ASIGNATURA / MÓDULO



[pic]

Programación didáctica

Curso : 2010/2011

|Xefe/a de departamento ou coordinador do ciclo: |Asignaturas / Ciclos |

|Alejandro Cadarso Vázquez |3º e 4º E.S.O. |

|      |      |

|Membros do departamento |Asignaturas / Ciclos |

|Merceds Bustabad Pérez |1º e 2º E.S.O. |

|Mª Carmen Barro Sueiras |4º, 5º e 6º E.P. |

|      |E.I. E 1º, 2º E 3º E.P. |

| |INGLÉS - ETAPA DE EDUCACIÓN PRIMARIA |

|ASIGNATURA / CICLO | |

A) Contribución da materia ó logro das competencias básicas.

1º CICLO

- COMPETENCIA EN COMUNICACIÓN LINGÜÍSTICA

- Utilizar a linguaxe como instrumento de comunicación.

- Utilizar a linguaxe e como instrumento de aprendizaxe e de autorregulación do pensamento.

- Fomentar as relacións construtivas cos demais e coa contorna.

- Aprender a comunicarse.

- Estabelecer lazos con outras persoas e achegarnos a outras culturas que adquiren sentido e provocan afecto despois de que se coñecen.

- Aprender a resolver conflitos para aprender a convivir.

COMPETENCIA MATEMÁTICA

-Utilizar de forma apropiada a linguaxe matemática naquelas actividades que o requiran.

-Realizar clasificacións cando o texto así o requira.

-Utilizar nocións espacio temporais con propiedade tanto na expresión oral como na escrita.

-expresar relación de cantidade, orden, ubicación na expresión oral e na escrita.

-Ordenar alfabéticamente.

-Relacionar adxectivo, color, nome de forma secuenciada.

-Empregar razoamentos e elementos matemáticos espontáneamente para interpretar e producir información (crucigramas, sopas de letras, enumeracións, elementos dun texto…)

- TRATAMENTO DA INFORMACIÓN E COMPETENCIA DIXITAL

- Buscar, obter, procesar e comunicar información e transformala en coñecemento.

- Utilizar as tecnoloxías da información e da comunicación como un elemento esencial para informarse e comunicarse.

- Utilizar recursos tecnolóxicos para resolver problemas de modo eficiente e ter unha actitude crítica e reflexiva na valoración da información de que se dispón.

- COMPETENCIA SOCIAL E CIDADÁ

- Vivir en sociedade, comprender a realidade social do mundo en que se vive e exercer a cidadanía democrática nunha sociedade cada vez máis plural.

- Relacionarse cos demais, cooperar, comprometerse e afrontar os conflitos.

- Aceptar as diferenzas, ser tolerante e respectar os valores, as crenzas, as culturas e a historia persoal e colectiva dos outros.

-COÑECEMENTO E INTERACIÓN CO MUNDO FÍSICO

-Relacionar o traballado na aula co mundo que nos rodea diariamente.

-Relacionar o inglés coa súa propia realidade a través do coñecemento do vocabulario de diferentes obxectos, contribuíndo así a un mellor coñecemento de diversas actividades nos países de fala inglesa e outras zonas do mundo.

-Aprender a identificar a LE no mundo que os rodea.

-Ser quen de aplicar diferentes recurso do dia a dia para aplicalos á comunicación na nova lingua

-Interactuar co espacio físico e entender a propia realidade e o que lle rodea ao alumno na nova lingua.

-Comprender a realidade ambiental, de saude,de tolerancia na nova lingua.

- COMPETENCIA CULTURAL E ARTÍSTICA

- Coñecer, apreciar, comprender e valorar criticamente diferentes manifestacións culturais e artísticas, utilizalas como fonte de gozo e enriquecemento persoal e consideralas parte do patrimonio cultural dos pobos.

- Facilitar tanto a expresarse e comunicarse como percibir, comprender e enriquecerse con diferentes realidades e producións do mundo da arte e da cultura.

- COMPETENCIA PARA APRENDER A APRENDER

- Iniciarse na aprendizaxe.

- Ser capaz de continuar aprendendo de xeito autónomo.

- Buscar respostas que satisfagan as esixencias do coñecemento racional.

- Admitir unha diversidade de respostas posíbeis ante un mesmo problema e atopar motivación para buscalas dende diversos enfoques metodolóxicos. En suma, implica a xestión das propias capacidades dende unha óptica de procura de eficacia e o manexo de recursos e técnicas de traballo intelectual.

2º CICLO

3º PRIMARIA

A aprendizaxe dunha lingua estranxeira contribúe á adquisición da competencia en comunicación lingüística de xeito directo, completando, enriquecendo e enchendo de novos matices comprensivos e expresivos esta capacidade comunicativa xeral. Unha aprendizaxe da lingua estranxeira baseada no desenvolvemento de habilidades comunicativas, contribuirá ao desenvolvemento desta competencia básica no mesmo sentido que o fai a primeira lingua.

COMUNICACIÓN LINGÜÍSTICA

- Expresar oralmente pensamentos, emocións, vivencias e opinións de xeito sinxelo.

- Adecuar a fala a situacións comunicativas variadas, controlando os elementos non verbais e respectando as regras propias do intercambio comunicativo.

- Ter conciencia das convencións sociais e culturais á hora de producir textos.

- Comprender distintos tipos de textos propios do ámbito académico recoñecendo a súa intención comunicativa e os seus trazos formais.

- Gozar da lectura e, a través dela, descubrir outras contornas, idiomas e culturas.

- Tomar conciencia da necesidade de respectar as normas ortográficas na produción de textos escritos.

- Coñecer os principais procedementos de formación de palabras como instrumento para ampliar o léxico.

- Utilizar un vocabulario suficientemente amplo para expresarse oralmente e por escrito con propiedade e precisión en situacións concretas.

- Compor textos propios do ámbito académico, adecuados ao propósito comunicativo.

- Escribir textos para expresar ideas, sentimentos e experiencias.

TRATAMENTO DA INFORMACIÓN E COMPETENCIA DIXITAL

- Buscar, obter, procesar e comunicar información na lingua estranxeira para transformala en coñecemento utilizando sistemas informáticos ou Internet.

- Analizar de xeito crítico a información obtida.

COMPETENCIA MATEMÁTICA

-Realizar clasificacións cando o texto así o requira.

-Utilizar nocións espacio temporais con propiedade tanto na expresión oral como na escrita.

-expresar relación de cantidade, orden, ubicación na expresión oral e na escrita.

-Ordenar alfabéticamente.

-Relacionar adxectivo, color, nome de forma secuenciada.

-Empregar razoamentos e elementos matemáticos espontáneamente para interpretar e producir información (crucigramas, sopas de letras, enumeracións, elementos dun texto…)

COÑECEMENTO E INTERACCIÓN CO MUNDO FÍSICO.

