.5 p.) |

II.- A LITERATURA GALEGA NOS SÉCULOS ESCUROS (pp. 278-283).

1.- A LITERATURA ORAL E POPULAR.

|0.25/ítem |Séculos XV a XVIII( Literatura galega: carácter oral, popular, anónimo. |

| |Conservación a través da memoria colectiva( Perdeuse gran parte. Unha pequena porción foi recompilada polos |

| |Ilustrados do XVIII (p.e. Sarmiento) e por eruditos do XIX (p.e. Murguía). |

|1.1.- O Cancioneiro popular. |Alalás, desafíos, esconxuros, cantigas de berce, coplas satíricas, etc. |

| |Acompañadas de música. Préstanse en moitas ocasións ao bailes. |

| |Estrofas utilizadas: copla (ou cántiga), muiñeira de hendecasílabos… |

|1.2.- A narrativa oral. |Contos, lendas, refráns e adiviñas. |

| |Contos: marabillosos, exemplares e humorísticos. |

| |Lendas: etiolóxicas (narran a orixe ou causa dun feito, o nome dun lugar…), haxiográficas (feitos relixiosos), |

| |históricas. |

2.- A LITERATURA CULTA NOS SÉCULOS ESCUROS.

| |Apenas existen mostras de literatura culta nos Séculos Escuros. As clases altas –séc. XV a XVIII- só usaron o |

| |galego escrito en contadas ocasións. |

|2.1.- Poesía. |Pranto da Frouseira (Anónimos, séc. XV)( A fortaleza da Frouseira maldí a traizón ao Mariscal Pardo de Cela e |

| |chora o seu axustizamento na praza de Mondoñedo. |

| |Sonetos renacentistas e barrocos (Non hai que sabelo: son 4 sonetos: o de Monterrei, o da Condesa de Altamira e |

| |dous pola morte da raíña Margarita de Austria). |

| |Poesía de circunstancias: o saqueo de Cangas polos turcos (atacada en 1617). |

| |Composicións das Festas Minervais. Romances de estilo barroco presentados ao concurso universitario das Festas |

| |Minervais da Universidade de Santiago (1697). |

| |Vilancicos cultos. Compostos e interpretados por músicos de capela tanto en Galicia como noutros puntos da |

| |Península Ibérica (Coímbra, Toledo, VallAdolid, Lisboa…). |

|2.2.- Teatro. |Entremés famoso sobre a pesca no río Miño (séc. XVII) . Coflitos entre pescadores portugueses a galegos no río |

| |Miño. |

|2.3.- Prosa. |Relazón da carta xecutoria e copia de os que venderon a Frouseyra (séc. XVI) (non hai que saber o título). |

| |Nárrase a traizón ao mariscal Pardo de Cela. |

| |Cartas en galego de ou para o conde de Gondomar (cfr. páx. 272). |

3.- A LITERATURA ILUSTRADA [E O PRE-REXURDIMENTO]. 0.5/ítem

|3.1.- Os Ilustrados. |Os ilustrados galegos redactaron a maior parte dos seus escritos en castelán. Con todo, algúns cultivaron a |

| |lírica, abrindo o camiño que conduciría ao Rexurdimento. |

| |Padre Sarmiento: “Coplas galegas”. Coplas creadas coa finalidade de recompilar de maneira amena palabras galegas|

| |que anotou na súa viaxe a Galicia (1745). Gran valor lingüístico, escaso valor literario. |

| |O cura de Fruíme. Poemas loando a Galicia , para combater a mala imaxe da que era obxecto a nosa terra. |

| |Francisca de Isla e Losada. Consérvase un romance en galego adicado ao cura de Fruíme. Pouco antes de morrer |

| |ordenou queimar case toda a súa obra. |

| |Entremés do portugués (anónimo, séc. XVIII, descuberto e publicado en 1985). Peza cómica, en contra da visión |

| |negativa que existía dos galegos nesa época, afirmando as súa intelixencia respecto de españois, franceses e |

| |portugueses. |

|3.2.- A literatura política |Período de 1808 a 1836( Guerra contra os franceses, e as posteriores loitas entre absolutistas e liberais( Uso |

|anti-francesa e |escrito do galego con finalidade propagandística( Carácter utilitario: |

|anti-absolutista. | |

|(Propagandística) |*Chamamentos á guerra contra o invasor francés. |

| | |

|(Pre-Rexurdimento) |*Comentarios sobre a actualidade política. Exemplos (non hai que sabelos): |

| |*Proezas de Galiza (1810): relato novelado das aventuras dun soldado contra as tropas napoleónicas. |

| |*Os rogos dun gallego (1813): denuncia contra a Inquisición. |

| |*Varios diálogos, reproducindo conversas de actualidade entre labregos. Escritos con fins propagandístico, case |

| |sempre a favor do bando liberal. |

-----------------------

[1] Guión unidade 13, libro de texto: Lingua e literatura 1º Bacharelato, Baía Eicións.

................
................

In order to avoid copyright disputes, this page is only a partial summary.

Google Online Preview   Download