UNIDADE 14: A LINGUA GALEGA NO TEMPO DO …



UNIDADE 14: A LINGUA GALEGA NO TEMPO DO REXURDIMENTO. CLAVES DO REXURDIMENTO. OS PRECURSORES[1].

I.- A LINGUA GALEGA NO TEMPO DO REXURDIMENTO.

| |

|1.- Galicia no século XIX. |

|1.1.- Situación |Galicia eminentemente rural, cunha economía agraria e mariñeira. |

|socioeconómica. |Propiedade da terra: réxime dos foros. |

|1 p. |Industria.- Conserveira, da man de industriais cataláns. |

| |Falta de infraestruturas e vías de comunicación. Cfr. “ferrocarril”, p. 288. |

| |Emigración.- A Arxentina, Uruguai, Cuba e Brasil (900.000 persoas). Os cartos da emigración empregáronse en |

| |redimir foros, construír escolas, pero non na industria e o comercio. |

|1.2.- Contexto político. |1º terzo XIX( Enfrontamento absolutistas (( liberais. |

|1 p. |1808: Invasión francesa. Ben vista polos afrancesados (cren que supón o trunfo dos ideais da Revolución |

| |francesa) ((. Fidalguía e clero mobilizan os campesiños contra o invasor francés. Cfr. marqués de Sargadelos:|

| |Azul cobalto. Cfr. Ilustración páx. 289. |

| |1812: Constitución de 1812 (Cortes de Cádiz). |

| |1814: Fernando VII regresa ao trono: derroga a Constitución, reinstaura a monarquía absoluta. |

| |1833: Morte de Fernando VII( loita pola sucesión( Guerras Carlistas. |

| |1843: Subida ao trono de Isabel II( Os liberais desmontan o sistema do Antigo Réxime. |

| |1868: Sexenio Revolucionario( Nel participan Murguía, Curros… |

| |1873: Primeira República. |

| |1875: Restauración monárquica (Alfonso XII)( alternan no goberno liberais e consevadores, nun sistema |

| |político corrupto e caciquil. |

|1.3.- Evolución do |Estado cada vez máis centralista: vaise agravando a marxinación de Galicia( Certos sectores preocúpanse polo |

|pensamento galeguista. |presente e porvir de Galicia( |

|1 p. |Provincialismo (1840-1864).- Salienta o carácter diferencial de Galicia, baseándose na súa historia e |

| |cultura. |

| |Liderado por figuras como Faraldo. |

| |Levantamento provincialista de Solís. Aplastado. Os dirixentes foron fusilados en Carral (mártires de Carral:|

| |cfr. monumento) ou foron ao exilio (Añón). |

| |Rexionalismo (1886).- Iníciase no plano teórico coa obra de Murguía Los precursores. Cadrará co Rexurdimento |

| |literario. Cfr. “obras historiográficas deste período” e ilustración de Brañas (p. 290). |

| |

|2.- A lingua galega no século XIX. |

|2.1.- Axentes da |No séc. XIX, incremento do proceso de penetración e de imposición do castelán, debido a: |

|castelanización. |1.- Prensa periódica. |

|1 p. |2.- Escola. Marxinación explícita dos idiomas que non sexan o castelán. Ler páx. 292. |

| |3.- Administración [Reforzo do aparello administrativo estatal]. Imposición taxativa do castelán |

| |(Deputacións,concellos). |

| |4.- Establecemento de burgueses (comerciantes, armadores, empresarios: cfr. P. 291) de fóra de Galicia |

| |(cataláns, maragatos…). |

| |Maior extensión de actitudes despectivas cara ao galego, prexuízos( Reacción de minorías cultas: o |

| |Rexurdimento. |

|2.3.- Valoracións sociais, |Lingua oral.- Galego descualificado, desprestixiado e marxinado polo aparello institucional (Escola, |

|ámbitos e niveis de uso do |Imprenta, Administración, Exército, Xustiza…)( Perda de falantes a favor do castelán. |

|galego. | |

|1 p. |Lingua escrita.- Galego reivindicado e prestixiado pola minoría culta do Rexionalismo( Recupera a categoría |

| |de lingua literaria con escritores como Rosalía de Castro, Curros e Pondal (Rexurdimento). |

| | |

| |Ler todo o punto 2.3, páx. 292. Cfr. tamén ilustración. Cfr. gráfico páx. 293. |

