Www.edu.xunta.gal



TAREFAS PARA A SEMANA DO 27 AO 1 DE MAIO

Seguimos con repaso dos temas, as datas son orientativas, tendo en conta que non todo o alumnado segue o mesmo ritmo. Non fai falta imprimir as fichas, as actividades pódense facer nos cadernos. Calquer dúbida preguntádeme no correo: cuartogandara@ ou tamén por abalar.

Para a materia de plástica poden facer un debuxo co tema do confinamento, poden utilizar os materiais que queiran, cores, ceras, rotuladores…, os que queiran poden envialo para publicar na revista.

Recordo que as fichas co nome 100 propostas de competencia matemática, lingüística e desarrollo da intelixencia son voluntarias, tamén os cadernos de lengua e matemáticas dos que mandei os enlaces. Estas fichas son para o alumnado que precise traballo a maiores.

Esta semana supoñemos que chegarán as instruccións para o terceiro trimestre, e xa mandaremos a información. De momento que garden todo o traballo que están facendo e xa informarei de como se correxirá. Si entrades nos libros dixitais, podedes comprobar algún exercicios que son autocorrexibles, outros non, os que teñan opción de entrar poden probar e así xa os poden ir correxindo e mirar en que fallan, os que non poidades non vos preocupedes, xa mirarei eu a forma de correxilos.

ÁNIMO QUE XA QUEDA MENOS!!!!

................
................

In order to avoid copyright disputes, this page is only a partial summary.

Google Online Preview   Download