-Relacionar o traballado na aula co mundo que nos rodea diariamente.

-Relacionar o inglés coa súa propia realidade a través do coñecemento do vocabulario de diferentes obxectos, contribuíndo así a un mellor coñecemento de diversas actividades nos países de fala inglesa e outras zonas do mundo.

-Aprender a identificar a LE no mundo que os rodea.

-Ser quen de aplicar diferentes recurso do dia a dia para aplicalos á comunicación na nova lingua

-Interactuar co espacio físico e entender a propia realidade e o que lle rodea ao alumno na nova lingua.

-Comprender a realidade ambiental, de saude,de tolerancia na nova lingua.

SOCIAL E CIDADÁ

- Coñecer e practicar o diálogo como ferramenta básica de comunicación interpersoal e de resolución de conflitos.

- Coñecer os valores que caracterizan unha sociedade democrática: liberdade, solidariedade, participación, cidadanía, tolerancia.

- Valorar a pluralidade lingüística como unha riqueza cultural.

CULTURAL E ARTÍSTICA

- Apreciar a diversidade cultural a partir de diferentes manifestacións artísticas.

APRENDER A APRENDER

- Coñecer e utilizar de xeito habitual as principais estratexias e técnicas que favorecen o traballo intelectual (resumo, esquema, mapas conceptuais...).

- Utilizar diferentes recursos e fontes para a recollida e tratamento da información.

AUTONOMIA E INICIATIVA PERSOAL

- Actuar con iniciativa e creatividade persoal.

- Desenvolver as habilidades sociais. .

4º PRIMARIA

COMUNICACIÓN LINGÜÍSTICA

-Expresar oralmente pensamentos, emocións, vivencias e opinións de xeito sinxelo.

-Tomar conciencia da necesidade de respectar as normas ortográficas na produción de textos escritos.

-Utilizar un vocabulario suficientemente amplo para expresarse oralmente e por escrito con propiedade e precisión en situacións concretas.

-Compor textos propios do ámbito académico, adecuados ao propósito comunicativo.

-Escribir textos para expresar ideas, sentimentos e experiencias.

-Tratamento da información e competencia dixital

COMPETENCIA MATEMÁTICA

-Utilizar de forma apropiada a linguaxe matemática naquelas actividades que o requiran.

-Realizar clasificacións cando o texto así o requira.

-Utilizar nocións espacio temporais con propiedade tanto na expresión oral como na escrita.

-expresar relación de cantidade, orden, ubicación na expresión oral e na escrita.

-Ordenar alfabéticamente.

-Relacionar adxectivo, color, nome de forma secuenciada.

-Empregar razoamentos e elementos matemáticos espontáneamente para interpretar e producir información (crucigramas, sopas de letras, enumeracións, elementos dun texto…)

COÑECEMENTO E INTERACCIÓN CO MUNDO FÍSICO

-Relacionar o traballado na aula co mundo que nos rodea diariamente.

-Relacionar o inglés coa súa propia realidade a través do coñecemento do vocabulario de diferentes obxectos, contribuíndo así a un mellor coñecemento de diversas actividades nos países de fala inglesa e outras zonas do mundo.

-Aprender a identificar a LE no mundo que os rodea.

-Ser quen de aplicar diferentes recurso do dia a dia para aplicalos á comunicación na nova lingua

-Interactuar co espacio físico e entender a propia realidade e o que lle rodea ao alumno na nova lingua.

-Comprender a realidade ambiental, de saude,de tolerancia na nova lingua.

SOCIAL E CIDADÁ

-Practicar o diálogo como ferramenta básica de comunicación interpersoal e de resolución de conflitos.

-Coñecer os valores que caracterizan unha sociedade democrática: liberdade, solidariedade, participación, cidadanía, tolerancia.

-Valorar a pluralidade lingüística como unha riqueza cultural.

CULTURAL E ARTÍSTICA

-Apreciar a diversidade cultural a partir de diferentes manifestacións artísticas.

APRENDER A APRENDER

-Coñecer e utilizar de xeito habitual as principais estratexias e técnicas que favorecen o traballo intelectual (orden no traballo, interés pola elaboración ben feita, búsqueda de información previamente traballada…)

AUTONOMÍA E INICIATIVA PERSOAL

-Actuar con iniciativa e creatividade persoal.

-Desenvolver as habilidades sociais.

3º CICLO

COMUNICACIÓN LILNGÜÍSTICA

-Expresar oralmente pensamentos, emocións, vivencias e opinións de xeito sinxelo.

-Adecuar a fala a situacións comunicativas variadas, controlando os elementos non verbais e respectando as regras propias do intercambio comunicativo.

-Ter conciencia das convencións sociais e culturais á hora de producir textos.

-Comprender distintos tipos de textos propios do ámbito académico recoñecendo a súa intención comunicativa e os seus trazos formais.

-Gozar da lectura e, a través dela, descubrir outras contornas, idiomas e culturas.

-Tomar conciencia da necesidade de respectar as normas ortográficas na produción de textos escritos.

-Coñecer os principais procedementos de formación de palabras como instrumento para ampliar o léxico.

-Utilizar un vocabulario suficientemente amplo para expresarse oralmente e por escrito con propiedade e precisión en situacións concretas.

-Compor textos propios do ámbito académico, adecuados ao propósito comunicativo.

-Escribir textos para expresar ideas, sentimentos e experiencias.

COMPETENCIA MATEMÁTICA

-Utilizar de forma apropiada a linguaxe matemática naquelas actividades que o requiran.

-Realizar clasificacións cando o texto así o requira.

-Utilizar nocións espacio temporais con propiedade tanto na expresión oral como na escrita.

-expresar relación de cantidade, orden, ubicación na expresión oral e na escrita.

-Ordenar alfabéticamente.

-Relacionar adxectivo, color, nome de forma secuenciada.

-Empregar razoamentos e elementos matemáticos espontáneamente para interpretar e producir información (crucigramas, sopas de letras, enumeracións, elementos dun texto…)

COÑECEMENTO E INTERACCIÓN CO MUNDO FÍSICO

-Relacionar o traballado na aula co mundo que nos rodea diariamente.

-Relacionar o inglés coa súa propia realidade a través do coñecemento do vocabulario de diferentes obxectos, contribuíndo así a un mellor coñecemento de diversas actividades nos países de fala inglesa e outras zonas do mundo.

-Aprender a identificar a LE no mundo que os rodea.

-Ser quen de aplicar diferentes recurso do dia a dia para aplicalos á comunicación na nova lingua

-Interactuar co espacio físico e entender a propia realidade e o que lle rodea ao alumno na nova lingua.