II.- CLAVES DO REXURDIMENTO. OS PRECURSORES.

| |

|1.- Claves do Rexurdimento. |

|Aparición da escrita literaria do galego. |

|Aparición dun movemento ideolóxico-político, que adoptará sucesivamente os nomes de Provincialismo, Rexionalismo e Nacionalismo (este |

|último xa no 1º terzo do século XX). |

|(0.5 p.) |

|1.1.- Períodos do |1.- Precursores |Autores que simpatizaron co Provincialismo. |

|Rexurdimento. |(1833-1862) |Usaron o galego antes de 1863. |

| | |Nicomedes Pastor Díaz, Añón, Pintos… |

|(1 p.) | | |

| |2.- Rexurdimento pleno |1863: data de aparición de Cantares Gallegos. |

| |(1863-1888). |Xéneros: |

| | |Poesía (predominante)( Presenza das “tres coroas”: Rosalía, Pondal e Curros. |

| | |Narrativa: Maxina ou a filla espúrea (Marcial Valladares). |

| | |Teatro. |

| |3.- Depresión |Declive na produción literaria: máis cantidade, pero menor calidade. |

| |finisecular |Esta etapa chega ao fin no 1916, co nacemento das Irmandades da Fala. |

| |(1889-1914). | |

|1.2.- Obxectivos do |1.- Mudar a consideración negativa con respecto ao galego. Utilizarán argumentos de prestixio, de utilidade e de|

|Rexurdimento |identidade (ler p. 298). |

| |2.- Ampliar os ámbitos de uso do galego: na literatura escrita, introdución na prensa periódica. |

|(1 p). |3.- Estudar e depurar o idioma. Primeiras gramáticas e dicionarios. Comezan a elaboración dun modelo de galego |

| |culto ou estándar. |

| |4.- Reivindicar o pasado histórico e o carácter de Galicia como pobo… Ler páx. 298. |

|1.3.- Ámbitos de |1.- Historiografía: Vicetto, Murguía. |

|actuación e |2.- Filoloxía: primeiros dicionarios e gramáticas. |

|iniciativas. |3.- Prensa: ler páx. 299. |

| |4.- Folclore: recompilación de material procedente da literatura oral, de traxes, tradicións, etc. |

|(2.5 p.) |5.- Música.- Orfeóns e coros: |

| |*Rescatan, dignifican e difunden as cantigas populares. |

| |*Divulgan baladas e melodías baseadas en textos dos autores do Rexurdimento, musicadas por compositores como: |

| |Xoán Montes: “Negra sombra”, de Rosalía; “Unha noite na eira do trigo”, de Curros. |

| |Pascual Veiga: “Alborada”, de Francisco Mª de la Iglesia; “Os pinos”, de Pondal. |

| |6.- Literatura: convocatoria dos Xogos Florais (certames literarios) e fundación das primeiras imprentas |

| |adicadas ao libro en galego. |

| |7.- Outras propostas (desatendidas e pospostas): Creación dunha Academia Galega (creouse en 1906); entrada de |

| |estudos sobre Galicia na Universidade de Santiago (tardou cen anos en introducir o galego nas aulas); admisión |

| |do galego no ensino (na escola o galego é oficial desde 1983). |

| |

|2.- Os Precursores do Rexurdimento. |

|Precursores.- Autores que escriben en galego antes da publicación de Cantares Gallegos (1863) de Rosalía de Castro. (0.5 p.) |

|Álbum de la Caridad (1862) |Volume que recolle os textos presentados aos Xogos Florais da Coruña (1861). Ver “patrocinador”, p.|

|1 p. |300. |

| |Recolle as composicións premiadas e textos duns corenta autores, entre os que están Rosalía e |

| |Pondal. |

|Antonio Benito Fandiño |A casamenteira. Pequena obra de teatro [escrita en 1812, publicada en 1849], denuncia os casamentos|

|1 p. |por interese e o papel das “casamenteiras”. |

|Nicomedes Pastor Díaz |“A alborada” (1828). Poema de temática amorosa. |

|0.5 p. |Escritor romántico e político liberal moderado. |

|Añón |“A Galicia”, poema premiado nos Xogos Florais da Coruña (1861). |

|1 p. |Participou na revolución de 1846 (inspirada polo Provincialismo)( [exiliouse en Portugal, viaxou |

| |anos por Europa (ao servizo dun lord inglés); en Madrid presidiu a sociedade “Galicia literaria” |

