Www.edu.xunta.gal



ºTEMA I: XEOGRAFÍA

A-GRECIA: da antiga Grecia formaban parte:

1-A Grecia continental (península helénica): dividida en 3 ámbitos:

a-Grecia septentrional: con rexións como Epiro, Tesalia, Macedonia e Tracia.

b-Grecia central: con rexións como Etolia, Lócride-Dóride, Beocia (capital Tebas) e Ática (capital Atenas).

c-Grecia meridional (Peloponeso): formada por Élida, Arcadia, Mesenia, Laconia (capital Esparta) e Argólida.

2-Illas do Exeo (Creta, Lesbos, Rodas etc).

3-Costas occidentais de Asia Menor (actual Turquía).

A todo este territorio compre engadir as colonias gregas no Mediterráneo (fundadas a partir do S VIII A de Xto) e os reinos helenísticos ( xurdidos a partir do S IV A de Xto da división do imperio de Alexandre Magno).

A Grecia continental estivo habitada desde tempos muy antigos. No VI milenio A de Xto estaba ocupada polos pelasgos. Sobre 3000 A de Xto desenvolveuse en Creta a civilización cretense ou minoica, que baseaba o seu poderío no comercio e o dominio do mar e tivo unha importante actividade artística e cultural, As suas ciudades estaban gobernadas por un rei e erguíanse en torno a un gran pazo, que era o centro político, económico e relixioso.

A partir de 1900 A de Xto penetraron na Grecia continental unha serie de pobos indoeuropeos procedentes da península balcánica de estirpe e lingua gregas. Estes primeiros gregos, integrados por etnias diversas ( aqueos, eolios e xonios) crearon a cultura micénica, que acadou o maior esprendor a partir de 1400 A de Xto, tras ocupar Creta. Os micénicos foron ante todo guerreiros e as suas ciudades eran verdadeiras fortalezas, baixo o mando dun rei.

Sobre 1150 A de Xto produciuse o colapso da civilización micénica a mans dos dorios, outro pobo indoeuropeo de lingua grega, cos que comeza a historia de Grecia.

B-ITALIA E ROMA: a partir de 1400 A de Xto penetraron en Italia, en 2 grandes oleadas, os pobos itálicos, de estirpe indoeuropea: os latinos ( asentados no Lacio o rexión central da península itálica) e os umbros ( no nordés, leste e sur ).

A comezos do I milenio A de Xto apareceron os etruscos ( non indoeuropeos, asentados na actual Toscana)

A partir do S VIII A de Xto os gregos comezaron a establecer colonias no sur de Italia e Sicilia ( Cumas, Neapolis, Tarento, Siracusa, etc).

A estes pobos compre engadir outros ( ligures, sicanos) dos que sabemos moi pouco e eran a antiga poboación autóctona.

Foi na rexión do Lacio, na que os habitantes estaban adicados á agricultura e gandería, onde no S VIII A de Xto xurdiú Roma, ó incluir nun só núcleo urbán unha serie de aldeas situadas nos outeiros próximos ó Tíber ( Roma quadrata ), habitados polos latinos e os sabinos. Pouco a pouco, a cidade foi extendendo a sua superficie ata incluir no seu recinto 7 outeiros ( Septimontium ). Polo que se refire á sua economía, además da agricultura e gandería, foi decisivo o feito de que se atopara a carón da Via Salaria, pola que se transportaba o sal obtido na desembocadura do Tíber. Sobre a cidade recén fundada exerceron gran influencia os etruscos ( no cerimonial relixioso e artes adiviñatorias ) e os gregos (no terreo cultural ).

Roma comezou unha serie de conquistas que a convertiron na dona do mundo. Así, entre os SS V e IV A de Xto conquistou o Lacio, Entre os SS IV e III A de Xto toda Italia, entre os S III e I A de Xto todo o Mediterráneo e as conquistas continuaron ata o S II D de Xto, cando Roma acadou a sua maior extensión territorial.

TEMA II: HISTORIA

A-GRECIA: podemos distinguir 4 etapas:

1-Idade escura ( SS XI-VIII A de Xto ). Os feitos máis importantes son:

a-A creación do alfabeto grego.

b-O xurdimento das pólis ( núcleo urbá con territorio circundante ). A forma de goberno era a monarquía. As máis importantes eran Atenas e Esparta.

2-Época arcaica ( SS VIII-VI A de Xto ): o goberno das pólis recae nuns poucos privilexiados (oligarquía). Os demáis estratos malvivían desprotexidos ante os abusos de poder, acentuándose a división entre ricos e pobres. Esta situación sociopolítica, sumada ó aumento da poboación, forzou as migracións e as colonizacións por todo o Mediterráneo.

Có crecemento económico avivaronse as loitas contra o poder da aristocracia, o que provocou un cambio na administración de xustiza. Así, as leis que ata ese momento eran orais pasaron a ser escritas, e da sua elaboración encargabanse os lexisladores. Outro cambio importante foi a extensión dos dereitos políticos a todos os cidadáns que tiveran unha renta mínima.

Pero o descontento das clases sociais menos favorecidas seguía medrando e para manter o equilibrio político e social xurdiú en algunas pólis como Atenas a figura do tirano, que se apoiaba nas clases sociais máis desfavorecidas para arrebatar o poder ós aristócratas e de seguido poñía en práctica un programa de axuda. Moitos tiranos ( ex: Pisístrato ) acabaron exercendo un gobernó duro e despiadado, o que provocou a sua desaparición.

3-Época clásica ( S V- 1ª metade do S IV A de Xto ): Atenas e Esparta convirtense nas principais potencias do mundo grego tras derrotar ós persas nas Guerras Médicas. Os seus sistemas políticos eran diferentes:

a-Atenas: tras a desaparición dos tiranos, instaurouse a democracia ( grazas a Clístenes e Pericles ), que estabreceu os principios do poder soberano do pobo, a igualdade de todos os cidadáns ante a lei e a liberdade de expresión. Sustentábase nos seguintes órganos:

-MAXISTRADOS:

-Arcontes: en número de 9, eran elixidos por sorteo por un ano, sen posibilidade de reelección. Tiñan función relixiosas e xudiciais.

-Estrategos: era 10 e podían ser reelixidos cada ano. Encargabanse de todo o relativo á administración militar e naval e dirixían as operacións militares.

-CONSELLO (Boulé ): integrado por 500 cidadáns de máis de 30 anos elixidos por sorteo durante un ano con posibilidade de unha soa reelección. Preparaban os asuntos a tratar na Asemblea, dirixía as finanzas públicas e ratificaba tratados e alianzas.

-ASEMBLEA ( Ecclesia ): integrada por todos os cidadáns ( de máis de 20 anos en plenitude de dereitos, sen incluir mulleres, metecos e escravos). Aprobaban leis, elixía maxistrados, decretaba desterros e declaraba a paz e a guerra. O voto era a man alzada.

-OUTROS ÓRGANOS:

-Areópago: integrado por exarcontes. Xulgaban casos de asesinato intencioado.

-Heliastas ( ou dikastas ): 6000 cidadáns de máis de 30 anos elixidos por sorteo. Trataban todo tipo de causas xudiciais.

b-Esparta: era unha mestura de monarquía e oligarquía. Baseábase nos seguintes órganos:

-DIARQUÍA: dous reis con carácter hereditario e vitalicio. Dirixían o exército durante a guerra e eran os sacerdotes de Zeus.

-GERUSÍA: consello de anciáns, integrado por 28 membros ( os dous reis e anciáns maiores de 60 anos ). Elixían os asuntos a tratar na Asemblea e interviñan en causas xudiciais que afectaban a cidadáns.

-ÉFOROS: eran 5, elixidos na Asemblea por un ano entre cidadáns espartanos. Propoñían asuntos á Asemblea e á Gerusía, acompañaban ós reis na guerra e dirixían a política exterior.

-APELLA: asamblea de cidadáns ( de máis de 30 anos, sen incluir mulleres, periecos e ilotas ). Reuníanse baixo a presidencia dos éforos e aceptaban ou rexeitaban leis. O voto era por aclamación.