-Comprender a realidade ambiental, de saude,de tolerancia na nova lingua.

SOCIAL E CIDADÁ

-Coñecer e practicar o diálogo como ferramenta básica de comunicación interpersoal e de resolución de conflitos.

-Coñecer os valores que caracterizan unha sociedade democrática: liberdade, solidariedade, participación, cidadanía, tolerancia.

-Valorar a pluralidade lingüística como unha riqueza cultural.

-Coñecer trazos e feitos culturais vinculados aos falantes destas e que poden ser traballados paralelamente á unidade

-Respecto ás diferencias e tolerancia ante os erros dos demáis.

CULTURAL E ARTÍSTICA

-Apreciar a diversidade cultural a partir de diferentes manifestacións artísticas

-Poñer interese nas producións artísticas que se levan adiante durante o curso (cancións, contos, dramatizacións…)

- Realización das tarefas finales das unidades de forma limpa, ordenada e creativa.

APRENDER A APRENDER

-Coñecer e utilizar de xeito habitual as principais estratexias e técnicas que favorecen o traballo intelectual (resumo, esquema, mapas conceptuais...).

-Utilizar diferentes recursos e fontes para a recollida e tratamento da información.

-Os alumnos reflexionan e potencian a súa iniciativa persoal opinando sobre diferentes aspectos e aprenden a xestionar os seus recursos mediante diferentes técnicas de aprendizaxe; realizando os exercicios, confeccionando os "Projects"ou elaborando o material do cartafol individual e repasando os seus traballos e realizando de forma persoal os exercicios de avaliación.

AUTONOMIA E INICIATIVA PERSOAL

-Actuar con iniciativa e creatividade persoal.

-Desenvolver as habilidades sociais.

TRATAMENTO DA INFORMACIÓN E DIXITAL

-Buscar, obter, procesar e comunicar información na lingua estranxeira para transformala en coñecemento utilizando sistemas informáticos ou Internet.

-Analizar de xeito crítico a información obtida.

B) Obxectivos xerais establecidos para cada curso / ciclo.

PRIMER CICLO DE PRIMARIA

- Escoitar e comprender mensaxes en interaccións verbais variadas, utilizando as informacións transmitidas para a realización de tarefas concretas diversas relacionadas coa súa experiencia.

- Expresarse e interactuar oralmente en situacións sinxelas e habituais que teñan un contido e desenvolvemento coñecidos, utilizando procedementos verbais e non verbais e adoptando unha actitude respectuosa e de cooperación.

- Aprender a usar con progresiva autonomía tódolos medios ao seu dispor, incluídas as TIC, para obter información e para comunicarse en lingua estranxeira.

- Valorar a lingua estranxeira, e as linguas en xeral como medio de comunicación e entendemento entre as persoas de procedencias e culturas diversas e como ferramenta de aprendizaxe de distintos contidos.

- Manifestar unha actitude receptiva, interesada e de confianza na propia capacidade de aprendizaxe e de uso da lingua estranxeira.

- Utilizar os coñecementos e as experiencias previas coas linguas galega e castelá para unha adquisición máis rápida, eficaz e autónoma da lingua estranxeira.

- Identificar aspectos fonéticos, de ritmo, acentuación e entoación, así como estruturas lingüísticas e aspectos léxicos da lingua estranxeira e usalos como elementos básicos da comunicación.

SEGUNDO CICLO DE PRIMARIA

3º CURSO

- Escoitar e comprender mensaxes en interaccións verbais variadas, utilizando as informacións transmitidas para a realización de tarefas concretas diversas relacionadas coa súa experiencia.

- Expresarse e interactuar oralmente en situacións sinxelas e habituais que teñan un contido e desenvolvemento coñecidos, utilizando procedementos verbais e non verbais e adoptando unha actitude respectuosa e de cooperación.

- Escribir textos diversos con finalidades variadas sobre temas previamente tratados na aula e coa axuda de modelos.

- Ler de xeito comprensivo textos diversos, relacionados coas súas experiencias e intereses, extraendo información xeral e específica de acordo cunha finalidade previa.

- Aprender a usar con progresiva autonomía tódolos medios ao seu dispor, incluídas as TIC, para obter información e para comunicarse en lingua estranxeira.

- Valorar a lingua estranxeira, e as linguas en xeral como medio de comunicación e entendemento entre as persoas de procedencias e culturas diversas e como ferramenta de aprendizaxe de distintos contidos.

- Manifestar unha actitude receptiva, interesada e de confianza na propia capacidade de aprendizaxe e de uso da lingua estranxeira.

- Utilizar os coñecementos e as experiencias previas coas linguas galega e castelá para unha adquisición máis rápida, eficaz e autónoma da lingua estranxeira.

- Identificar aspectos fonéticos, de ritmo, acentuación e entoación, así como estruturas lingüísticas e aspectos léxicos da lingua estranxeira e usalos como elementos básicos da comunicación.

- Desenvolver de forma progresiva a sensibilidade crítica que permite desvelar os estereotipos sexistas, clasistas, racistas, que a lingua comporta. .

4º CURSO

-Expresar oralmente pensamentos, emocións, vivencias e opinións de xeito sinxelo.

-Comprender distintos tipos de textos propios do ámbito académico recoñecendo a súa intención comunicativa e os seus trazos formais.

-Valorar a lingua estranxeira como instrumento para comunicarse, para achegarse a nenos e nenas doutras culturas que teñen formas de vida diferentes da propia e para descubrir algúns aspectos culturais semellantes e diferentes á identidade galega (simboloxía, música, festas e xogos tradicionais, .

-Amosar comprensión mediante respostas non verbais (xestos, movemento, actividades artísticas, ...) a instrucións básicas dadas en situacións habituais na aula e no centro.

-Captar a información máis relevante e identificar información específica en mensaxes diversas, que inclúan textos orais, sobre temas familiares e de interese para os nenos e as nenas.

-Participar comprensivamente en situacións de comunicación (da vida da aula ou simuladas), respectando as normas básicas do intercambio e empregando formas lingüísticas e non lingüísticas.

-Memorizar e producir textos orais coñecidos previamente e de interese para os nenos e as nenas mediante a participación activa en representacións, cancións, recitados, dramatizacións, interaccións dirixidas, …

-Comprender o significado global e algunhas informacións específicas de textos sinxelos sobre temas diversos, motivadores e adaptados á competencia lingüística de nenos e nenas en soporte papel e dixital.

-Usar formas e estruturas propias da lingua estranxeira en diferentes contextos comunicativos e motivadores de forma significativa.

-Respectar as diferenzas de todo tipo adoptando unha actitude positiva ante culturas e opinións alleas.

-Familiarizarse con estratexias que favorezan a creatividade para producir mensaxes próximas, a partir dun contexto concreto utilizando as tecnoloxías da comunicación e a información, a educación artística,...

