PLAN DAS TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E DA …



PLAN DAS TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E DA COMUNICACIÓN

CEIP ARQUITECTO CASAS NOVOA

2010/2011

PLAN DAS TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E DA COMUNICACIÓN

Co fin de facilitar a consecución dos obxectivos que a Lei Orgánica de Educación e a Comunidade Autónoma de Galicia sinalan para as etapas de ensino obrigatorio, o CEIP A. Casas Novoa elaborou o presente documento, plan de integración das tecnoloxías da información e da comunicación, que integra todas as actuacións do centro destinadas ao fomento do uso activo e á adquisición da competencia dixital.

Este plan é único e a súa posta en práctica dependerá das características e as posibilidades que se poden acadar tendo en conta a nosa situación xeográfica, o tipo de alumnado, os coñecementos previos que posuen en relación ó uso das TIC, a formación do profesorado e as infraestructuras dispoñibles.

O seu deseño e posta en marcha é competencia do equipo de dinamización TIC en colaboración co equipo directivo e demais profesorado e estará coordinado pola persoa responsable do plan TIC no Centro

O Equipo de dinamización das tecnoloxías de información e comunicación do Centro. Estará formado polos seguintes mestres/as:

|Infantil |Susana Suarez Fernández |

| |Sonia Pérez Fernández |

| |Mª del Carmen Ribeiro Rey |

|1º Ciclo |Belen Rey Iglesias |

|Pedagoxía terapéutica |María Lestón París |

|Audición e linguaxe |Mª del Carmen Díaz Vargas |

Para o seu funcionamento establecerase un calendario periódico tanto de reunións presenciais como non presenciais (na rede internet), no que constará un mínimo de tres reunións trimestrais ademáis dunha reunión de avaliación do Plan TIC aplicado.

O Plan atenderá tanto as necesidades de formación do alumnado como do profesorado para a súa óptima execución. Delimitado, supervisado e revisado periódicamente tanto por axentes internos como externos que incidirán nas necesidades detectadas e proporán as modificacións pertinentes.

Tamén incluirá as medidas para difundir o proxecto entre o alumnado, as familias e a comunidade, para fomentar a súa participación e o aproveitamento das TIC. Realizarase unha avaliación continuada dos avances ou dificultades da posta en marcha do plan. Serán deseñadas unhas pautas para o seguimento e avaliación de xeito trimestral do plan de integración das tecnoloxías da información e da comunicación polos membros de cada ciclo e pola coordinadora do plan, que determinarán, cando corresponda, aspectos de mellora. Contémplase unha avaliación final coincidindo coa Memoria Anual do Centro no curso escolar.

OBXECTIVOS XERAIS DO CENTRO

Conquerir os obxectivos presentes no PCC, PEC e PXA conforme ao disposto na LOE para as tecnoloxías da información e da comunicación.

Fomentar o uso dos medios informáticos presentes no centro como forma de romper con desigualdes sociais.

Potenciar o emprego da informática como ferramenta de traballo no proceso de ensino-aprendizaxe.

Favorecer o perfeccionamento do profesorado e a súa utilización nas tarefas habituais do Centro: programacións, memorias, plans…

Facilitar o acceso a esta ferramenta por parte dos alumnos con necesidades educativas especiais e nas tarefas de apoio e reforzo de aprendizaxes.

Conseguir que o alumno/a acceda ao mundo de Internet con capacidade de procura de información e de tratamento crítico da mesma.

Impulsar a comunicación con outros Centros e localidades, para coñecer e transmitir valores sociais e de respecto doutras costumes e formas de vida.

Potenciar actividades de participación de toda a Comunidade Educativa nas diferentes actividades do Centro: Semana das Letras Galegas, páxina Web, Revista Escolar “Furabolos”…

OBXECTIVOS PARA OS ALUMNOS E ALUMNAS

Potenciar o seu razoamento e o seu afán de coñecemento.

Espertar o interese por coñecer cousas diversas e lograr que utilicen as pautas axeitadas para chegar á información precisa.

Utilizar o ordenador e o EDI como medio de creación, de integración, de cooperación e de expresión das propias ideas.

Potenciar a súa comunicación con nenos e nenas da súa contorna e fóra da súa contorna próxima.

Utilizar programas e contornos que facilitten a súa aprendizaxe das diferentes áreas do currículo, así como favorecer a adquisición de habilidades e destrezas.

Conquerir as capacidades plasmadas nas distintas programacións dos Ciclos.

OBXECTIVOS PARA OS MESTRES E AS MESTRAS

Mellorar a formulación pedagóxica a través das TIC.

Empregar o ordenador para o traballo cotián e as actividades de aula: programacións, actividades, controis, fichas, avaliación…

Saber consultar e sacar información a través das TIC, tanto para temas profesionais como para experiencias interesantes para a súa actividade docente.

Intercambiar experiencias, coñecementos, actividades, cursos a través de Internet.