| |(1865)]. |

|Pintos |A gaita gallega (1853). |

|1 p. |Método de aprendizaxe do galego. |

| |Exaltación do galego. |

| | |

| |Un gaiteiro (galego) e un tamborileiro (foráneo) van dialogando sobre as características |

| |gramaticais do galego, o desprezo que existe hacia el, etc. Tamén inclúe poemas sobre a emigración,|

| |a fame da época, a importancia do Padre Sarmiento, etc. |

|Francisco de la Iglesia |A fonte do xuramento (1882), peza considerada inaugural do teatro galego moderno. |

|Outros “Precursores” |Cfr. páx. 302. |

UNIDADE 15: O REXURDIMENTO PLENO (I). ROSALÍA DE CASTRO[2].

I.- ROSALÍA DE CASTRO.

|1.- Aspectos biográficos. Cfr. pp. 308-309. |

|Nacemento (1837) / Infancia / Esmerada educación en Santiago / Muxía: familia de Pondal / Madrid: “La flor”, Murguía / Traslados|

|frecuentes / Morte (1885, 48 anos): extrema pobreza, cancro, marxinada-abandonada pola intelectualidade da época… |

|2.- Singularidade da figura de Rosalía. |

|Muller culta: falaba francés, lía obras de filosofía, relacionábase coa intelectualidade (galega e española) máis importante da |

|época… |

|Criterios propios e contestataria: rexo carácter, clara vontade de ser escritora, consciente do que facía cando rompía os moldes|

|do seu tempo. |

|Forma parte da literatura universal: Obra traducida a numerosas linguas e estudada en universidades de todo o mundo. |

|Imaxe distorsionada (cfr. páx. 310). Non( “Santiña” (2º parágrafo), “Escritora romántica” (3º parágrafo). |

|En vida, dificultades para publicar( Penuria económica, condición de muller, heterodoxia do seu pensamento. |

|En vida, ataques durísimos (do estamento eclesiástico, de algúns intelectuais). |

|Antes de morrer, deu orde de queimar manuscritos inéditos e cartas. |

|3.- O compromiso social. |

|Obra con forte compoñente social: |

|Defensa do idioma e cultura galegos fronte á visión común da época. |

|Identificación cos problemas do pobo galego, especialmente coas mulleres campesiñas (“as viúvas dos vivos”). |

|Denuncia das inxustizas e abusos cometidos con Galicia e cos galegos, facendo fincapé no tema da emigración e as súas graves |

|consecuencias. |

|Reivindicación dos dereitos da muller, comezando polo “dereito a escribir”, a ser “literata” nunha sociedade na que a |

|desigualdade estaba vixente. |

|4.- O feminismo. Ler pp. 311-312. |

|5.1.- Obra literaria en galego: Cantares Gallegos. Follas Novas. Conto gallego. |

|5a.- Obra literaria en galego: Cantares Gallegos. |

|Cantares Gallegos |Primeiro libro publicado integramente en galego. |

| |Dedicado a Fernán Caballero (ler motivo, p. 313). |

|Glosas |Glosas de cantares populares, segundo o modelo formal de Antonio Trueba no seu Libro de los cantares. |

|Voces poéticas |A propia autora. |

| |Personaxes (homes e mulleres) do pobo. |

|Prólogo. Triple |Lingua.- Reivindicar o galego “para todo tipo de versificación”, negando que sexa torpe ou rudo. |

|obxectivo: |Denuncia.- Denunciar o maltrato e a marxinación que padece Galicia e a explotación da que son obxecto os |

| |galegos (especialmente labregos, emigrantes e mulleres). |

| | |

| |Imaxe.- Combater a imaxe negativa que se tiña de Galicia nesa época. |

|Apartados (atendendo á|Prólogo e |“Has de cantar” e “Eu cantar, cantar, cantei”. Poemas que serven de introdución e |

|temática) |epílogo. |despedida ao conxunto de poemas. |

| |Temática |Costumistas.- Describen aspectos concretos da vida de Galicia: romarías, supersticións, |

| |folclórico-etnogr|devocións, festas e traballos nas aldeas… |

| |áfica | |

| | |Amorosos.- Poemas de amor entre personaxes campesiños. |

| |Temática social |Tratan a penuria e marxinación en que viven os galegos dese tempo: “Adiós ríos, adiós |