-Afianzar a sua confianza en si mesmos, e aceptar os erros como parte da propia aprendizaxe.

3º CICLO DE PRIMARIA

5º CURSO

-Desenrolar interese pola aprendizaxe dunha língua estranxeira.

-Comprender mensaxes orais en situacións habituais de comunicación e responder a estes.

-Utilizar procedementos verbais e non verbais para comunicarse en situacións concretas.

-Ler e obter información xeral e específica de textos breves e sinxelos.

-Elaborar textos escritos sinxelos, comprensibles e breves.

-Identificar e reproducir de forma intelixible e significativa aspectos de entoación, o ritmo a pronunciación e a acentuación característicos da língua inglesa.

-Apreciar o valor da lingua estranxeira como medio de comunicación, amosando curiosidade e respecto cara aos seus falantes e á súa cultura.

-Empregar as tecnoloxías da información e a comunicación para desenvolver e reforzar a aprendizaxe.

-Proporcionar continuidade e progresión na aprendizaxe que recibiron os nenos e nenas no segundo ciclo.

-Desenrolar a habilidade dos alumnos para comunicarse con outros acerca deles mesmos e o mundo que os rodea.

-Entender conceptos gramaticais simples.

-Intentar que os nenos e as nenas constrúan activamente a súa aprendizaxe.

-Contrubuir ao desenvolvemento integral do neno e da nena (físico, social, emocional, psicolóxico e cognitivo).

-Proveer ferramentas para tratar a diversidade dos diferentes estilos de aprendizaxe. É neste ciclo cando as devanditas diferencias se fan máis evidentes.

-Contribuir a que o alumnado lea acerca do mundo e escribir textos cortos sobreo temas que os interesen.

6º CURSO

-Consolidar o interese pola aprendizaxe dunha língua estranxeira.

-Comprender mensaxes orais en situacións habituais de comunicación e responder a estes.

-Utilizar procedementos verbais e non verbais para comunicarse en situacións concretas.

-Ler e obter información xeral e específica de textos breves e sinxelos.

-Elaborar textos escritos sinxelos, comprensibles e breve, utilizando e cuidando xa as formas gramaticais traballadas no curso.

-Reproducir de forma intelixible e significativa aspectos de entoación, o ritmo a pronunciación e a acentuación característicos da língua inglesa.

-Apreciar o valor da lingua estranxeira como medio de comunicación, amosando curiosidade e respecto cara aos seus falantes e á súa cultura.

-Empregar as tecnoloxías da información e a comunicación para desenvolver e reforzar a aprendizaxe.

-Proporcionar continuidade e progresión na aprendizaxe que recibiron os nenos e nenas no curso anterior.

-Afianzar a habilidade dos alumnos para comunicarse con outros acerca deles mesmos e o mundo que os rodea.

-Entender conceptos gramaticais simples.

-Intentar que os nenos e as nenas constrúan activamente a súa aprendizaxe.

-Contrubuir ao desenvolvemento integral do neno e da nena (físico, social, emocional, psicolóxico e cognitivo).

-Manter a motivación dos nenos e das nenas par aprender inglés proporcionando materiais interesantes e “desafiantes” apropiados á súa idade.

-Recorrer a ferramentas para tratar a diversidade dos diferentes estilos de aprendizaxe. É neste ciclo cando as devanditas diferencias se fan máis evidentes.

-Contribuir a que o alumnado lea acerca do mundo e escribir textos cortos sobreo temas que os interesen.

.Afianzar o traballo en grupo e a colaboración entre eles para a elaboración de proxectos relacionados con outras áreas do currículo.

-Preparar aos nenos e nenas deste último curso de Educación Primaria para a transición cara á Educación Secundaria, particularmente a través da consolidación e reforzo sistemático das destrezas receptivas e productivas desenvolvidas ao principio do terceiro ciclo.

C) Contidos (unidades didácticas) temporalizados por avaliacións.

1º PRIMARIA:

- 1ª Avaliación:

- Starter: O tempo atmosférico; Hello. Good - bye. I´m (Annie). This is (Leo)

- Unit 1: Números 1-10, Partes do corpo, Adxetivos; It´s got (four legs)

- Unit 2: Cores, Xoguetes; I´ve got a (kite). It´s (blue).

- 2ª Avaliación:

- Unit 3: Familia, Accións; Let´s (run)

- Unit 4: Animais da xungla, Accións; I can (swim)

- 3ª Avaliación:

- Unit 5: Roupa, Estados de ánimo; Look at my (hat). I´m (hungry)

- Unit 6: Froita, Comida, I like (bananas). Do you like (chocolate)?

2º PRIMARIA:

- 1ª Avaliación:

- Starter: Números 1-20, Obxetos da aula; How are you? I´m fine, Thank you.

- Unit 1: Roupa, Familia (ampliación); I´m wearing (a tracksuit/shorts).

- Unit 2: Partes de la cara, Adxetivos (ampliación); I´ve got/ I haven´t got (long hair/a big mouth).

- 2ª Avaliación:

- Unit 3: Hobbies e xogos; I like (dancing). I don´t like (jigsaws).

- Unit 4: Comida, Lugares (ampliación); I like (trees). I don´t like (cars).

- 3ª Avaliación:

- Unit 5: Mascotas, Habitacións, I´ve got a (dog). The (parrot) is in the (bedroom)

- Unit 6: King, crown, castle, queen, princess, prince. This is the (king).

3º PRIMARIA

- 1ª Avaliación:

- Starter: Repaso dos xoguetes, Números 1-20, Cores, What´s your name? How old are you? It´s a (doll). It´s (pink)

- Unit 1: Animais, Paisaxe; What´s this? Is it a (zebra)? where´s the (zebra)?

- Unit 2: Obxetos da aula. I´ve got a (ruler). Have you got a (ruler)? Yes, I have. No, I haven´t. Where´s the book?

- 2ª Avaliación:

- Unit 3: Deportes, Hobbies, Instrumentos musicais; Can/Can´t (afirmativo, negativo, interrogativo)

- Unit 4: Comida (ampliación), Like/Don´t like (afirmativo, negativo, interrogativo)

- 3ª Avaliación:

- Unit 5: Roupa (ampliación), to be wearing - singular (afirmativo, negativo, interrogativo)

- Unit 6: Habitacións, Mobles, Preposicións de lugar, There is/isnt´t ... Where is ...?

4º PRIMARIA

- 1ª Avaliación:

- Starter:Números ata o 100, vocabulario da aula, ABC,

- Unit 1: games,sports,free time, I lke, Do you like..? Does he/she like…?/ actions: stamp, swing/Cardinal Points

- Unit 2: Body, pets, "to have got", can/can't

- Unit 3:Food/feelings/There is , there are/ Can I have …?/ How much is it?