Durante a época clásica, Atenas aproveitou a hexemonía para imponer o seu poder, utilizando a confederación marítima ( Liga de Delos ) que establecera con outras ciudades. Esta situación provocou a Guerra do Peloponeso ( 431-404 A de Xto ) entre Atenas e Esparta, coa victoria desta última.

4-Época helenística ( 2ª metade do S IV A de Xto-SI A de Xto ): tras a Guerra do Peloponeso, o mundo clásico entrou nunha profunda crise, que remataría coa unificación de todo o pobo helénico baixo o goberno de Filipo de Macedonia. O seu labor foi continuada polo fillo, Alexandre Magno, que destacou pola sua estratexia militar e as continuas victorias. Conquistou Persia e estendeu a sua influencia ata Exipto e a India. Fundou novas ciudades nos territorios conquistados e levou a cultura helénica ós pobos vencidos. A sua forma de organizar o imperio foi imitada polos romanos.

Alexandre Magno inaugurou o helenismo, coas seguintes características:

a-Nacemento de grandes ciudades ( Pérgamo, Alexandría ).

b-Desenvolvemento da filosofía e a ciencia nos novos territorios.

c- Creación dun espazo unido políticamente que aglutinaba culturas e relixións diferentes, cunha lingua común, a koiné.

Tras a morte de Alexandre Magno, os seus xenerais dividiron o seu imperio, creando as monarquías helenísticas. Eran monarquías absolutas, nas que o rei recibía culto divino e o territorio que dominaba era considerado propiedade privada do monarca, que se axudaba dunha reducida clase dominante. Baseaba o seu poder nunha poderosa burocracia e un exército mercenario.

No 146 A de Xto Grecia cae en poder de Roma, convertindose en provincia romana.

-O EXÉRCITO: os exércitos gregos estiveron case sempre integrados por cidadáns, que debían pagarse o seu armamento e eran movilizados con ocasión de guerra ( non había exército permanente ). En época helenística os exércitos de cidadáns foron sustituídos por exércitos mercenarios, que cobraban polos seus servizos. Había 3 tipos de tropas:

1-Infantería pesada ( hoplitas ): combatían en falanxe e armábanse con casco, coraza, grebas, escudo, lanza e espada. A maior infantería de Grecia foi a de Esparta.

2-Infantería lixeira: con arco, frechas e funda.

3-Infantería medio-lixeira ( peltastas ): con escudo e espada.

4-Cabalería: co armamento dos hoplitas.

5-Mariña: o barco de guerra era a trirreme, con 3 fias de remos e vela. A máis importante era a de Atenas.

B-ROMA: houbo 3 periodos;

1-Monarquía ( 753-509 A de Xto): Roma tivo 7 reis ( Rómulo, Numa Pompilio, Tulo Hostilio, Anco Marcio, Tarquinio Prisco, Servio Tulio e Tarquinio o Soberbio ). A monarquía romana apoiabase en 3 fundamentos:

a-O poder do rei: abranguía os terreos relixioso ( dirixía as cerimonias relixiosas ), político ( salvagardaba as leis e costumes patrios, vixiaba todos os actos xudiciais, convocaba a Asemblea, etc ) e militar ( tiña mando absoluto na guerra ).

b-O Consello de anciáns: axudaba e aconsellaba ó rei.

c-Os Comicios: asembleas de cidadáns, que ratificaban as leis presentadas polo rei.

2-República ( 509-27 A de Xto ): creouse tras a expulsión de Tarquinio o Soberbio para repartir os poderes que antes estaban concentrados na persoa do rei, có obxecto de lograr que os cargos públicos foran temporais e que o pobo acadara unha maior xustiza e se librara dos abusos dos nobres. O resultado foi un triángulo político sostido sobre 3 columnas:

a-O Senado ( Senatus ): a máxima autoridade da República, integrado por 300 membros con escano vitalicio: Dirixía a política exterior, controlaba a facenda pública e nomeaba os maxistrados destinados a provincias.

b-As asembleas populares ( Comitia ): a elas acodían todos os cidadáns ( maiores de idade en plenitude de dereitos, sen incluir mulleres e escravos ), e eran convocadas polos maxistrados maiores. Entre as suas atribucións estaban a elección de maxistrados, ratificación de leis, propostas sobre asuntos diversos (declaración de guerra, alianzas ), etc. O voto era escrito e secreto.

c-As maxistraturas ( Magistratus ): funcionarios administrativos elixidos nas asembleas populares por un ano como órganos colexiados. Accedíase a cada unha delas desde a inmediatamente inferior:

-O CURSUS HONORUM:

-Cónsules ( Consules ): convocaban asembleas populares, presentaban proposicións ó Senado, presidían actos relixiosos e dirixían o exército.

-Pretores (Praetores ): administraban xustiza.

-Edís: ( Aediles ): encargabanse da vixiancia de mercados, conservación de edificios públicos e organización de xogos.

-Cuestores ( Quaestores): administraban a facenda pública.

-OUTROS CARGOS:

-Censores ( Censores ): elaboraban o censo.

-Tribunos da plebe ( Tribuni plebis ): defensores do pobo.

-Dictador ( Dictator ): maxistrado extraordinario elixido en situación de grave perigo por un periodo máximo de 6 meses, con poder absoluto.

-Mestre de cabalería ( Magister equitum ): axudante do dictador.

A finais do S I A de Xto, a República comezou a ter problemas debidos sobre todo á crise económica, que comezou a alterar a orde social, o que levaría a un cambio no goberno. Así, o Senado cedeu parte dos seus poderes e xurdiron os triunviratos:

-1º triunvirato: formado por Xulio César, Pompeio e Craso. Tras derrotar a Pompeio nunha guerra civil, Xulio César convirtese no único gobernante e emprende unha serie de reformas que provocaron o malestar dalgúns senadores e o seu asasinato no ano 44 A de Xto.

-2º triunvirato: formado por Marco Antonio, Lépido e Octavio. Tras a retirada de Lépido da loita política e a derrota de Marco Antonio en Accio, Augusto quedou convertido en único dono do Mediterráneo.

3-Imperio ( 27 A de Xto-476 D de Xto ): Octavio inaugurou o Principado, que recuperou moitos elementos da antiga monarquía. Séculos máis tarde, Diocleciano instaura o Dominado (monarquía absoluta).

a-O Principado: o princeps ( emperador ), era o xefe do exército, o pai da relixión, tiña o dereito de facer a guerra e a paz, de conceder a cidadanía e mesmo de acuñar moeda. As institucións republicanas manteñense, pero crearonse o Consello Imperial ( Consilium principis , para axudar e aconsellar ó princeps ), os prefectos do pretorio ( praefecti praetorii , que mandaban a garda pretoriana, encargada de protexer ó princeps ) e os prefectos ( praefecti, para aspectos moi concretos da administración de Roma) , todos eles elixidos directamente polo princeps.

b-O Dominado: o Dominus (Emperador ) é un rei absoluto. A gran cantidade de asuntos que tiña que atender e os frecuentes conflitos externos obligaron a facer un reparto de poderes, polo que apareceron as tetrarquías ( creadas por Diocleciano ): o Imperio dividiuse en 2 bloques, cada un deles gobernado por un Augustus coa axuda dun Caesar,

O Imperio Occidental ( capital Roma ) caiú no 476 D de Xto a mans dos xermanos, e o Imperio Oriental (capital Constantinopla) fixoo no 1453 D de Xto a mans dos turcos.

-O EXÉRCITO: estivo integrado case sempre por cidadáns, que eran chamados a fias obrigatoriamente e debían pagarse o armamento. Coa reforma de Mario ( 107 A de Xto ) o Estado proporcioaba armamento e soldo ós soldados. Con Augusto pasou a ser permanente e os soldados eran licenciados tras 20 anos de servizos cun lote de terras.

A unidade táctica militar foi sempre a lexión. Ó pricipio estaba integrada por 3000 soldados de infantería e 300 xinetes. Tras as reformas de Servio Tulio a lexión contaba con 4000 soldados e estaba organizada en falanxe grega, con 3 liñas: hastati ( os máis novos ), príncipes ( soldados máis expertos ) e triarii ( os máis veterans ).