| | |fontes”, “Castellanos de Castilla”. |

| |Temática |Vivencias e sentimentos persoais: saudade, evocación da paisaxe galega, etc. “Campanas |

| |intimista |de Bastabales”, “Como chove miudiño”. |

|5b.- Obra literaria en galego: Follas Novas. |

|Follas Novas |Publicada en Madrid por Rosalía (1880), a desgusto e obrigada por compromisos editoriais. A maioría dos |

| |poemas foran escritos en Simancas entre 1868 e 1870. |

|Partes |Prólogo en prosa e cinco “libros”: “Vaguedás”, “Do íntimo”, “Varia”, “Da terra”, “As viúvas dos vivos e as|

| |viúvas dos mortos”. |

|Temática intimista |Manifestacións do seu estado anímico (pesimismo, saudade, desasosego, melancolía…). |

| |O desexo de morrer ou o suicidio como vía de liberación do sufrimento. |

|Temática social |Problemas sociais: a miseria e a emigración( A emigración: causas que a provocan (impostos, abusos de |

| |poderosos, atraso económico) e consecuencias (nos emigrantes e nas súas mulleres). |

|Repercusión e acollida|Follas Novas demostrou a capacidade do galego para expresar todo tipo de temas, sentimentos e inquietudes |

| |existenciais. |

| |Acollida menos entusiasta que a de Cantares Gallegos e nalgúns casos francamente hostil. |

|5c.- Obra literaria en galego: Conto gallego (1864). Ler páx. 317. |

|5.2.- Obra en español. Ler páx. 317-318. |

|6.- Principais trazos lingüísticos e estilísticos. |

|Lingua.- Galego coloquial, da comarca de Santiago-Padrón. Escribe sen gramática nin regra (segundo ela afirma nos seus prólogos).|

|Métrica.- Formas tradicionais (muiñeira e romance) + Formas cultas. Combinacións métricas novidosas. |

II.- A POESÍA COSTUMISTA NA FIN DE SÉCULO.

Ler pp. 320-321, especialmente Lamas Carvajal e Francisca Herrera Garrido.

UNIDADE 16.- O REXURDIMENTO PLENO (II). EDUARDO PONDAL. CURROS ENRÍQUEZ. PROSA E TEATRO DO REXURDIMENTO[3].

I.- EDUARDO PONDAL. (Puntuado sobre 9)

|1.- Aspectos biográficos. Cfr. pp. 334-335. |

|Nacemento (1835) / Familia fidalga e “indiana” / Esmerada educación: cultura greco-latina( forte pegada na súa obra / Santiago: |

|Bacharelato e Medicina( Amizade con Rosalía, Murguía… / 1856: Banquete de Conxo / Breve tempo: Médico militar en Ferrol e Trubia|

|(Asturias) / Retírase a Ponteceso, frecuentes escapadas a Santiago e Coruña, a ambientes literarios e bohemios (dandy) / 1855: |

|reside na Coruña, frecuenta a “Cova Céltica”: centro de reunión dos intelectuais galegos que defendían o “celtismo”: Pondal era |

|o “Bardo” e Murguía o “Patriarca” / Neurose progresiva, desembocou en loucura; cegueira / Morte: 1917. |

0.5 p.

|2.- Obra poética de Pondal. |

|Queixumes dos pinos|Tematica: Celtismo, bardismo, helenismo, paisaxe… |

|(1886) |O poema “Os Pinos”( As primeiras estrofas foron elixidas polos emigrados en Cuba como letra para un himno, |

| |con música de Pascual Veiga. Acabou por converterse no Himno Galego. |

|Os Eoas |Poema narrativo: fazaña de Colón e dos mariñeiros galegos que presuntamente o acompañaron. |

| |Traballou no poema toda a vida e deixouno inconcluso. |

| |Non hai que sabelo: Causas da demora na publicación: neurose progresiva que lle producía pánico a un |

| |hipotético fracaso, as características do propio poema, o excesivo parecido con Os lusíadas (do escritor |

| |renacentista potugués Camoẽs), o carácter anacrónico dunha obra que se encadraba no xénero da epopea. |

|3.- Estética e ideoloxía de Pondal. Ler páx. 336. |

|4.- Principais liñas temáticas. |

|Celtismo |Pondal cre que a base étnica do pobo galego é celta (fronte á base étnica castelá, que é ibera). |