- 2ª Avaliación:

- The International Day of Peace

-Unit 4: Daily routines/the time/

- Unit 5:Transports/Days of the week/school diary

- 3ª Avaliación:

- Unit 6: the town/place prepositions

- Fairy tales

- Environment

-Revision and table games

5º PRIMARIA

1ª Avaliación

Unit 1:Verbo "to have got": interrogativa, negativa, afirmativa./ Verbo "to be": afirmativa, negativa, interrogativa. Vocalbulario das descripcións físicas, membros da familia, pets.

Unit 2: Presente continuo: Interrogativa, negativa, afirmativa. Vocabulario dos deprotes e tempo libre, roupa.

Unit 3: jPresente Simple: interrogativa, negativa, afiramtiva con la 3ª perosna de singular. Vocabulario: animales,comida.

2º Avaliación

Unit 4: What time do you…?/ the time/ What time does… start?/ Vocabulario:rutinas diarias, comida, la hora, programs de televisión.

Unit 5: pasado del verbo "To be" (afiramtiva , negativa, interrogativa), el tiempo climatológico/

3ª Avaliación

Unit 6: Do you want to…?/ Where are you going?/ Date/ Ordianles/meses, transportes. Vocabulario: relacionado con las vacaciones,medios de transport.

- Repaso y table games.

6º PRIMARIA

1ª avaliación

Unit 1: School subjects, school activities

Unit 2: Countries, Leisure time activities, feelings, fruit

Unit 3: Parts of a town, prepositions: near, next to , opposite, between

EXPRESSIONS:

-Can

-Have got

-Like/likes

-Was/were

2ª avaliación

Unit 4: Helping at home activities, parts of a house, things in a house

Unit 5: Irregular verbs in past: Had, Read, went, wore, saw, bought, ate, drank, clothes, food and drink, holiday things.

EXPRESSIONS:

-Instructions

-Giving directions

-Where's the …?

-Past sentences

3ª avaliación

UNIT 6: occupations and professions, in the future: get married, have children, buy a house, buy a car, be famous.

Games and revision.

USEFUL EXPRESSIONS:

BGT: I'm going to …

Afirmative, negative and interrogative sentences.

D) Criterios de avaliación relacionados coas competencias básicas.

1º CICLO DE EDUCACIÓN PRIMARIA

- Valorar a lingua estranxeira como instrumento para comunicarse e para achegarse a nenos e a nenas doutras culturas que teñen formas de vida diferentes da propia e para descubrir algúns aspectos comúns (xogos de sortes, xogos tradicionais e festas...) (Competencia Lingüística, Coñecemento e Interación co mundo físico, Competencia social e cidadá, competencia cultural e artística, autonomía e iniciativa persoal, aprender a aprender)

- Amosar unha actitude positiva cara á aprendizaxe da nova lingua mostrando interese por imitar, escoitar e reproducir rimas, cancións, xogos, elementos repetitivos dos contos e cancións, ..(Todas as competencias).

- Comprender mensaxes verbais, significativas e contextualizadas coa axuda de elementos lingüísticos e non lingüísticos. (Lingüística, matemática, coñécemento e interación co mundo físico, tratamento da información e dixital, autonomía e iniciativa persoal, aprender a aprender)

- Participar comprensivamente empregando formas lingüísticas e non lingüísticas en producións orais moi sinxelas relativas a situacións e temas de interese para o alumnado: xogos, dramatizacións de contos, instrucións para realizar actividades de aula, fórmulas de interacción social, ... (Todas as competencias)

- Amosar comprensión mediante respostas verbais en situacións de comunicación cotiás (saudando e despedíndose, presentándose, expresando estados de ánimo, ...) e iniciarse nas fórmulas orais da rutina diaria. (Lingüística, Matemática, Coñecemento e Interación co mundo Físico, Social e Cidadá, Autonomía e iniciativa persoal, aprender a aprender)

- Imitar sons, repetir producións orais breves de uso diario na aula e memorizar fórmulas breves e sinxelas de comunicación oral de interese para os nenos e as nenas (xogos de sortes, retrousos de cancións e contos, fórmulas verbais para iniciar unha actividade, lerias, xogos de mans, ...) (Lingüística, Matemática, Cultural e Artística, Autonomía e Iniciativa persoal, Aprender a aprender)

- Identificar e interpretar palabras e enunciados curtos contextualizados en situacións de comunicación significativas para os nenos e as nenas como mensaxes multimedia, contos, tarxetas de felicitación, anuncios e carteis, aprendidas con anterioridade na súa forma oral. (Todas as competencias)

- Producir mensaxes significativas sinxelas de xeito guiado en papel ou en formato dixital cunha finalidade comunicativa e con axuda de modelos que previamente foran aprendidos oralmente.(Todas as competencias)

- Iniciar a aprendizaxe de recursos e estratexias para aprender a aprender, identificando as que son máis apropiadas para cada persoa (axudas xestuais, repetición sonora ou de movemento, asociación, emprego de dicionarios visuais, utilización de internet, ... (Matemática, Coñecemento do mundo físico, tratamento da información e dixital, autonomía e iniciativa persoal, aprender a aprender)

- Amosar curiosidade e interese por buscar información a través de diferentes medios sobre a cultura que están a estudar (busca de imaxes, xogos, fotografías, personaxes de debuxos animados...)con diversas finalidades (exposición na aula no rexistro de aprendizaxe, clasificación dos mesmos na carpeta de favoritos, utilización como salvapantallas, álbum, ...) (Todas as competencias)

2º CICLO DE PRIMARIA

Á hora de avaliar analizaremos se os nenos e nenas son quen de:

-Amosar comprensión mediante respostas non verbais (xestos, movemento, actividades artísticas, ...) a instrucións básicas dadas en situacións habituais na aula ( Lingüística, Tratamento da información e competencia dixital, cultural e artística, autonomía e iniciativa persoal, aprender a aprender)

-Captar a información máis relevante e identificar información específica en mensaxes diversas, que inclúan textos orais, sobre temas familiares e de interese para os nenos e as nenas. (Lingúística, Matemática, Coñecemento e Interación co mundo Físico, Social e Cidadá, competencia dixital, autonomía persoal, aprender a aprender)

-Participar comprensivamente en situacións de comunicación (da vida da aula ou simuladas), respectando as normas básicas do intercambio e empregando formas lingüísticas e non lingüísticas. (Todas as competencias)

-Memorizar e producir textos orais coñecidos previamente e de interese para os nenos e as nenas mediante a participación activa en representacións, cancións, recitados, dramatizacións, interaccións dirixidas, … (Todas as competencias)