Na época republicana, xa con 6000 soldados, adoptouse o sistema manipular: lexión (6000 )-cohorte ( 3 manípulos: 600 )-manípulo ( 2 centurias: 200 )-centuria ( 100 ).

O exército compoñíase de infantería pesada ( con armamento completo ), infantería lixeira ( con lanza curta e funda ) e cabalería ( có mesmo armamento da infantería pesada pero máis lixeiro ). En canto á mariña, tivo menos importancia que en Grecia. O navío de guerra era a navis longa e a nave de carga a navis oneraria.

C-A HISPANIA ROMANA: antes da chegada dos romanos, a Península Ibérica estaba ocupada por unha serie de pobos ( íberos, tartesos, celtas , etc ), ós qu compre engadir os pobos colonizadores ( gregos, fenicios e cartaxineses ).

Os romanos chegaron á Península en 218 A de Xto e iniciaron un proceso de conquista ( que durou varios séculos ) e transformación da sociedade indíxena para asimilala á romana, proceso coñecido como romanización ( non afectou por igual a todo o territorio peninsular ). Os factores que a fixeron posible foron:

a-O dereito de cidadanía: os hispanos romanizados recibían o nome de togati.

b-A fundación de colonias: integradas por cidadáns romanos que vivían e se organizaban como en Roma.

c-O exército: polo feito de estar en contacto cós hispanos foi o principal transmisor da lingua.

d-A lingua: o latín desprazou a todas as linguas faladas na Península ( agás o euskera ).

e-A rede de comunicación: as calzadas facilitaron a relación entre os dous pobos.

En canto á división administrativa, nun principio había 2 provincias: Citerior ( capital Cartaxena ) e Ulterior ( capital Córdoba ). En época de Augusto as provincias eran 3: Tarraconense ( capital Tarragona), Bética (capital Córdoba ) e Lusitania ( capital Mérida ). En época de Diocleciano as provincias eran 6: Gallaecia, Tarraconense, Cartaginense, Lusitania, Bética e Mauritania Tinxitana. No S IV D de Xto creouse a provincia das Illas Baleares

O fin do poder romano en Hispania tivo lugar en 411 D de Xto coa chegada dos suevos.

TEMA III: SOCIEDADE E VIDA COTIÁ

A-AS CLASES SOCIAIS: a sociedade antiga caracterizábase pola desigualdade ( os homes dividíanse en libres e escravos ).

1-Grecia:

a-Atenas: había 3 clases sociais:

-Cidadáns: en plenitude de dereitos, que adquirían ós 20 anos, sempre que foran fillos de matrimonio lexítimo entre atenienses e estiveran iscritos nun demos ( municipio ) e unha fratría ( asociación político-relixiosa ).

-Metecos: estranxeiros residentes en Atenas sen dereitos políticos.

-Escravos: non eran considerados persoas e carecían de todo tipo de dereitos. Podíase ser escravo por nacemento, por ser prisioeiro de guerra ou por condena xudicial.

b-Esparta: tamen había 3 clases sociais:

-Espartanos: maiores de 30 anos, fillos de espartanos e pertencentes a un syssition ( irmandade ). Tiñan todos os dereitos.

-Periecos: estranxeiros carentes de cidadanía.

-Ilotas: escravos pertencentes ó Estado sen ningún dereito.

2-Roma: había as seguintes clases sociais:

a-Patricios: descendentes das primeiras 100 familias que se asentaron en Roma, que formaban o populus. Todos os descendentes cun mesmo antepasado común pertencían a unha gens ( estirpe ). As gentes estaban agrupadas en 3 tribus e divididas en familiae.

b-Clientes: cidadans pobres de orixe estranxeira baixo a protección das familias patricias.

c-Plebeos: estranxeiros de orixe italiana vencidos por Roma que se instalaran na cidade e nos seus territorios.

d-Libertos: ex-escravos.

e-Escravos: prisioeiros de guerra ou fillos de escravos, considerados obxectos ante a lei e carentes de dereitos.

B-A MULLER E O MATRIMONIO: no mundo antigo, as mulleres carecían de dereitos políticos e estaban subordinadas ós homes, polo tanto, a maior aspiración da muller era o matrimonio:

1-Grecia: os país casaban as fillas na adolescencia. O pai da noiva entregabo ó noivo a dote ( cantidade de diñeiro como garantía, que había que devolver en caso de divorcio ). O home podía divorciarse sen problemas, pero a muller debía alegar malos tratos e contar coa autorización do arconte ou ser sorprendida en adulterio ( neste caso o divorcio era instantáneo ).

2-Roma: había 3 tipos de unión legal:

a-Matrimonio cum manu: a muller integrase na familia do marido e sometese á sua autoridade. Solo o marido podía solicitar o divorcio.

b-Matrimonio sine manu: a muller segue a depender da autoridade do seu pai. Calquera dos dous podía solicitar o divorcio.

c-Concubinato: convivencia, na que a muller adoptaba a figura legal de filla.

C-A FAMILIA E A EDUCACIÓN:

1-Grecia: a familia estaba fomada polos país, fillos/as, cónxuxes e escravos/as.

Cando nacía un bebé, o pai podía recoñecelo ó 6º día ou abandonalo antes. Ó 10º día o bebé recibía o nome. Se era neno, levaba un nome de pía e o de seu pai. Se era nena, so o nome de pía.

En canto á educación, había diferenzas entre Atenas e Esparta:

a-Atenas: era privada e non obrigatoria e baseábase en 2 piares fundamentais: música ( todo o relativo á formación intelectual e creativa ) e ximnástica ( o referido á formación física ).

A educación máis esmerada estaba reservada ós varóns. Dividíase en 3 etapas:

-Ensinanza elemental ( 7-12 anos ): a cargo do grammatistés, que lles ensinaba a ler, escribir e algo de aritmética. Cando o alumnado dominaba a escritura pasábase ó estudo dos grandes poetas. Tamén aprendían canto con acompañamento de lira có kitharistés e un pouco de ximnasia. Ían á escola acompañados polo paidagogós, compañeiro de xogos e encargado de ensinarlles bos costumes.

-Ensinanza media ( 12-18 anos ): a cargo do grammatikós, co que continuaban co estudo dos grandes poetas. Tamén continuaban coa ximnasia có paidotribés ( preparador físico ), que lles ensinaba o pentathlon ( carreira, salto, lanzamento de disco e de lanza e loita ). A formación completábase con danza e natación.

-Ensinanza superior ( máis de 18 anos ): podían aprender oratoria e retórica cós sofistas, recibir formación militar ou ir ás institucións dos filósofos ( Academia, Liceo ).

b-Esparta: ós 7 anos os nenos ingresaban nun cuartel no que recibían un duro entrenamento militar a cargo do Estado. Tamén aprendían música. Lectura e escritura. A educación das nenas era similar (exercitábanse sobre todo en ximnasia e danza ).

2-Roma: a familia estaba integrada polos país, fillos/as, escravos/as e animais.

O nacer un bebé, o pai podía recoñecelo ó 8º ou 9º día ou optar pola expositio ( abandono ). No caso de ser recoñecidos, os nenos recibían o praenomen ( nome de pía ), nomen ( apelido ) e cognomen ( apodo ), e as nenas so o nomen.

A educación era, como en Atenas , privada e non obrigatoria. A educación máis esmerada reservábase ós nenos. Dividíase en 3 etapas:

-Ensinanza elemental ( 7-12 anos ): a cargo do ludi magister. Aprendían a ler, escribir, contar e a Lei das XII Táboas. Tamén ían de cotío ó Campo de Marte para prepararse a servir como soldados.

-Ensinanza media (12-17 anos ): a cargo do grammaticus, que lles ensinaba lingua e literatura, historia, xeografía, física e astronomía. O mestre dictaba os textos e os alumnos debían memorizalos e comentalos.

-Ensinanza superior ( maiores de 17 anos ): a cargo do rethor, co que aprendían a construir e pronunciar discursos.

Ó finalizar esta última etapa, quedaba a posibilidade de ampliar estudos de retórica ou filosofía en Grecia.