|1 p. |Tese da orixe céltica de Galicia: defendida por Murguía, Vicetto (historiadores), Pondal e outros (cfr. |

| |“Cova Céltica”). |

| |Moitos poemas fan alusión, en ton épico, ás fazañas de heroes celtas: |

| |Reais: Breogán. |

| |Inventados: para bautizalos bota mans de topónimos (Gundar, Baltar, Brandoñas…). |

| | |

| |Galicia: Pasado celta glorioso( Futuro esperanzador. |

| |Intenta convencer aos galegos de que teñen unha historia gloriosa que lexitima as reivindicacións |

| |galeguistas de liberdade formuladas na época. |

|Bardismo |Influído polo ossianismo[4], considérase o “bardo” do pobo galego. |

|1 p. + 1 p. |Os bardos eran sacerdotes-poetas-adiviños celtas que gardaban e transmitían poeticamente a sabedoría da |

| |tribo, informaban do pasado ás novas xeracións para inculcarlles o orgullo de pertenza ao clan( Pondal, no|

| |seu papel de bardo moderno do pobo galego, concibe a súa poesía como a revelación aos galegos do pasado |

| |celta glorioso que serviría de estímulo para loitar contra a escravitude moderna a que estaba sometida |

| |Galicia. |

| | |

| |Ler último parágrafo páx. 337. |

|Iberismo |Nalgúns poemas Pondal soña coa futura unidade ibérica, con Galicia facendo de ponte entre hispanos e |

|1 p. |portugueses. |

| |A idea da lingua como lazo de unión: ler último parágrafo p. 338. |

|Misoxinia e machismo |Nalgúns poemas, pensamento machista e misóxino: a muller concebida como “presa” do home, o amor como |

|1 p. |relación entre vencedor e vencida… |

| | |

| |Adxectivos “feminino”, “femíneo”… asociados á idea de brandura, covardía son –en Pondal- elementos |

| |negativos. |

| |Pola contra todo o masculino é visto como positivo (“forte”, “duro”, “férreo”, adxectivos asociados ao |

| |masculino, á rudeza, intelixencia, valentía e fortaleza). |

|Helenismo |Ampla formación na cultura clásica greco-latina. |

|1 p. |Esparta. Admira o pasado de Esparta, pobo grego austero e guerreiro, modelo –para el- a imitar. |

| |Personaxes e topónimos. Mención de personaxes históricas e míticas da Grecia clásica (Epaminondas), de |

| |topónimos gregos (Thermópilas). |

| |Cultismos.- Emprego de abudantes cultismos de orixe grega. |

|Misticismo panteísta: |A natureza aparece: |

|a natureza |Como personaxe (personificada): p.e. os “pinos” poden escoitar, transmiten mensaxes… Cfr. “Himno Galego”. |

|1 p. |Como símbolo. As aves simbolizan a liberdade, a tristura e o paso do tempo. Os piñeiros identifícanse co |

| |pasado celta. |

|5.- Lingua e estilo. 1 p. |

|Lingua: rexistro |Esforzouse en crear un rexistro culto, refinado e literario: |

|culto. |Introduce numerosos cultismos, combate os vulgarismos e castelanismos. |

| |Como dixo, converteu unha “lingua de ferro” nunha “lingua de ouro”. |

|Adxectivos férreo-doce|Uso da oposición férreo-doce ( masculino-feminino. |

|Epítetos |Uso abundante. |

|Topónimos |Uso abundante, para denominar heroes celtas (inventados). |

|Cultismos |Uso abundante de cultismos do grego e do latín. |

|6.- A escola pondaliana. 0.5 p. |

|A poesía celtista foi imitada por outros asiduos á “Cova céltica”, activistas do rexionalismo e fundadores da Academia Galega |

|(1906). Ler páx. 340. |

II.- MANUEL CURROS ENRÍQUEZ. (Puntuado sobre 9)

|1.- Aspectos biográficos. Ler pp. 344-345. |

|Nacemento (1851) / Infancia / Formación en Madrid / Revolución setembrina (1868). |

|Traballo como xornalista / Exilio en Inglaterra (1870) / Vida familiar / Fundación de “Galicia literaria” en Madrid, con Añón e |

|outros / Cronista na 3ª Guerra Carlista |

|Ourense.- 1877: Gaña o “Certame literario” de Ourense( |

|1º.- Instálase en Ourense: funcionario de Facenda, colabora cun xornal, escribe novos poemas. |