-Comprender o significado global e algunhas informacións específicas de textos sinxelos sobre temas diversos, motivadores e adaptados á competencia lingüística de nenos e nenas en soporte papel e dixital. (Todas as competencias)

-Producir mensaxes significativas nas que aparezan enunciados e textos curtos a partir de modelos cunha finalidade determinada e cun formato preestablecido, tanto en soporte papel como dixital. (Todas as competencias)

-Usar formas e estruturas propias da lingua estranxeira en diferentes contextos comunicativos e motivadores de forma significativa. (Lingüística, coñecemento e interación co mundo fisico, social e cidada, competencia dixital, cultural e artística, autonomía e iniciativa persoal, aprender a aprender)

-Coñecer e empregar funcionalmente algunhas estratexias para aprender a aprender e identificar algunhas características persoais que lle axudan a aprender mellor. (lingúística, matemática, aprender a aprender, autonomía e iniciativa persoal)

-Respectar as diferenzas de todo tipo adoptando unha actitude positiva ante culturas e opinións alleas así como ofrecer un comportamento de interese e respecto pola asignatura e os compañeiros e profesorado da materia. ( Coñecemento e Interación co mundo físico, social e cidadá, cultural e artística, autonomía e iniciativa persoal e aprender a aprender)

- Finalizar e elaborar as tarefas de forma ordenada favorecendo a creatividade para producir mensaxes próximas, a partir dun contexto concreto utilizando as tecnoloxías da comunicación e a información, a educación artística,...(Todas as competencias)

3º CICLO DE PRIMARIA

Á hora de avaliar analizaremos se os nenos e nenas son quen de:

5º PRIMARIA:

- Comprender textos orais e escritos relacionados co mundo que lles interesa . (Lingüística, autonomía e iniciativa persoal, aprender a aprender)

- Comunicarse oralmente dentro da aula.(Lingüística, autonomía e iniciativa persoal, aprender a aprender)

- Producir textos escritos breves e sinxelos sobre temas cos que os alumnos/as xa están familiarizados.Lingüística, coñecememto e interación co mundo físico, tratamento da información e dixital, autonomía e iniciativa persoal, aprender a aprender)

- Ler de forma comprensiva textos curtos e sinxelos sobre temas familiares, aos que teñan que dar una resposta sinxela de comprensión lectora. (Lingüística, coñecememto e interación co mundo físico, tratamento da información e dixital, autonomía e iniciativa persoal, aprender a aprender)

- Establecer relacións entre o significado, a pronuncia e a representación gráfica das palabras e frases, así como recoñecer aspectos sonoros, rítmicos e de entoación. (Lingúística, matemática,interación co mundo físico, competencia dixital, autonomía e iniciativa persoal, aprender a aprender)

- Expresarse oralmente para practicar os centros de inerese que se están a traballar.(Lingüística, autonomía e iniciativa persoal, aprender a aprender)

- Reproducir diálogos e cancións traballados con anterioridade.(Lingüística, Matemática, Coñecemento e interacción co mundo físico, social e cidadá, cultural e artística, autonomía e iniciativa persoal, aprender a aprender)

- Elaborar individualmente ou en gruo Proxectos relacionados co tema tratado de forma cuidada e curiosa.(Todas as competencias)

- Realizar e rematar as tarefas asignadas diariamente (Lingüística, Matemática, Coñecemento e Interacción co munod Físico, Autonomía e Iniciativa Persoal, Aprender a aprender).

- Cuidar e reforzar o traballo mediante a elaboración de notas na libreta persoal do alumno. (Lingüística, Matemática, Autonomía e iniciativa Persoal, Aprender a aprender)

- Mostrar unha actitude positiva pola lingua a aprender.(Lingüística, coñecemento e interación co mundo físico, social e cidadá, cultural e artística, autonomía e iniciativa persoal, aprender a aprender).

- Mostrar unha actitude de respecto pola cultura da nova lingua (Lingüística, coñecemento e interación co mundo físico, social e cidadá, cultural e artística, autonomía e iniciativa persoal, aprender a aprender).

- Ter un comportamento de tolerancia, respeto e colaboración na aula co profesorado e cos compañeiros. (Interacción co mundo físico, Competencia social e cidadá, Autonomía e iniciativa persoal)

6º PRIMARIA

- Neste último curso aumenta o grao de complexidade dos textos que se escriben de forma que os alumnos/as teñen que dar respostas a preguntas sinxelas, asociar frases, escribir frases ou mensaxes breves, etc; pero as tarefas a realizar son as mesmas.

E) Metodoloxía didáctica

Metodoloxía integradora, lúdica,participativa e estimulante.

- Parte dos coñecemento próximos á propia

experiencia do alumnado contactando con outras áreas do currículo e

fomentando progresivamente o coñecemento dunha realidade multicultural.

- Adaptada ao Marco Común Europeo

de Referencia para as linguas (documento elaborado polo Consello de

Europa), polo tanto será globalista e socialmente ecolóxica

- Considerarase ao alumnado como actores sociais que interactúan mediante realizacións, que non son únicamente de linguaxe, nunhas circunstancias e nun contexto dado, e asumindo que a comprensión do outro é a base da comunicación.

-O papel do profesor será un papel de supervisor e facilitador tendo en conta os comentarios e esforzos do alumnado e coordinando o traballo que se está a realizar.

- A transversalidade será unha constante da metodoloxía.

- A diversidade estará presente dentro do traballo diario ao realizarse tarefas con distinto grao de dificultade ao mesmo tempo sempre que sexa necesario e cando elaboremos traballos en grupo.

- Os erros serán correxidos cando interfiran na comunicación e o vocabulario e estruturas serán traballados a través de distintos métodos de adquisición (repecións, uso de grabacións reais, respostas e preguntas concrtas, exercicios de completar ocos, representacións teatrais, e programas interactivos co uso das TIC…)

- O obxectivo prioritario neste ciclo será a comunicación oral.

- O libro de texto será un recurso máis a empregar, subordinandose sempre o seu uso á metodoloxía anteriormente exposta.

F) Materiais e recursos didácticos.

- Guía do Profesor, Teacher’s Resource Pack, Caderno de Avaliación, Libro de texto (class book, activity book) fotocopias para a elaboración de proxectos, photocopy master book, biblioteca,programas interactivos co uso das TIC, aula de informática.Audio CDs, DVD.

G) Procedementos e instrumentos de avaliación.

Os contidos serán baremado co 90% da puntuación total:

-Canción, vocabulario e expresións do tema. (E.O.)

- Reprodución dos diálogos traballados en cada unidade. (E. O.)

- Uso do inglés na aula.(E.O.)

- Cuaderno de actividades e traballo da libreta.(E.E.)

-Tests.(E.E.)

-Proxectos.(E.E.)

H) Criterios de cualificación.