D-VIDA COTIÁ:

1-Atenas: os gregos erguíanse á saída do sol, aseabanse e tomaban o akratisma ( almorzo, consistente en pan, viño, figos secos, olivas e queixo ). A continuación marchaban ós seus asuntos ( atender o seu negocio, compras, obrigas políticas, ximnasia ). A mediodía tomaban o aristón ( xantar, consistente nun pequeño refrixerio ) e á tardiña o deipnon ( cea ), a comida máis importante do día e despois deitabanse.

Os cidadáns máis acomodados celebraban banquetes ós que invitaban ós seus amigos. Compoñíanse de entremeses ( verduras, peixe salgado e ostras ), prato principal ( carne ou peixe ) e sobremesa ( froita e doces ). Comían recostados e non usaban cubertos, manteis nin servilletas. Tras a cea viña o symposion (banquete ), no que bebían, falaban, bromeaban etc.

Polo que se refire á vestimenta que usaban, as prendas máis usadas eran o peplo ( para mulleres ), o quitón ( para homes ), o himation ( manto unisex ) e a clámide ( capa curta masculina ). O calzado máis usado eran as sandalias, pero había tamén zapatos e botas.

En canto ó peiteado, para os homes as modas variaron segundo as épocas. No caso das mulleres, había todo tipo de peiteados, cosméticos e accesorios capilares.

2-Roma: os romanos erguíanse á saída do sol, aseabanse e tomaban o ientaculum ( almorzo, consistente en pan, queixo, froita e viño ). De seguido atendían os seus asuntos ata o mediodía e tomaban o prandium ( xantar, consistente en algo lixeiro ). Despois deitabanse un pouco, bañabanse e daban un paseo. Á tardiña tomaban a cena ( cea ) e deitabanse.

Entre os actos sociais de maior relevo estaban os banquetes, nos que comían deitados no triclinium e usaban servilletas. Constaban de gustus ( entremeses variados ) acompañado de mulsum ( viño con mel ), pratos divesros ( carne e peixe ) e secundae mensae (sobremesa, consistente en froita e doces ). Despois viña a comissatio, na que comían cousas picantes e bebían viño.

En canto á vestimenta, a prenda básica era a túnica, baixo a cal levaban unha subucula ( camiseta ). Por riba poñían a toga ( os homes ), a stola e a palla ( as mulleres ). Calzabanse con soleae ( sandalias ), calcei ( zapatos ), socci ( zocos ), cothurni ( botas ), ou caligae ( calzado militar ).

Polo que se refire ós cabelos, para os homes as modas foron variando. Para as mulleres había moitos tipos de peiteados e mesmo usaban perrucas e tintes.

E-ECONOMÍA:

1-Grecia: as actividades económicas principais eran:

a-Agricultura: os cultivos principais eran o trigo, a vide e a oliveira. O habitual era a propiedade pequeña ou mediana en mans de campesinos libres.

bGandería: ovellas, cabras, cabalos e vacas.

c-Comercio: a él dedicabanse sobre todo os estranxeiros.

d-A moeda:

.Unidade: dracma.

-Moeda fraccionaria:

-Calco: 1/8 de óbolo.

-Óbolo: 0,6 dracmas.

-Dióbolo: 2 óbolos.

-Trióbolo: 3 óbolos.

-Múltiplos:

-Didracma: 2 dracmas.

-Tetradracma: 4 dracmas.

-Dexadracma: 10 dracmas.

-Unidades de cálculo

-Mina: 100 dracmas.

-Talento: 60 minas.

-Outras moedas: darico, siclo.

2-Roma: as actividades principais eran:

a-Agricultura e gandería: principal medio de vida. Nun principio, o tipo de propiedade maioritaria foi a pequeña e mediana traballada por campesinos libres, Sen embargo, a gran expansión territorial tras as Guerras Púnicas fixo aumentar o número de escravos, que foron substituindo a man de obra libre. As riquezas acumuladas grazas ás conquistas beneficiaron á nobreza senatorial, que investiú en terras creando grandes latifundios e arruinando ó pequeño campesiñado, que tivo que vender as suas terras e marchar á cidade, onde malvivían grazas a repartos gratuitos de alimentos levados a cabo polo Estado ou convertindose en clientes.

b-Comercio: estaba en mans dos cabaleiros ( burguesía formada por comerciantes, banqueiros e propietarios de grandes talleres artesanais). Era a nivel mundial, tanto marítimo como terrestre, o que propiciou o xurdimento de grandes sociedades financieiras, como os publicans, que adiantaban ó Estado os cartos dos impostos obtendo grandes beneficios.

c-A moeda:

-Unidade: as.

-Múltiplos:

-Sextercio: 2 ases e medio.

-Quinario: 5 ases.

-Denario: 10 ases.

-Aureo: 25 denarios.

F-FILOSOFÍA E CIENCIA:

1-A filosofía grega: a filosofía naceu cando o home tratou de atopar a explicación dos fenómenos naturais na natureza mesma, empregando a razón.

a-Os presocráticos: primeiros filósofos, que desenvolveron o seu labor entre os SS VII- 1ª metade do V A de Xto. Interesabanse por todo tipo de cuestións, pero o principal problema que se plantexaron foi o da natureza e en concreto de onde proceden todos os seres, con respostas diversas. Ex: Tales de Mileto, Anaxímenes, Heráclito, etc.

b-Filosofía grega clásica:

-Sofistas: grupo de pensadores que tiñan cono actividade principal a ensinanza da retórica a cambio de elevadas sumas. Exaltaban o individualismo e triunfo persoais e afirmaban que as leis e normas morais eran convencionais e que non había ben ou mal absolutos. Ex: Protágoras (480-410 A de Xto) e Gorxias (483-380 A de Xto).

-Sócrates( 470-399 A de Xto ): mestre de Platón, non deixou nada escrito nin cobraba polas suas ensinanzas, que se baseaban na maieútica, que consistía en que o discípulo descubrirá a verdade sobre unha cuestión respondendo a unha serie de preguntas. Por outro lado, pensaba que as leis e normas morais non eran convencionais e que a base da virtude era o saber.

-Platón ( 428-347 A de Xto ): autor de diversos Diálogos ( “Banquete”, “Fedón”, “República”, etc, nos que introducía a Sócrates como interlocutor ) e fundador da Academia. Pensaba que a realidade estaba dividida en mundo intelixible ( o que percibimos pola razón e no que se atopan as Ideas ou modelos perfectos creados polo Demiurgo ) e mundo sensible ( o que percibimos polos sentidos ). Pensaba tamén que o home se compoñía de corpo (mortal) e alma ( inmortal, que á morte do corpo ía ó mundo das Ideas).

-Aristóteles: discípulo de Platón, fundador do Liceo e autor de diversas obras (“ Física”, “Acerca da alma”, “Política”, etc ). Utilizaba o método peripatético ( as explicacións tiñan lugar durante un paseo ). Unha das cuestións que máis estudou foi a do movemento ou capacidade dos seres para cambiar. En relación con este problema están os conceptos de potencia ( o que un ser pode chegar a ser ) e acto ( o que un ser é nun determinado momento ). En todo cambio o que permanece é a materia e o que cambia a forma. Fala dun ser que non cambia e imprime movemento ós demáis. Di que o home está composto de corpo e alma, ambos mortais.

c-Filosofía helenística: o cidadán deixa de ter un papel activo nos asuntos políticos, e a filosofía centrase nos problemas do home, tratando de atopar cal é o mellor camino para atopar a felicidade, ó que tratarán de dar resposta varias escolas de pensamento:

-Epicureísmo; fundada por Epicuro: pensaban que compría buscar a felicidade no pracer moderado evitando a dor. Recomendaban non participar en política. Pensaban que os deuses non participaban nos asuntos humanos e que non existía o Destino.

-Estoicismo: fundado por Zenón: dicían que a felicidade lograbase mediante a virtude, o autodominio e a fortaleza de ánimo fronte ás adversidades. Defendían a participación en política e vivir conforme á natureza- Crían na existencia dos deuses e do Destino.

-Escepticismo: pensaban que a felicidade estaba en non emitir xuizos.