|2º.- Ton anticlerical dalgúns poemas( Excomuñón (bispo de Ourense) e procesamento (xuíz Mella). Pena de cárcere e multa. Apelou á|

|Audiencia da Coruña e foi declarado inocente. Perdeu o traballo por represalias políticas. |

|Madrid (1883): volta e tenta vivir do xornalismo. |

|Cuba (1894): dificultades económivas, emigra a Cuba. Situación política (levantamento mambí, imperialismo norteamericano): Guerra|

|de Cuba, 1898. |

|Galicia (1904).- Identificado co rexionalismo de Brañas e Murguía. Homenaxe. |

|Cuba.- Emigra de novo (mala situación económica). Participa en actividades dos núcleos galeguistas da emigración: constitución |

|dunha promotora para a fundación dunha “Academia Galega”. Morre (1908). Restos trasladados á Coruña (cemiterio de San Amaro): |

|enterro multitudinario. |

|2.- Obra poética. |

|Poeta cívico |Concepción da poesía como instrumento para loitar contra as inxustizas. |

|1 p. |Debido aos ataques públicos e procesamento (por Aires da miña terra), a sona de Curros espállase e a obra |

| |ten moi boa acollida: era o poeta galego máis coñecido do XIX. |

|Poema “Cántiga” 0.5 |O seu primeiro poema en galego (1869). Musicado por Chané, popularizado co título “Unha noite na eira do |

| |trigo”. Pódese escoitar no disco Muller de Cristina Pato e Rosa Cedrón. |

|Certame poético de |Concurso (1877). Establecía tres modalidades: costume, tradición, tipo popular. Gaña Curros con “Unha boda|

|Ourense 0.5 |en Einibó”, “A Virxe do Cristal” e “O gueiteiro”. |

|Aires da miña terra |Tematicamente, tres apartados: |

|(1880) | |

|1 p. |Poemas sociais.- Grupo fundamental. Defende aspectos da súa ideoloxía (progresista, democrática, |

| |galeguista). |

| |Poemas intimistas.- Algúns poemas que teñen a orixe nun acontecemento familiar ou persoal. P.e. “Ai!”, na |

| |morte do seu fillo Leopoldo. |

| |Poemas costumistas.- Os tres poemas cos que Curros gañou o certame de Ourense. |

|O Divino Sainete |Parodia da Divina Comedia de Dante (séc. XIV). |

|(1888) |Obxectivos: |

| |Criticar as institucións e os sectores reaccionarios da sociedade (a Igrexa católica en particular). |

|2 p. |Defender o Rexurdimento e as súas principais figuras. |

| |Satirizar determinados inimigos persoais, ideolóxicos e literarios (bispo de Ourense, xuíz Mella, Emilia |

| |Pardo Bazán…). |

| | |

| |Argumento.- Presunta peregrinación de Curros a Roma, acompañado do poeta Añón (que exerce de guía, como |

| |Virxilio guiaba a Dante na Divina Comedia). Viaxan nun tren con sete vagóns que representan os sete |

| |pecados capitais: preguiza, envexa, gula, ira, luxuria, avaricia e soberbia. |

| |Personaxes satirizados.- No tren viaxan o xuíz e o bispo que procederon contra Curros pola publicación de |

| |Aires da miña terra. Frades obscenos e comellóns que “devoran” aos escritores galegos, beatas luxuriosas, |

| |carlistas sanguinarios con aspecto de devotos, escritorias como Pardo Bazán (contraria ao Rexurdimento), |

| |etc. |

| |Cfr. opinión de Lamas Carvajal (páx. 347). |

|Outros poemas |Consérvanse unha vintena de poemas seus en galego (non incluídos nos libros anteriores). Tiña en |

| |preparación un libro, Brétemas, que non chegou a publicarse e hoxe se dá por perdido. |

|3.- Principais liñas temáticas e ideolóxicas da poesía de Curros. |

|a) Progresismo |Poeta social: |

|1 p. |Defende liberdades e dereitos individuais (de sufraxio, expresión, culto…). |

| |Denuncia a intolerancia, a censura, a tiranía, o fanatismo relixioso, o caciquismo, o inxusto reparto da|

| |terra, a pena de morte, etc. |

| |Canta aos elementos do progreso. Cre que a solución vén da man da cultura e o progreso. |