Primeiro Ciclo de Primaria

-O proceso avaliativo será contínuo baseado na observación sistemárica da aprendizaxe do alumnado, dando maior importancia ó proceso que ó resultado final.

Usaranse os cadernos de Avaliación, a comprensión oral sobre a produción oral e a actitude positiva que o alumno manifeste ante a asignatura.

Terase en conta o recoñecemento do vocabulario baseado no "realia• e nos Exercicios de "TPR".

-O manexo do material interactivo.

Segundo Ciclo de Educación Primaria

O proceso avaliativo será contínuo baseado na observación sistemárica da aprendizaxe do alumnado, dando maior importancia ó proceso que ó resultado final.

- Segundo os criterios de avaliación, os contidos representarán un 80 %

da nota do alumnado . neles terase en conta os resultados dos test (E.E.), os "Projects" que elaboren (E.E.) o "Activity book" (E.E.) e o traballo da libreta (E.E.).

En canto á expresión oral terase en conta a produción das cancións aprendidas(E.O.), os "Roleplays" (E.O.) e o uso diario do inglés na aula (E.O.)

O 20 % restante será para avaliar a actitude cara a materia, aos compañeiros e o entorno escolar: esforzo e interés polas tarefas, respeto e boa actitude na aula, respeto e tolerancia ante o resto dos compañeiros e tolerancia hacia a cultura da lingua que estamos a traballar.

Terceiro Ciclo de Primaria

-O proceso avaliativo será contínuo baseado na observación sistemárica da aprendizaxe do alumnado, dando maior importancia ó proceso que ó resultado final.

- Segundo os criterios de avaliación, os contidos conceptuais e procedimentais representarán un 90 %

da nota do alumnado, neles terase en conta os resultados dos test (E.E.), os "Projects" que elaboren (E.E.) o "Activity book" (E.E.) e o traballo da libreta (E.E.).

En canto á expresión oral terase en conta a produción das cancións aprendidas(E.O.), os "Roleplays" (E.O.) e o uso diario do inglés na aula (E.O.)

O 10% restante será avaliado a través dos contidos actitudinais: esforzo e interés polas tarefas, respeto e boa actitude na aula, respeto e tolerancia ante o resto dos compañeiros e tolerancia hacia a cultura da lingua que estamos a traballar.

BAREMACION DOS ITEMS DE AVALIACIÓN

2º CICLO DE PRIMARIA

ACTITUDES (20 por cento)

Comportamento ----------------------------------- 1 pto

Esforzo --------------------------------------------- 1 pto

CONCEPTOS E PROCEDEMENTOS (80 por cento)

Act outs ou roleplays ----------------------------2 ptos (EO)

Portfolios ou projects ---------------------------2 ptos (EE)

Songs --------------------------------------------- 1 pto (EO)

Ingles na aula ------------------------------------ 1 pto (EO)

Test ------------------------------------------------1 pto (EE)

AB e Notebook ---------------------------------- 1 pto (EE)

TERCEIRO CICLO

ACTITUDES (10 por cento)

Comportamento ------------------------------------0.5 pto

Esforzo ----------------------------------------------- 0.5 pto

CONCEPTOS E PROCEDEMENTOS

Act outs ou roleplays ----------------------------- 2 ptos (EO)

Projects --------------------------------------------- 2 ptos (EO e EE)

Songs ----------------------------------------------- 1 pto (EO)

Oral vocabulary -----------------------------------1 pto (EO) (en 6º curso a práctica oral son dous puntos e eliminanse as songs)

Test -------------------------------------------------- 2 ptos (EE)

AB e Notebook ------------------------------------ 1 pto (EE)

I) Mínimos esixibles para obter unha avaliación positiva.

1º Educación Primaria:

-Saúdos e despedidas.

- Colours.

- Numbers.

- Family.

- Animals

- Body.

- Food.

- Action Songs.

- T.P.R.

2º Educación Primaria:

-Saúdos e despedidas.

- Numbers.

- Vocabulario relativo: Weather.

- Vocabulario relativo: Body.

- Vocabulario relativo: Colours.

- Vocabulario relativo: Toys.

- Vocabulario relativo: Family.

- Vocabulario relativo: Animals.

- Vocabulario relativo: Food. .

3º CURSO PRIMARIA

- Vocabulario básico de cada tema.

- Números do 1-20.

- Saúdos.

- Vocabulario relativo: Roupa.

- Vocabulario relativo: Familia.

- Vocabulario relativo: Partes da cara.

- Vocabulario relativo: Comida.

- Vocabulario relativo: Lugares.

- Vocabulario relativo: Habitacións.

4º CURSO DE PRIMARIA

- Vocabulario básico de cada tema.

-Estruturas do verbo "to have got"

-Estruturas do verbo "to Be"

.formas de presente das accións diarias (sen a 3º persona de singular)

-What's the time?

-Horas: en punto, e media, e cuarto, menos cuarto.

- Vocabulario básico relativo a Environment

-Vocabulario básico relativo a International Day of Peace.

5º CURSO DE PRIMARIA

- Verbo "to have got": interrogativa, negativa, afiramtiva.

- Varbo "to Be": interrogativa, afirmativa e negativa.

-Presente Simple coa forma de 3ª persoa de singular en afirmativa.

- Uso de "don't" e " Do…?" (sin 3ª forma de singular).

- Verbo "can".

- The time.

- The weather (en presente)

- Date

- Descripción física básica deles e dos compañeiros.

.Vocabulario clave das unidades.

- Uso das expresións diarias das rutinas da aula

- Elaboración dos proyectos que se realizan.

- Traballo diario do A.B.

6º CURSO DE PRIMARIA

- Presente Simple: afiramtiva, negativa, interrogativa.

- Presente Continuo: Interrogativa, negativa, afirmativa.

- Pasados regulares.

Pasado do vervo "to Be".

- Dar instruccións básicas para encontrar unha dirección.

- Vocabulario básico dos temas.

- Uso das expresións diarias das rutinas da aula

- Elaboración dos proyectos que se realizan.

- Traballo diario do A.B.

J) Medidas de atención á diversidade.

As actividades de reforzo e ampliación permiten darlle unha atención individualizada ós alumnos, segundo as súas necesidades e o seu ritmo de aprendizaxe. Inclúense ideas en todas as leccións para dar resposta ás diversas situacións que se presentan na aula.

Propóñense actividades de reforzo e consolidación para os alumnos.

Así pois todas as aulas terán fichas de reforzo para aquel alumnado que finalice as tarefas antes que o resto, dispoñen tamén de xogos para traballar en parellas e reforzar a expresión oral.

O alumnado con máis dificultades reforzará o vocabulario de forma individual co profesor mentras o resto do alumnado traballa de forma individual ou en grupos.