2-A filosofía romana: os filósofos romanos foron básicamente transmisores da filosofía grega. Destacan Lucrecio ( autor de “ Sobre a natureza das cousas” e representante do epicureísmo ), Séneca ( estoico, autor de “Cartas morais a Lucilio” ), Cicerón ( traductor de Platón e autor de “Sobre a república”, “Sobre a amizade”, “Sobre a vellez”, etc ) e Agustín de Hipona ( autor de “Sobre a cidade de Deus”, que tratou de adaptar ó Cristianismo os postulados da filosofía platónica e neoplatónica ).

3-A ciencia no mundo clásico: Destacan os seguintes campos:

a-Matemáticas e xeometría: Pitágoras, Euclides, Tales de Mileto, etc.

b-Física: Arquimedes.

c-Astrología y astronomía: Aristarco, Eratóstenes, Hiparco, Claudio Ptolomeo, etc.

d-Historia natural: Aristóteles, Teofrasto.

e-Medicina: Hipócrates, Galeno.

G-DEPORTE E LECER:

1-Grecia: os espectáculos máis importantes eran:

a-Representacións teatrais: tiñan lugar durante as festas en honor a Dioniso. Os autores dramáticos presentaban as suas obras ós arcontes, quenes escollían as obras a representar.

b-Competicións deportivas: as máis importantes eran as Olimpiadas. Celebraronse entre os SS VIII A de Xto-IV D de Xto ( cando Teodosio as prohibiu por consideralas inmorais ). Tiñan lugar en Olimpia cada 4 anos para honrar a Zeus. Duraban 5 días, durante os cales se suspendían os conflitos bélicos, e nos que había distintas probas ( carreiras de carros, pancracio, pentathlon, etc ). O vencedor das probas era coroado de oliveira e cantado polos poetas. Tamén se lle dedicaban inscripcións e estatuas.

2-Roma: os espectáculos estaban organizados polos edís ou por particulares e eran de 2 tipos:

a-Ludi circenses: celebrados no anfiteatro e o circo.

-Carreiras de carros ( circo ): os carros ían tirados por 2 cabalos ( biga ) ou por 4 ( cuadriga ) e conducidos por un auriga, pertencente a un dos 4 equipos que había ( que en realidade eran poderosas sociedades financieiras ). A carreira consistía en dar 7 voltas á pista.

-Combates de gladiadores ( anfiteatro ): os gladiadores eran, en principio, condenados a morte, pero có tempo crearonse escolas para formalos. Habíaos de distintos tipos. Antes da loita desfiaban ante o maxistrado ou Emperador e saudaban. Loitaban por parellas o grupos e cando un caía, o maxistrado ou Emperador, seguindo as indicacións do público, decidía se se mataba ou seguía con vida.

-Cacerías ( venationes. No anfiteatro ): loitas entre homes e feras ou feras entre sí.

-Combates navais ( Naumachiae. No anfiteatro ): para a sua execución inundábase a area do anfiteatro e se enchía de pequeñas embarcacións.

b-Ludi scaenici: representacións dramáticas, celebradas no teatro. Os edís contrataban un dominus gregis ( director de escea ), que compraba unha obra a un dramaturgo e representábase con actores, que case sempre eran escravos ou libertos, sempre homes. Usaban personae ( máscaras ), perrucas, diversos traxes e cothurni ( calzado alto ). Os xéneros preferidos eran a comedia ( en época republicana ) e o mimo (época imperial ).

TEMA IV: LINGUA E LITERATURA

A-AS LINGUAS INDOEUROPEAS: a familia indoeuropea é unha das máis importantes do mundo e a ela pertencen a maior parte das linguas de Europa e parte de Asia. O seu nome deriva da que se supón que é a lingua nai de todas elas, o indoeuropeo, do que non se conservan testemuños escritos. As suas características reconstruironse comparando todas as linguas que se supoñ, baseadaen derivadas delas, estruturadas en varios grupos:

1-Grego: os diversos dialectos do grego antigo e o grego moderno.

2-Latín: o latín e, derivadas del, as linguas romances.

3-Grupo indoiranio: antigo indio, antigo persa e linguas derivadas.

4-Grupo xermánico: gótico, alemán, inglés, noruegués, sueco, danés e islandés.

5-Grupo celta: celtibérico, galo, gaélico e britónico.

6-Grupo eslavo: búlgaro, checo, eslovaco, polaco, serbo-croata, ruso e ucraniano.

7-Grupo báltico: lituano e letón.

8-Outras linguas: hetita, luvita, armenio, albanés e tocario.

B- O GREGO E OS SEUS DIALECTOS: en época histórica ( desde o S VIII A de Xto ) o grego estaba dividido en varios dialectos ( xónico-ático, eólico, dórico e aqueo). De eles o xónico-ático é o que se estuda como grego clásico. Tras as conquistas e morte de Alexandre Magno ( S IV A de Xto ) aparece unha lingua común, a koiné, baseada no ático. A partir deste momento, continuou evolucionando ata chegar ó grego moderno ou neogrego, con 2 variantes: demótico ( lingua falada e literaria ) e kathareusa (forma culta utilizada pola Igrexa e o Estado ).

C- O LATÍN E AS LINGUAS ROMANCES: o latín era a lingua falada polos latinos e lingua oficial do Imperio romano. Na sua historia pódense distinguir 4 periodos:

1-Latín arcaico ( SS VI-II A de Xto ): comeza coa aparición dos primeiros textos escritos. É o periodo de formación e consolidación da lingua.

2-Latín clásico ( S I A de Xto ): idade de ouro do latín, que se fala e escribe seguindo unas determinadas normas gramaticais.

3-Latín post-clásico (SS I-II D de Xto ): aprecianse signos de decadencia.

4-Latín tardío ou baixo latín ( SS III-IV D de Xto ): corresponde á etapa de degradación da lingua.

Durante a Idade Media desenvolveuse o latín medieval, con pouca relación có clásico, empregado como lingua da cultura. No Renacemento ( SS XV-XVI ) desenvolveuse o latín humanístico ou neolatín, perfecto desde o punto de vista formal pero artificial, cultivado en ambientes académicos. No SXVII o latín mantiñase como lingua científica: Despois, o uso do latín foise reducindo paulatinamente e na actualidade é lingua oficial no Vaticano.

Có inicio da literatura, o latín tomou 2 camiños diferentes: latín escrito ( que seguía as regras de uso propias do latín clásico ) e latín falado ( que non tiña en conta as devanditas regras ), do que xurdiron entre os SS VIII-X D de Xto as linguas romances ( galego, castelán, catalán, portugués, romanés, francés, occitano, sardo, italiano ).

D-HISTORIA DA ESCRITURA: a escritura tivo a sua forma primitiva nos pictogramas ( representación de ideas ou obxectos por medio de debuxos ou signos ). Unha evolución posterior constituena os ideogramas ( representación de palabras mediante debuxos ). O sistema continúa evolucionando e aparecen as letras ( signos ós que se da un valor fonético ). Nun principio, cada signo representa unha sílaba ( silabario ) e posteriormente un son ( alfabeto ).

Todos os alfabetos occidentais actuais teñen unha orixe única, o alfabeto fenicio ( 22 signos consonáticos)

1-O alfabeto grego: procede do fenicio con algunas modificacións ( introduce as vogais e algunas consoantes ):

“ Β Γ Δ Ε Ζ Η Θ Ι Κ Λ Μ Ν Ξ Ο Π Ρ Σ Τ Υ Φ Χ Ψ Ω

α β γ δ ε ζ η θ ι κ λ μ ν ξ ο π ρ σ τ υ φ χ ψ ω

2-O alfabeto latino: procede do etrusco ( variante do grego ):

A B C D E F G H I K L M N O P Q R S T V X Y Z

E-PRINCIPAIS XËNEROS LITERARIOS:

1-A épica: narración en verso centrada nas fazañas de héroes pertencentes a un pasado lendario. Nun primeiro momento, o poeta épico presentase como un simple transmisor das fazañas dos héroes, de xeito oral e acompañado dun instrumento musical ( épica popular ). Posteriormente o poema épico pasa a mans de poetas cultos, que o someten a transformacións có obxectivo de producir un deleite artístico ( épica culta ).

a-Rasgos fundamentais:

-Aparece nunha sociedade aristocrática e guerreira.