|b) Compromiso social |Como escritor: Concepción da poesía como instrumento para loitar contra as inxustizas. Ponse de lado dos|

|1 p. |que sofren, para ser a voz dos que non teñen voz. |

|c) Anticlericalismo 1 p.|Ataca a Igrexa católica, o Papa, os xesuítas, frades e clerigos carlistas…: considéraos imaxe da |

| |intolerancia, represores da liberdade, etc. |

| |Nunca se mostra irreverente coa doutrina cristiá. |

|Evolución do seu |Cfr. pp. 348-349. Evolución provocada polo contraste entre as súas teorías e a realidade. Capitalismo: |

|pensamento |de confiar pasa a combatelo / Emigración: de vela como solución pasa a combatela / Forma de estado: de |

| |Republicano pasa a Rexionalista. |

|4.- Lingua e estilo. |

|Concepción da función social da poesía( Lévao a utilizar unha linguaxe clara, sinxela e directa, para chegar a todo o mundo. |

|1 p. |

|5.- A escola poética de Curros. |

|Cfr. pp. 349-350. |

III.- A PROSA E O TEATRO DO REXURDIMENTO.

|1.- A prosa do Rexurdimento. |

|Trazos |Difusión –preferente- a través de xornais e revistas. |

| |Predominio da narrativa breve sobre a novela. |

| |Carácter pintoresco, folclorico e costumista da maioría das producións. |

| |Predominio absoluto do rural galego. |

| |Convivencia de catro tendencias: narrativa histórica, sentimental, costumista e política. |

|Narrativa histórica:|Coengo e arquiveiro na catedral de Santiago. Profundo coñecedor da historia de Galicia( Abundantes datos e |

|Antonio López |referencias históricas nas súas novelas. |

|Ferreiro. | |

| |Obxectivo: Demostrar que a Galicia da época en que se desenvolven as súas novelas se expresaba con |

| |normalidade en lingua galega. |

| | |

| |Aparecen en forma de folletín na prensa compostelá. |

| | |

| |Memorizade un título: |

| |A tecedeira de Bonaval (1894). Ambientada no XVI; loitas entre o Arcebispo e os gremios composteláns; de |

| |fondo, unha historia de amor. |

| |O castelo de Pambre (1895). Ambientada do XIV; relata os esforzos de Gonzalo Ozores de Ulloa por recuperar o|

| |seu patrimonio, usurpado tras a derrota de Pedro I el Cruel por Enrique de Trastámara. |

| |O niño de pombas (1905). Ambientada no XII, na época de Xelmírez: historia amorosa. |

|Narrativa |Maxina ou a filla espúrea. |

|sentimental: Marcial|Publicada por entregas. |

|Valladares. |Obra bilingüe: os personaxes de clase baixa usan o galego, os de clase alta o castelán. |

|2.- O teatro. |

|Teatro popular |Existe con anterioridade ao XIX un teatro popular en galego, de autor anónimo, representado ao aire libre en|

| |vilas e aldeas coincidindo con festividades. |

| | |

| |Século XIX.- Obras escritas en castelán e galego, coa finalidade de ridiculizar aos labregos (a súa cultura |

| |e a súa fala) ante unha clase urbana de clase media ou alta. |

|Teatro culto |Na etapa do Rexionalismo finisecular. Escaso cultivo. Tres tendencias: |

| | |

| |Teatro histórico. Orientado desde o Rexionalismo a rememorar episodios e personaxes do pasado galego. |

| |Teatro costumista e sentimental. Cfr. Filla!, ambientada en terras de Ferrol. |

| |Teatro social e anticaciquil. Temas de denuncia: situación do campesiñado galego, emigración, etc. |

-----------------------

[1] Unidade 14, libro de texto (Baía ed.), pp. 287-302.

[2] Unidade 15 libro de texto (Baía ed.), pp. 307-321.

[3] Unidade 15 libro de texto (Baía ed.), pp. 333-350.

[4] Ossianismo.- Corrente creada polo poeta escocés Macpherson no séc. XVIII; este dixo que encontrara uns poemas orixinais dun auténtico bardo celta, Ossián. En realidade, os poemas foran compostos polo propio Macpherson.

................
................

In order to avoid copyright disputes, this page is only a partial summary.

Google Online Preview   Download

To fulfill the demand for quickly locating and searching documents.

It is intelligent file search solution for home and business.

Literature Lottery

Related searches