Cando sexa o turno de traballar en grupos o alumnado con menos capacidades para a materia traballará nas tarefas de producción oral ou escrita que presenten menos dificultades.

Ademáis, o alumnado con dificultades de aprendizaxe máis serias terá unhas fichas aparte elaboradas polo profesor ao principio de cada unidade.

O alumnado con deficiencias graves terá as ACIs elaboradas coa colaboración do Equipo de Orientación, de Pedagoxía Terapeutica e o tutor do alumno. Así como un baremo diferente á hora de ser avaliados que se establecerá unha vez analizadas as dificultades dese alumnado e consensuado co departamento de PT e Orientación.

Téñense en consideración as diferencias nas habilidades, as aptitudes e as necesidades dos alumnos individualmente e tense como obxectivo conseguir una experiencia de aprendizaxe afectiva e unha atmósfera flexible de aprendizaxe que permita diferentes niveis de éxito entre os alumnos. Este enfoque diferenciado sobre a aprendizaxe pode ser observado a través dos diferentes niveis de participación do alumnado nas actividades. Algúns alumnos terán papeis máis difíciles que outros e as tarefas de escritura persoalizada proveerán unhas oportunidades para diferentes niveis de produción. Os alumnos acercaranse ás tarefas de lectura de diferentes maneiras relacionando o seu propio coñecemento ao texto e facendo uso das diferentes axudas visuais para chegar á comprensión. A variedade do input, os tipos de tarefas e os contidos deste nivel permitirán tamén diferentes estilos de aprendizaxe e o desenvolvemento de diferentes habilidades cognitivas.

Así mesmo aplicaranse fichas de reforzo e ampliación para aqueles alumnos que as necesiten.

K) Programa de reforzo para a recuperación das materias pendentes de cursos anteriores.

O alumnado con dificultades terá unha adaptación dos contidos de cada unidade, especialmente na expresión escrita e na cantidade de vocabulario e expresións que aparecen para cada tema. Priorizarase a adquisición oral e escrita sobre a produción.Alumnos con pequenos problemas de aprendizaxe e/ou conduta. As adaptacións centraranse en:Tempo e ritmo de aprendizaxe metodoloxía máis personalizada. Reforzar as técnicas de aprendizaxe.Mellorar os procedementos, hábitos e actitudes. Aumentar a atención orientadora.O alumno terá fichas adaptadas para traballar en cada tema se a capacidade de aprendizaxe así o require unha vez feita a avaliación inicial de cada tema .

Se as dificultades son graves entonces recurrirase as ACIs que serán elaboradas co asesoramento do demáis profesorado do centro que traballe co alumno, ademáis do Departamento de Orientación.Este alumnado será avaliado en función da observación diraira e cuns items diferentes ao resto do alumnado de forma consensuada unha vez coñecidas as carencias ou dificultades.

L) Actividades complementarias e extraescolares.

- As actividades complementarias e extraescolares así como as festividades e os temas culturais proporcionan oportunidades de gran valor para a integración do alumnado ofrecendo momentos adecuados para organizar actividades na que os alumnos traballen xuntos.O inglés terá sido en conta nas actividades complementarias, tales como festivais, animación á lectura, biblioteca,…

Así programaránse dentro desas actividades obriñas en inglés, cancións,… que motivarán ao alumnado desta etapa a traballar na aula xa que existe unha finalidade concreta que é amosar os nosos coñecementos fora da aula, e que é un dos obxectivos da aprendizaxe constructivista: que a aprendizaxe teña unha proxección que vaia máis alá de nos mesmos.

Inclúense normalmente nas Festividades (Halloween,Christmas, Easter) Plan Valora, Dia da Paz, Dia do Medio Ambiente…

M) Accións previstas de acordo co proxecto lector.

No curso 2010/2011 traballarase, como xa ven sendo habitual, a lectura comprensiva en dúas sesións de cada unidade temática: unha sesión está relacionada co texto do diálogo que despóis representa o alumnado ante toda a clase e a outra sesión está relacionada coa historieta que presenta o libro do Surprise en cada unidade (lessons 3 and 4) ou coa lección dedicada a lectura comprensiva que presenta o libro de Galaxy (lesson 5).

Ademáis practicarase lectura comprensiva a través de libros, revistas e soporte dixital que irán rotando polas aulas e que estarán a disposición do alumnado sempre que teñan tempo libre e que tamén poden levar para as suas casas.

Os projects que se realicen constarán de algunha actividade na que se reflexe a lectura comprensiva.

N) Accións previstas de acordo coplan de integración das TICs.

Programase realizar un "Blog" dentro da asignatura de inglés que se colgue na páxina do centro para que o alumnado poda traballar nas actividades que aparezan nel reforzando os coñecementos que se traballan na aula.

Formamos tamén parte do "Proxecto Abalar" no curso de 5º de Primaria.

Utilizaranse diversos soportes dixitais en cada unidade da materia na que o alumnado poida traballar a través das tecnologías. Moitas actividades serán aprendidas de videos de Internet, a onde os alumnos poderán recurrir tanto na clase, na biblioteca, na aula de informática (cando o horario o permita), ou na propia casa. Así mesmo utilizaranse os CD-Roms que os libros de texto proporcionan para que o alumnado poida avaliar de forma autónoma a sua aprendizaxe.

O) Criterios para avaliar a propia programación.

En cada avaliación tratarase (a través dun modelo unificado: MD75010401.doc) a cantidade de unidades impartidas, o tanto por cento da programación e as causas, se as houbera, de porqué non se levou adiante.

En caso de non conformidade a programación terá que ser revisada.

Outro criterio de avaliación da programación é a analise de porqué os alumnos e alumnas non superan os mínimos esixibles.

-----------------------

Manual de recursos MD75010101A Revisión 0 Data 19/1/2005 Páxina 23 de 25

DFbdfjvxŒŽ?¦¨ª° < > ðÜðØÐÄвÄЦ—ˆv—k—¦_SK=jh‡AÊ6?CJU[pic]aJ

h‡AÊCJaJh‡AÊCJaJmH

sH

h‡AÊCJ(aJ(mH

sH

h‡AÊ5?6?CJ aJ #[?]?jãZ[pic]h‡AÊ5?6?CJ U[pic]aJ h‡AÊ5?6?CJ aJ mH

sH

jh‡AÊ5?6?CJ U[pic]aJ h‡AÊCJ aJ mH

sH

#[?]?j›T[pic]h‡AÊh‡AÊCJ8U[pic]aManual de recursos MD75010101A Revisión 0 Data 19/1/2005 Páxina 1 de 26

................
................

In order to avoid copyright disputes, this page is only a partial summary.

Google Online Preview   Download

To fulfill the demand for quickly locating and searching documents.

It is intelligent file search solution for home and business.

Literature Lottery

Related searches