-Participación dos deuses nas acción humanas.

-Papel dos héroes como representantes do xénero humano.

-Papel do Destino, que somete a deuses e homes.

-Uso dunha linguaxe formularia, que consiste no emprego de frases feitas e expresións fixas ( ex: epítetos).

-Emprego de figuras estilísticas como comparacións.

b-A épica en Grecia e Roma:

-Grecia: aparece como xénero literario no S VIII A de Xto, da man de Homero, autor da “Iliada” ( narra o último ano da guerra de Troia ) e a “Odisea” ( regreso a casa de Odiseo/Ulises tras a guerra).

-Roma: o principal poeta épico foi Virxilio ( 70-19 A de Xto ), autor da “Eneida”, que reproduce o mito do héroe troiano Eneas, aínda que en realidade trataba de ensalzar a Augusto, a sua familia e Roma. Imitou a Homero na forma de escribir.

2-A lírica: xénero en verso no que o poeta se toma a si mesmo e á sua alma como tema central das suas composicións.

a-Características:

-E unha poesía subxectiva, pois se tocan temas directamente relacionados cós sentimentos do poeta, o seu xeito de ver o mundo, a sua actitude ante a vida e a norte, etc.

-O poeta recita e canta con acompañamento musical.

-Aparece nunha sociedade na que hai un novo grupo social, a burguesía.

-O poeta dirixese ó ser humano individual e non á masa.

b-A lírica en Grecia e Roma:

b 1-Grecia: a lírica coñece o momento de máis esprendor entre os SS VII-VI A de Xto, tendo como precursor a Hesiodo ( autor de “A Teogonía” e “Os traballos e os días” ).. Dous son os xéneros fundamentais:

b 1 1-Lírica monódica: interretada por unha soa persoa. Ex: Safo ( 612-570 A de Xto ), autora de poemas amorosos dirixidos a outras mulleres.

b 1 2-Lírica coral: interpretada por un coro. Ex: Píndaro ( 518-444 A de Xto ), autor de poemas dirixidos ós vencedores nos Xogos Olímpicos.

b 2-Roma: xurdiú no S II A de Xto por imitación dos poetas gregos de época helenística. Destacan Catulo ( 87-54 A de Xto, autor de poemas amorosos e mitolóxicos ), Horacio ( 65-8 A de Xto, autor de “Odas”, “Epodos” e “Sermóns”. Aclimatou ó latín os metros e versos gregos ), Ovidio ( 43 A de Xto- 18 D De Xto, autor de “Tristes”, “Pónticas”, “Metamorfoses”, etc ).

3-O teatro: Tiña vinculación có culto relixioso. É un xénero en verso.

a-Xéneros fundamentais:

a 1-Traxedia: pon en escea os grandes problemas do home ( o destino, o tema da liberdade, o concepto de culpa, etc ). Os protagonistas son case sempre deuses ou héroes, que empregan unha linguaxe elevada. Os finais son tráxicos ou violentos.

a 2-Comedia: normalmente trata temas da vida diaria. Os protagonistas son seres cotiás que empregan unha linguaxe vulgar e memo obscena. Os finais son felices.

Elemento fundamental no teatro grego era o coro ( formado por 10 ou 12 coreutas e dirixido por un corifeo ). Bailaba, cantaba e falaba cos actores. O seu papel era comentar o que sucedía na escea.

b-Principais dramaturgos:

b 1-Grecia:

b 1 1-Traxedia:

-Esquilo ( 525-455 A de Xto ): utilizou a técnica da triloxía ( 3 obras sobre o mesmo tema ). Ex: “A Orestiada” ( “Agamenón”, “Coéforas” e “Euménides” )

-Sófocles ( 496-406 A de Xto ): amosou gran preocupación pola escenografía e traballou especialmente o mito de Edipo. Obras: “Edipo Rei”, “Antígona”, “Electra”, etc.

-Eurípides ( 484- 406 A de Xto ): introduciu o prólogo explicativo e retratou a psicoloxía dos persoaxes. Obras: “Medea”, “Hipólito”, “Bacantes”, etc.

b 1 2-Comedia:

-Aristófanes ( 445-386 A de Xto ): autor de obras de tema político como “Lisístrata”, “As Rás”, “A Paz”, etc.

b 2-Roma: a comedia foi o xénero preferido.

-Plauto ( 251-184 A de Xto ): as suas comedias adoitan xirar en torno ó amor. Hai unha serie de persoaxes arquetipo, entre os que destaca o escravo. Utilizou o prólogo explicativo e a sua intención era simplemente facer rir ó público. Entre as suas obras destacan “Aulularia”, “Miles Gloriosus”, “Amphitruo”, etc.

-Terencio ( 190-159 A de Xto ): trataba nas suas comedias temas de actualidade e buscaba formar ó público. De entre as suas obras destacan “Hecyra” e “Adelphoe”.

4-A novela: narración normalmente en prosa de certa extensión e que trata de feitos ficticios.

Xurdiú tardíamente ( S I A de Xto en Grecia e S I D de Xto en Roma ) e temos moi poucos exemplos: en Grecia “Qúereas e Calirroe” de Daritón e “Dafnis e Cloe” de Longo, e en Roma “O Satiricón” de Petronio e “O asno de ouro” de Apuleio.

Nas novelas gregas o argumento adoita xirar en torno ó amor de dous mozos que teñen que pasar por moitas peripecias ata que se reúnen felizmente. Nas novelas romanas mesturanse os temas e a prosa e o verso.

5-Outros xéneros: destacan os seguintes autores:

a-Retórica e oratoria: Isócrates e Demóstenes ( Grecia ), Cicerón, Séneca e Quintiliano ( Roma ).

b-Historia: Tucídides, Herodoto e Xenofonte (Grecia ), César, Salustio, Tito Livio e Tácito ( Roma ).

c-Sátira ( Roma ): Lucilio, Catulo, Horacio, Persio, Xuvenal, etc.

d-Epístola ( Roma ): Cicerón.

TEMA V: MITOLOXÍA E RELIXIÓN

A-MITO E MITOLOXÍA: o mito alude a un tipo de narración, froito da imaxinación dun pobo, que recolle feitos extraordinarios situados nun pasado lendario, que a tradición considera verosímiles e que nos foron transmitidos polos poetas. Os seus protagonistas son os deuses e héroes e ten una estreita relación coa relixión. A mitoloxía é a serie de relatos que constitúen unha parte importante do acervo cultural dun pobo e que exerceu unha grande influencia en todos os ámbitos da cultura occidental ((música, literatura, arte, etc ).

B-DEUSES E HEROES:

1-Deuses Olímpicos:

a-Zeus/Xúpiter: deus do ceo e fenómenos atmosféricos, pai de deuses e homes, garante da orde universal e protector dos xuramentos e o Estado. Os seus atributos son o raio e a aguia.

b-Hera/Xuno: protectora do matrimonio e das esposas virtuosas e en Roma tamén dos partos. Representábase cunha diadema, vara de mando e vestiduras reais. Os seus atributos son o pavo real, o lirio e a granada.

c-Posidón/Neptuno: deus dos mares e lagos, protector dos mariñeiros e reponsable das tempestades e terremotos. Representábase cun tridente, sobre un carro tirado por cabalos con cola de peixe e acompañado de nereidas, tritóns e monstros mariños.

d-Hades/Plutón: deus do interior da terra e do ,mundo dos mortos. Representábase escuro, con cabelos negros, unha capa e unha chave ou cetro na man. Os seus atributos son o ciprés e a cornucopia. Compartía o seu reino con Cerbero ( o can de 3 cabezas ), o barqueiro Caronte e as Erinias/Furias ( deusas da ira vengadora ).

e-Deméter/Ceres: deusa dos cereais e en Roma protectora dos plebeos. O seu atributo é a espiga.

f-Afrodita/Venus: deusa do amor e da beleza feminina, e en Roma, protectora dos hortos. Representábase nun carro tirado por pombas ou nunha cuncha mariña. Os seus atributos eran a pomba, a rosa e o mirto.

g-Atenea/Minerva: deusa da razón e da actividade intelectual. Os seus atributos son o casco, a lanza, a éxida a curuxa e a oliveira.

h-Apolo ( sen equivalente romano ): deus da beleza masculina, luz, medicina, poesía e música. Representabase cun arco ou arpa e coroado de loureiro.

i-Ártemis/Diana: deusa da caza e en Roma da natureza, fertilidade e partos. Representábase cunha túnica curta, arco, frechas e unha cerva.

j-Ares/Marte: deus da guerra. Representábase como guerreiro armado. Os seus atributos eran o can e o voitre e en Roma o lobo e a lanza.

k-Hefesto/Vulcano: deus do lume e a forxa e protector dos artesáns. Representábase feo, coxo e deforme.

l-Hermes/Mercurio: mensaxeiro dos deuses e en Roma deus dos comerciantes. Os seus atributos eran o sombreiro, capa, sandalias aladas e caduceo.

m-Dioniso/Baco: representábase borracho, coroado de hedra, nun carro tirado por panteiras e acompañado de sátiros e bacantes.