Colaborar no mantemento, actualizando e enriquecendo, a páxina Web do Centro.

OBXECTIVOS PARA A COMUNIDADE EDUCATIVA

Lograr a integración das TIC como un medio dinámico de comunicación entre o Centro e os demais membros da comunidade educativa.

Crear, a través do Centro e AMPA, unha plataforma educativa aproveitando a infraestrutura existente.

ACCIÓNS PRIORITARIAS

O longo do curso 2008/09, iniciáronse no Centro unha serie de melloras que afectaron ó ámbito das novas tecnoloxías:

Ampliación dos puntos de conexión a internet en tódalas aulas.

Dotación de novos equipos informáticos e material audiovisual.

Posta en marcha do espazo web do Centro aloxado no servidor da Xunta.

Para o presente curso escolar as prioridades son:

Contactar coa UAC (Unidade de Atención a Centros) e co coordinador SIEGA (Sistema de Información da Educación Galega) correspondente para levar a cabo a conexión de internet ás aulas.

Arranxar os equipos con avarías (comprobar se estan baixo garantía ou levalos a servizo externo).

Dotar de ordenadores a todas as aulas e especialidades do centro.

Facer o inventario do material TIC do centro (ordenadores, impresoras, audiovisuais…) para optimizar o seu uso e comprobar os que quedaran obsoletos para a súa reciclaxe.

Determinar as normas de funcionamento para as aulas TIC e dos recursos e do equipamento informático para o profesorado e alumnado.

Potenciar o emprego do EDI e os seus recursos na práctica diaria.

Solicitar asesoramento e formación ó CEFORE e o coordinador SIEGA para a actualización da páxina web do Centro e o aproveitamento dos recursos do EDI.

Renovar a maior parte dos ordenadores da Aula de informática xa que moitos deles non funcionan ou se atopan obsoletos.

Establecer unha sesión semanal de asistencia dos grupos, de tódolos niveis a aula de informática. Esta sesión sería atendida polo profesorado titor agás nos grupos de infantil que serán atendidos pola profesora de apoio. .Actualmente a aula de informática conta con 13 equipos en funcionamento, polo que sería moi conveniente amplialos para ter un ordenador por alumno/a así coma as aulas, xa que non todas están dotadas de ordenadores.

Elaborar un manual para todo o profesorado que trate da sustitución dos consumibles nas impresoras.

TAREFAS DO EQUIPO TIC

Dar a coñecer ao resto da comunidade as normas de funcionamento das aulas TIC, recursos e equipamento informático.

Elaborar os horarios de uso das aulas (informática, audiovisuais, EDI)

Garantir o bo funcionamento dos equipos.

Ofrecer recursos educativos aos diferentes niveis.

Actualizar e revisar os equipos.

Mercar e/ou instalar consumibles, tóners, papel das impresoras.

Organizar/clasificar os materiais físicos e inventarialos.

Actualizar, manter e enriquecer o espazo web do centro.

Limpeza dos ratos de bóla e dos teclados.

Responsabilizarse do Plan TIC e dos recursos didácticos das aulas, aula de informática, audiovisuais e EDI.

Realizar, coordinar e executar a formación do profesorado en canto ao seu itinerario formativo de acordo cos asesores (CEFORE, SIEGA)

Avaliar o grao de cumplimento do PLAN TIC.

Facilitar o uso cotián das ferramentas informáticas ao conxunto de profesores/as do claustro.

HABILIDADES E APRENDIZAXES DO ALUMNADO QUE PODEMOS DESENVOLVER COAS TIC:

· Uso do ordenador (coidados, adestramento co rato, mellora do uso do teclado, ...)

· Uso do sistema operativo (carpetas, arquivos, escritorio, menús despregables, gardar, barras de ferramentas, ...)

· Uso de aplicacións básicas: procesador de textos, programa de debuxo, calculadora, edición de fotografías, ... e aplicacións educativas.

· Imprimir

· Escanear

· Programas en Internet que non necesiten instalación: ou Información e sitios web (hotpotatoes, flash,...) Programas didácticos con Clic, Javaclic, Edlim, Ardora.

· Uso de recursos de Internet

· Buscador (Google)

· Wikipedia ()

· Portais educativos

· Selección de páxinas con posibilidades didácticas (prensa, blogs...)

· Comunicación e creación a través de Internet

· Correo electrónico (como titor ou titora individualmente co alumnado ou familias)

· Correspondencia electrónica con outros Centros, proxectos compartidos...

· Difusión de producións na web do Centro ()

· Foro de opinión (co grupo, do Centro,... ou en ámbitos xa creados).Exemplo:



· Participación en chats con interese educativo

·Aplicación do encerado dixital como recurso didáctico e docente no ensino

do alumnado de Infantil, alumnado con necesidades educativas especiais y

alumnado estranxeiro que se incorpora ao centro.

................
................

In order to avoid copyright disputes, this page is only a partial summary.

Google Online Preview   Download