2-O resto deo panteón divino:

a-Asclepio/Esculapio: deus da medicina.

b-Eros/Cupido: deus do amor. Representábase como un neno alado con arco e frechas.

c-Hestia/Vesta: deusa do lume e do fogar.

d-As Musas: protectoras e inspiradoras dos poetas. Eran 9: Calíope ( epopeia ), Clío ( historia ), Terpsícore ( poesía popular e danza ), Melpómene ( traxedia ), Talía ( comedia ), Polimnía ( lírica ), Érato ( elexía ), Urania ( astronomía ) e Euterpe ( música ).

e-Crono/Saturno: deus da agricultura.

f-Xano ( Roma ): deus dos comezos, entradas e saídas. Representase con dous rostros contrapostos.

g-Divinidades menores: deuses campestres ( protectores de cultivos, gandos e bosques. Ex: Príapo, Pan, sátiros, ninfas, etc ), deuses do mar ( Proteo, Nereo ), deuses do fogar ( en Roma.; Lares, Manes e Penates ), deuses alegóricos ( conceptos abstractos divinizados. Ex: Némesis, Libertas, Fama, etc ), numina ( deuses romanos que regulaban aspectos moi concretos da vida dos homes ou do crecemento das prantas ).

A orixe dos deuses é moi diversa. Os romanos crearon o seu panteón a partir do Olimpo grego, con moitas influencias do panteón etrusco.

3-Os héroes: descendentes de divinidade e mortal. Ë unha figura típicamente grega ( en Roma o único héroe relevante foi Eneas ):

a-Heracles/Hércules: dotado dunha forza extraordinaria, realizou 12 traballos ás ordes do rei Euristeo.

b-Orfeo: baixou ós infernos para rescatar a sua dona Eurídice sen éxito.

c-Teseo: matou ó Minotauro axudado por Ariadna.

C-_RASGOS PRINCIPAIS DA RELIXIÓN GRECORROMANA:

1-É unha relixión politeísta-

2-Os deuses son antropomórficos ( dotados de apariencia, defectos e virtudes humanas ).

3-Os deuses son administradores de determinados ámbitos do mundo. Por riba deles está o Destino.

4-Comportanse coma tiranos.

5-A relación home-deus baseábase no equilibrio do universo.

6-Os deuses participaban activamente na vida humana dentro dos límites que permitía o Destino. O elemento de comunicación entre deuses e homes era o sacrificio, que debía facerse seguindo uns rituais moi complexos e o oficiante debía cumprir unas condicións de pureza ritual. Por outra parte, os deuses comunicabanse cós homes mediante prodixios ( fenómenos meteorolóxicos e/ou atmosféricos ) para amosar o seu enfado. Os motivos do devandito enfado averiguabanse mediante oráculos.

7-Papel fundamental teñen os sacerdotes ( oficio civil vencellado ós dous sexos ). En Roma destacaban os flamines ( adicado cada un a un deus. O máis importante era o Flamen Dialis ou sacerdote de Xúpiter ), o rex sacrorum ( `presidía sacrificios, banquetes sagrados e festas ), os pontífices ( organizaban o culto relixioso. O xefe era o Pontifex Maximus ), as Vestais ( sacerdotisas de Vesta ) e os augures e os arúspices ( expertos en artes adiviñatorias ).

8-A relixión antiga era unha relixión política, porque os deuses venerados nunha cidade eran considerados protectores da mesma.

9-Xunto á relixión estatal, de obrigado cumprimento, había unha relixión privada no ámbito do fogar na que o Estado non adoitaba intervir.

10-Non é unha relixión revelada, é dicir, non había un libro que contivera os dogmas fundamentais.

11-Era unha relixión para a vida, xa que daba resposta ás necesidades máis inmediatas da vida cotiá sen plantexarse unha transcendencia.

Este panorama cambiou bruscamente a partir de época imperial debido ás críticas dos filósofos e ó desencanto do home antigo. Neste marco xurdiron novas alternativas ( relixións mistéricas, cultos orientais, astrolatría, culto ó Emperador, etc ). De todas elas impuxose o Cristianismo, que ó inicio foi obxecto de persecucións. En 313 D de Xto polo Edicto de Milán, Constantino outorgou a liberdade de culto ós cristiáns, e en 391 D de Xto Teodosio converteu o Cristianismo en relixión oficial do Imperio.

TEMA VI: ARTE

A-ARQUITECTURA:

1-A cidade:

a.Grecia: en época arcaica construíanse aproveitando outeiros elevados e fortificabanse ( acrópole ). Có tempo as ciudades baixaron ós vales e a acrópole pasou a ser o centro relixioso ( acollía os templos ).

O novo espazo urbán medrou en torno á ágora, praza do mercado e centro da vida social, con edificios como a stoa, de pranta rectangular e con pórtico de columnas, que albergaba bibliotecas e ximnasios. Nun principio a cidade medrou un pouco ó chou, pero no S VI A de Xto Hipódamo de Mileto ideou un plano en forma de cadrícula ( trazado hipodámico ).

b-Roma: a praza pública chamase foro ( fórum ) e albergaba o mercado, a Curia ( sé do Senado ), os Rostra ( tribuna dos oradores ), a basílica ( bolsa do comercio e tribunal de xustiza ), templos, etc.

En canto á pranta, o modelo que más influiu foi o do campamento militar ( castra ). Así, a pranta era cadrada, dividida por unha rúa de norte a sur ( cardo maximus ) e outra de leste a oeste ( decumanus maximus ). No punto de intersección estaba o foro e o resto das rúas eran paralelas e perpendiculares formando unha cadrícula, cada unha das cales era unha insula destinada a vivendas.

2-O templo:era a morada do deus e o lugar onde se gardaban as ofrendas, pero non lugar de reunión.

a-Grecia: a estrutura baseábase nunha sala central ( naos ), un vestíbulo ( pronaos ) e unha sala posterior para gardar as ofrendas ( opistodomos ).

Estaban construídos en pedra, con formas rectilíneas, pertencentes a unha das seguintes ordes:

-Dórica: as columnas erguense directamente sobre o estilóbato ( gradas ) e o fuste ( parte central ) está recorrido lonxitudinalmente por 20 estrías. Están lixeiramente ensanchadas e decoradas cun capitel liso. Ex: Partenón.

-Xónica: a columna non está ensanchada e vai sobre unha basa. O fuste ten 24 estrías e o capitel está decorado con volutas. Ex: Erecteion.

-Corintia: as columnas son como as xónicas pero có capitel decorado con follas de acanto.

b-Roma: seguen no esencial o modelo grego. As principais novidades foron o pódium ( plataforma elevada con escaleira de acceso ), dobres fías de columnas e elementos arquitectónicos curvos ( arcos, bóvedas ), grazas ó emprego masivo do ladrillo.

3-Arquitectura lúdica:

a-O teatro: en Grecia compoñíase de 3 partes: escea ( cun proscenio ou plataforma elevada para os acrores e aberta por detrás ), orquestra ( de forma circular, onde actuaba o coro ) e o graderío (construido aproveitando a pendente dun outeiro ). Eran de pranta semicircular e construídos en pedra. Ex: Epidauro.

En Roma imitouse o modelo grego con algunas modificaciós: o graderío ( cavea ) realizábase mediante un sistema de bóvedas e galerías radiais ), a orquestra era semicircular e a escea estaba pechada por detrás cun muro. Ex: Mérida.

b-O anfiteatro: construcción exclusiva de Roma. Tiña forma circular ou ovalada e no seu centro atopábase a area, onde tiña lugar o espectáculo, rodeado polo graderío, baixo o cal había corredores subterráneos con almacéns e gaiolas para as feras.. Ex: Coliseo.

c-O hipódromo ( Grecia ): tiña pranta rectangular cos lados menores redondeados. A pista tiña 2 metas, unha en cada extremo. Usábase para carreiras de cabalos. Ex: Olimpia.

d-O circo ( Roma ): de estrutura similar á do hipódromo, tiña un muro ( spina ) que dividía lonxitudinalmente a pista. A línea de saída ( carceres ) situábase tras unha das metas. Utilizábase para carreiras de carros. Ex: Circo Máximo:

4-A casa:

a-Grecia: construíanse en adobe. Normalmente tiña 2 prantas: na primeira estaba o andrón ( comedor para homes e vestíbulo ) e na segunda o xineceo ( para as mulleres ). Tiñan un patio central e fiestras exteriores.

b-Roma: había 3 tipos de vivendas:

-Domus: casa unifamiliar urbá, cunha peza central ( atrium ), na que se xuntaba a familia e se atopaba o lume do fogar. No chan había un depósito de auga ( impluvium ), que entraba por unha abertura no tellado ( compluvium ). Ó atrium daban as habitacións: dormitorios ( cubicula ), comedor ( triclinium ), despacho ( tablinum ). Tiñan cociña, baño e un xardín ( hortus ), que có tempo foi substituído por un pórtico con columnas ( perystilum ). Os romanos usaban poucon mobres, pero decoraban as casas con mármores, frescos e mosaicos.

-Insulae: bloques de apartamentos, de mala calidade, con moitas fiestras e balcóns, poucas habitacións e acceso por unha escaleira exterior.

-Villa: casa de campo moi luxosa, que incorporaba todas as dependencias para o traballo agrícola.

5-Outras construcción utilitarias:

a-As termas: constaban de salas para baño frío ( frigidarium ), tépedo ( tepidarium ), quente ( caldarium ), de vapor ( sudatorium ), vestiario ( apodyterium ), biblioteca, ximnasio e zonas de paseo. Ex: Caracalla.

b-A basílica : constaba de 3 naves abovedadas. Serviú de modelo ás basílicas cristiás. Ex: Basílica Xulia, San Pablo Extramuros.

c-Pontes, acueductos e vías: o acueducto servía para conducir a auga por medio de arcos sobre piares cunha altura que dependía dos desniveis do terreo. Ex: Segovia. En canto ás pontes, un dos máis coñecidos é o de Alcántara.

Polo que respecta ás vías, para a sua construcción preparábase o terreo e colocábanse pedras planas e grava en capas e finalmente lousas de pedra. Ex: Vía Augusta ( Cádiz-Pirineos ), Vía da Prata ( Mérida-Astorga ).

6-Arquitectura conmemorativa:

a-Arco de triunfo: porta monumental cun ou varios ocos e 2 ou 4 fachadas con relevos alusivos á victoria que se quería celebrar. Ex: Constantino, Bará.

b-Columna conmemorativa: decorada con relevos alusivos á fazaña militar que se quería conmemorar. Ex: Traxano.

B-ESCULTURA:

1-Grecia: distinguense 3 periodos:

a-Arcaico ( SS VII-VI A de Xto ): as figuras máis representativas son os kouroi ( mozos espidos ) e as korai ( mozas vestidas ). Representanse de fronte, con guedella ou trenzas, ollos lixeiramente amendoados e sorriso forzado. Ex: Dama de Auxerre.

b-Clásico ( SS V-IV A de Xto ): as figuras gañan en movemento e naturalidade e intentase buscar unha beleza ideal. Ex: Discóbolo ( Mirón ), Doríforo ( Polícleto ), Palas Atenea ( Fidias ), Hermes (Praxiteles), Apoxiomenos ( Lisipo ), etc.

c-Helenístico: buscase ante todo o realismo nas figuras, que posúen moito movimiento e reflicten ata os máis pequenos detalles da anatomía humana. Ex: Laoconte.

C-ARTES MENORES:

1-Cerámica:

a-Grecia: a producción de cerámica acadou o seu momento culminante durante os SS VI-V A de Xto, sendo Atenas e Corinto os pricipais centros produtores. Había 2 estilos ( figuras vermellas e figuras negras ) e diferentes tipos de vasos. Ex: Vaso Francois.

b-Roma: a cerámica romana chamase terra sigillata. Era de cor vermella e paredes moi delgadas con figuras en relevo. Foi moi apreciadaa de Sagunto.

2-Pintura: conservamos escasos restos de pintura grega. Polo que respecta á romana, é de temática moi diversa. Ex: Pompeia.

3-Mosaico: coñecido xa polos gregos, foi elevado á categoría de obra de arte polos romanos. Consistía en insertar nun pavimento previamente preparado pedriñas de cores ou anacos de mármore ou vidro formando debuxos. Ex: Piazza Armerina.

LÉXICO:

-1ª AVALIACIÓN:

-Prefixos e sufixos:

Aero: ar Anfi: ambos Alxia: dor Antropo: home Arquía/Arca: goberno

Auto: mesmo Bi: dous Bio: vida Cardio: corazón Cefalo:cabeza

Centi: cen Cidio/Cida: acción de matar Cinemato: movemento Cosmo: universo

Cracia: goberno Crono: tempo Deca: dez Deci: décima parte

Demo: pobo Emia: sangue Faxia: acción de comer Fero: que produce

Filia: amizade Fono: son Forme: que ten forma Foto: luz

Gastro: estómago Grafía: escritura Hemo: sangue Hepato: figado

Hidro: auga Iatría: medicina Iso: igual Kilo: mil

-2ª AVALIACIÓN:

-Prefixos e sufixos:

Loxía: estudo Macro: grande Manía: loucura Maxi: grande

Mega: grande Metría: medida Micro: pequeño Mili: milésima parte

Mini: pequeño Mono: un Multi: moitos Necro: morte

Neo: novo Neuro: nervio Nomía: lei Oftalmo: ollo

Oligo: pouco Omni: todo Oto: oído Panto: todo

Pluri: varios Podo: pé Poli: moitos Psico: mente

Ragia: derrame Scopio: instrumento para ver Semi: medio Tele: lonxe

Terapia: curar Termo: quente Voro: que come Xeo: terra

Xeno: estranxeiro Zoo: animal

-3ª AVALIACIÓN:

-Latinismos:

-A posteriori: “con posterioridade ós feitos”.

-Ad hoc: “para esto”.

-Alea iacta est: “a sorte está botada”

-Ante meridiem ( a.m ): “antes do mediodía”.

-Post meridiem ( p. m ): “despois do mediodía”.

-Bis: “duas veces”.

-Carpe diem: “disfruta do momento presente”.

-( Condicio ) sine qua non: “(condición ) sen a cal non”.

-Corpore insepulto: “có corpo sen sepultar”.

-Confer: “compara”, “consulta”.

-De incognito: “de xeito descoñecido”.

-Deficit:”falta”.

-Superavit: “sobrou”.

-Honoris causa: “para honrar”.

-Ibidem: “alí mesmo”.

-In extremis: “no último momento”.

-In situ: no lugar de orixe.

-Ipso facto: “polo feito mesmo”.

-Opus citatum/Opere citato: “obra citada”/”na obra citada”.

-Quorum: “de quenes”.

-Requiescat in pace ( R.I.P ): “descanse en paz”.

-Supra: “máis arriba”.

-Infra: “máis abaixo”

-Viceversa: “ó revés”.

................
................

In order to avoid copyright disputes, this page is only a partial summary.

Google Online Preview   Download